Concellos Galegos pola República

Corporación municipal da Coruña durante a Segunda República Dominio Público Deputación da Coruña

Considero que todas as eleccións, tamén as municipais, son unha boa ocasión para facer pedagoxía política. A verdade é que nestas eleccións as candidaturas que poderían considerarse como republicanas falaron pouco de que facer para acabar coa monarquía. Tampouco escoitei moitos compromisos para acabar coa simboloxía franquista. 

Considero que todas as eleccións, tamén as municipais, son unha boa ocasión para facer pedagoxía política. En primeiro lugar, informando das consecuencias das eleccións municipais de 12 de abril de 1931; que A Coruña, por exemplo, sempre se manifestou pola República cando tivo a oportunidade de decidir democraticamente e nesas eleccións as candidaturas republicanas conseguiron 35 concelleiros e só 5 as monárquicas. E nas eleccións a Cortes de xuño de 1931 as candidaturas republicanas conseguían 13 dos 16 deputados pola provincia da Coruña.

A verdade é que nestas eleccións as candidaturas que poderían considerarse como republicanas falaron pouco de que facer para acabar coa monarquía. Tampouco escoitei moitos compromisos para acabar coa simboloxía franquista. 

 

Os Borbóns foron, historicamente, uns traidores

O xeneral Miguel Primo de Rivera, coa complicidade de Alfonso XIII, daba un golpe de Estado o 13 de setembro de 1923. Alfonso XIII nomeaba a Primo de Rivera como presidente do Goberno, suspendeu a Constitución, prohibíronse os partidos políticos, disolvéronse os concellos, creáronse somaténs para reprimir o movemento obreiro e declarouse o Estado de Guerra. Dous meses despois do golpe de Estado o rei viaxaba a Italia con Primo de Rivera e cando se entrevista co rei Víctor Manuel III e o ditador Benito Mussolini, o monarca español dixo ao italiano que xa tiña “o seu Mussolini”.

Despois do trunfo nas eleccións municipais das candidaturas republicanas nas grandes cidades, proclamábase a II República o 14 de abril de 1931 e o rei Alfonso XIII e a súa familia partían ao exilio. O 26 de novembro de 1931 as Cortes acusaban ao rei de alta traizón mediante unha lei:

A todos los que la presente vieren y entendieren, sabed: Que las Cortes Constituyentes, en funciones de Soberanía Nacional, han aprobado el acta acusatoria contra don Alfonso de Borbón y Habsburgo-Lorena, dictando lo siguiente:

Las Cortes Constituyentes declaran culpable de alta traición, como fórmula jurídica que resume todos los delitos del acta acusatoria, al que fue rey de España, quien, ejercitando los poderes de su magistratura contra la Constitución del Estado, ha cometido la más criminal violación del orden jurídico del país, y, en su consecuencia, el Tribunal soberano de la nación declara solemnemente fuera de la ley a don Alfonso de Borbón y Habsburgo-Lorena. Privado de la paz jurídica, cualquier ciudadano español podrá aprehender su persona si penetrase en territorio nacional.

Don Alfonso de Borbón será degradado de todas sus dignidades, derechos y títulos, que no podrá ostentar ni dentro ni fuera de España, de los cuales el pueblo español, por boca de sus representantes elegidos para votar las nuevas normas del Estado español, le declara decaído, sin que se pueda reivindicarlos jamás ni para él ni para sus sucesores.

De todos los bienes, derechos y acciones de su propiedad que se encuentren en territorio nacional se incautará, en su beneficio, el Estado, que dispondrá del uso conveniente que deba darles”.

 

Unha monarquía herdeira do franquismo

Juan Carlos nunca condenou a ditadura franquista, manifestou admiración polo ditador e estaba moi agradecido a Franco. Seis días despois do seu falecemento concedía por decreto títulos nobiliarios á familia: Ducado de Franco e Señorío de Meirás

Co golpe de Estado de 18 de xullo de 1936 iniciábase unha Guerra, un auténtico xenocidio en Galiza co asasinato de máis de 6.000 persoas. Co trunfo dos sublevados contra o goberno lexítimo e democrático da República iniciase un réxime que foi definido como fascista pola Resolución 39 da Asemblea de Nacións Unidas o 12 de decembro de 1946.

O 22 de xullo de 1969 e ante o Pleno das Cortes, o ditador Franco propón a instauración da monarquía do Movemento e a Juan Carlos como o seu sucesor para que “todo quede atado y bien atado para el futuro”. Franco lembra que a orixe do réxime está na sublevación fascista: “nace de aquel acto decisivo del 18 de julio, que constituye un hecho histórico transcendente que no admite pactos ni condiciones”. Franco sinala que propón como o seu sucesor a Juan Carlos de Borbón y Borbón porque “ha dado claras muestras de lealtad a los principios e instituciones del Régimen”.

Juan Carlos aceptaba o ofrecemento de Franco o 23 de xullo de 1969 e cando Antonio Iturmendi, presidente das Cortes, pregunta a Juan Carlos, este reponde: “Sí, juro lealtad a Su Excelencia el Jefe del Estado y fidelidad a los Principios del Movimiento Nacional y demás Leyes Fundamentales del Reino”. Juan Carlos recoñecía a lexitimidade da ditadura, resultado da sublevación, e os “sufrimientos necesarios”: “Quiero expresar en primer lugar, que recibo de su Excelencia el Jefe del Estado y Generalísimo Franco, la legitimidad política surgida del 18 de julio de 1936, en medio de tantos sacrificios, de tantos sufrimientos, tristes, pero necesarios, para que nuestra patria encauzase de nuevo su destino”.

Juan Carlos nunca condenou a ditadura franquista, manifestou admiración polo ditador e estaba moi agradecido a Franco. Seis días despois do seu falecemento concedía por decreto títulos nobiliarios á familia: Ducado de Franco e Señorío de Meirás.

 

Mobilizacións unitarias pola República

Nos últimos anos promovéronse en Galiza numerosas iniciativas pola República, que conseguiron unha maior mobilización cívica alí donde foron convocatorias unitarias

Nos últimos anos promovéronse en Galiza numerosas iniciativas pola República, que conseguiron unha maior mobilización cívica alí donde foron convocatorias unitarias. Na Coruña celebrouse unha manifestación o 19 de xuño de 2014 coa participación de máis de 3.000 persoas, despois da abdicación do Rei Juan Carlos e coincidindo coroación de Felipe VI, baixo o lema Galiza pola República e polo dereito a decidir. O escritor Manuel Rivas lía un manifesto ao final da manifestación, que estaba apoiada por: BNG, EU, Anova, Equo, Espazo Ecosocialista, CxG, Fronte Cívica, PCG, Corrente Vermella, Nós-UP, Galiza Nova, XCG, CRMH, Nuevos Republicanos, Ateneo Republicano, A.C. O Facho, CIG, COG, Comités, C.S. Gomes Gaioso, 15-M de Monte Alto, 15-M da Ría, A.C. Alexandre Bóveda.

En Ourense convocábase ese mesmo día unha concentración na Praza Maior baixo o lema Galiza pola República. Polo dereito de autodeterminación. Recordaba o manifesto que “Ourense é unha cidade historicamente republicana, donde se proclamou a I República Galega no ano 1931 [27 de xuño], cidade que acolleu a personaxes tan destacados como Alexandre Bóveda, Benigno Álvarez e tantas outras heroínas anónimas que loitaron por defender a democracia e a liberdade no ano 1936 contra o golpe de Estado fascista que se levantou contra o goberno democraticamente elixido da República”. Apoiaban o manifesto: Galiza Nova, CIG, EU, PCG, XX.CC, Liga Estudantil Galega (LEG), Anova, CUT, Isca!, Bloque Nacionalista Galego, Comités, Espazo Ecosocialista, Equo, Causa Galiza, Galiza Pola Soberanía, CC.OO, Sindicato ferroviario, Amigos da República, UGT e Compromiso por Galicia.

Tamén na Coruña, con motivo del 50º aniversario (1969) da designación de Juan Carlos polo ditador Franco como o seu sucesor na Xefatura de Estado, constituíase o 27 de xuño de 2019 a plataforma cívica Galiza pola República e polo dereito a decidir, que en setembro de 2019 estaba formada por: A.C. Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, C.S. Gomez Gaioso, C.S. A Comuna, Cultura Aberta de Carral, Acción Antifascista, Anova, BNG, Corrente Vermella, En Marea, Equo, Esquerda Unida, PCG, Podemos, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Isca, XCG, CIG, CRMH.

Esta plataforma cívica convocaba unha concentración no Obelisco o 23 de xullo de 2019 co manifesto GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR:

O ditador Franco, que encabezou en 1936 o levantamento militar e fascista contra a democracia, nomeou a Juan Carlos como o seu sucesor. A monarquía actual é, polo tanto, herdeira daqueles que deron un golpe de Estado contra a República constitucional, elixida nunhas eleccións democráticas. Durante os seus 39 anos de reinado o rei Juan Carlos nunca condenou a ditadura franquista e nas súas manifestacións públicas falaba da “legitimidad política surgida el 18 de julio de 1936”, manifestaba “respeto y gratitud a nuestro Generalísimo Franco”, rendía “homenaje a su memoria”, falaba do “patriotismo” e “cualidades humanas” do ditador, a quen cualificaba como “figura excepcional”, “gran figura de nuestra historia”, “ejemplo único de amor a España”.

Juan Carlos sempre manifestou afecto e admiración polo ditador Franco. Nunha entrevista para a televisión francesa en 1969 cualificaba o levantamento militar e fascista de 1936 como unha “crise”. Un xornalista preguntaba a Juan Carlos Borbón: “¿Qué representa para usted el general Franco?” E contestaba: El general Franco es verdaderamente una figura decisiva, histórica y políticamente para España. Supo resolver nuestra crisis de 1936. Desempeñó un papel político para sacarnos de la Segunda Guerra Mundial. En los últimos treinta años ha echado las bases del desarrollo. Para mí, es un ejemplo vivo, por su dedicación patriótica diaria al servicio de España. Le tengo un gran afecto y una gran admiración”.

Franco morría o 20 de novembro de 1975 e dous días despois non escatimaba eloxios a Franco como “estadista” e “figura excepcional” na súa mensaxe de proclamación como rei de España perante as Cortes: “Una figura excepcional entra en la historia. El nombre de Francisco Franco será ya un jalón del acontecer español y un hito al que será imposible dejar de referirse para entender la clave de nuestra vida política contemporánea. Con respeto y gratitud quiero recordar la figura de quien durante tantos años asumió la pesada responsabilidad de conducir la gobernación del Estado. Su recuerdo constituirá para mí, una exigencia de comportamiento y de lealtad para con las funciones que asumo al servicio de la patria. Es de pueblos grandes y nobles el saber recordar a quienes dedicaron su vida al servicio de un ideal. España nunca podrá olvidar a quien como soldado y estadista ha consagrado toda la existencia a su servicio”.

A monarquía borbónica está agradecida a Franco e a súa familia porque Juan Carlos foi rei pola designación do ditador. Por iso o rei Juan Carlos concedeu á familia Franco os títulos nobiliarios de Ducado de Franco e Señorío de Meirás, e fixo todo o posíbel para que os sucesivos gobernos non molestasen a esa familia e conservase, entre outros, o pazo de Meirás e a casa Cornide, mentres aumentaba o seu patrimonio e facían grandes negocios. 

A abdicación do rei Juan Carlos non tivo outro obxectivo que salvar unha monarquía en descomposición e desprestixiada por numerosos casos de corrupción. Puxeron un novo rei en quince días, como fixeron en agosto de 2011 cunha reforma do artigo 135 da Constitución.

A monarquía é incompatíbel cun sistema democrático; é un réxime vitalicio e hereditario, que non ten en conta a vontade popular porque o rei, como xefe do Estado, non é elixido polo pobo nunhas eleccións democráticas.

Estamos a prol da ruptura democrática e queremos decidir sobre o noso futuro. Partindo da existencia dunha realidade plurinacional, estamos por procesos constituíntes nas nacións do Estado, para que a cidadanía poida decidir sobre o modelo político-institucional territorial e escoller a forma do Estado.

Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega. Unha República que recupere a memoria histórica, acabe coa impunidade e condene a aqueles que durante a Ditadura cometeron crimes contra a humanidade, que non prescriben. Queremos xustiza e reparación para as vítimas do franquismo. A derrogación da Lei de Amnistía de 1977, tal e como recomendaron Amnistía Internacional e a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, porque incumpre o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas de 1966, asinado polo Estado Español en 1976. 

Avogamos por un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se pode mudar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo da cidadanía. Estamos pola apertura dun proceso constituínte, que debe iniciarse cun pronunciamento popular en referendo sobre a forma de Estado. Chamamos á mobilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade.

A soberanía reside no pobo e, como dicía o manifesto da manifestación do 19 de xuño de 2014, lido polo escritor Manuel Rivas, “os dereitos están para exercelos e non para que os teñan conxelados nas neveiras do poder”. O ditador Franco xa decidiu en 1969, elixindo a Juan Carlos como o seu sucesor, e agora, 50 anos despois, queremos decidir nós.

A plataforma cívica GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR, aberta desde a súa constitución á participación de persoas e entidades, organizará consultas para que o pobo decida: Monarquía ou República. Pedimos a vosa colaboración para difundir este manifesto e participar nas actividades que se programen.

Acabamos esta concentración como hai cinco anos, cando abdicaba o rei Juan Carlos.

Galiza pola República! O pobo unido xamais será vencido! Viva a República!

Comunicaban o apoio a este manifesto outras entidades de toda Galiza: Asemblea Republicana de Vigo, Ateneo Republicano de Valdeorras, Agora Galiza-UP, Colectivo Republicano de Redondela, Obradoiro da Historia de Orde, Asociación Viguesa pola Memoria do 36, Fundaçom Artábria de Ferrol, Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia, A.S.C. Muíño do Vento de Canido (Ferrol), Estudantes Antifascistas e Ferrol en Común.

Por outra parte, esta plataforma cívica convocaba unha concentración na Coruña o 21 de novembro de 2020, coincidindo co 45º aniversario da proclamación de Juan Carlos como rei (22-11-1975), e difundía o manifesto Non queremos monarquía herdeira do franquismo. Galiza non ten rei, que devolvan o roubado.

 

 

Concellos que retiran rúas, retratos e distincións a Juan Carlos I

A iniciativa de Galiza pola República, o concello de Sada, co voto a favor de Sada Maioría, BNG e Alternativa dos Veciños, voto en contra do PP e abstención do PSdeG, aprobaba unha moción no Pleno de 24 de setembro de 2020 na que lembraba o proceso de retirada de rúas, retratos e distincións ao rei Juan Carlos I en numerosos concellos do Estado

A iniciativa de Galiza pola República, o concello de Sada, co voto a favor de Sada Maioría, BNG e Alternativa dos Veciños, voto en contra do PP e abstención do PSdeG, aprobaba unha moción no Pleno de 24 de setembro de 2020 na que lembraba o proceso de retirada de rúas, retratos e distincións ao rei Juan Carlos I en numerosos concellos do Estado.

Barcelona retiraba en setembro de 2015 o busto de Juan Carlos do salón de plenos e cambiaba o nome da praza Joan Carles I en abril de 2017. O pleno de 27 de agosto de 2020 retiraba ao rei Juan Carlos a Medalla de Ouro da Cidade. Valencia (goberno Compromís-PSOE) cambiaba en marzo de 2017 a dársena Marina Real Juan Carlos I por Marina de Valencia. Navarra, cun goberno da Comunidade Foral presidido pola socialista María Chivite, retiraba o retrato do rei Juan Carlos da Sala de Goberno en xuño de 2020. Pinto (Comunidade de Madrid), alcaldía do PSOE, acordaba retirar o nome de Juan Carlos I ao parque máis grande do municipio, así como o busto do rei na entrada do parque porque "alguien que no es capaz de tener una conducta intachable no debe recibir homenaje público". Vitoria, goberno PNV-PSOE, cambiaba a avenida Juan Carlos I por 8 de Marzo por falta de "ejemplaridad" e para "preservar los valores que deben representar aquellas personas que cuentan con una calle en la ciudad"; “es una cuestión de decencia política y social". Xixón, con alcaldesa socialista e goberno PSOE-IU, cambiaba a avenida Juan Carlos I porque "ya no representa los valores institucionales, morales y democráticos de la sociedad".

O concello de Pontevedra, goberno BNG-PSdeG, acordaba o 15 de febreiro de 2021 substituír a avenida Juan Carlos I por Virxinia Pereira Renda

Esa moción incluía, entre outros, o seguinte acordo: “Instar ao Goberno do Estado a que inicie os procesos necesarios para a celebración dun referendo ou consulta á cidadanía sobre a forma de Estado: monarquía ou república”.

Por outra parte, o concello de Pontevedra, goberno BNG-PSdeG, acordaba o 15 de febreiro de 2021 substituír a avenida Juan Carlos I por Virxinia Pereira Renda. A nova placa leva este texto explicativo: “Galeguista e garante do legado político e artístico de Castelao”. Esta decisión era explicada así pola concelleira de Cultura: “É unha cuestión ética máis que legal, é un exercicio inaprazable de decencia e hixiene democrática”.

Concellos Galegos pola República (CGR)

A celebración das eleccións municipais e a consolidación da plataforma cívica Galiza pola República, proceso que foi paralizado pola pandemia, podería abrir nos próximos meses novas perspectivas para a constitución dunha Rede Galega de Concellos pola República. Considero que, nunha primeira fase, poderían presentarse mocións como a de Sada en máis de 50 concellos.

A celebración das eleccións municipais e a consolidación da plataforma cívica Galiza pola República, proceso que foi paralizado pola pandemia, podería abrir nos próximos meses novas perspectivas para a constitución dunha Rede Galega de Concellos pola República

A Lei de Memoria Democrática abre tamén a posibilidade de aprobación polos concellos de novas iniciativas, impulsadas por Galiza pola República: consultas populares para que a cidadanía poida pronunciarse sobre monarquía ou república (en todos os campus das tres universidades galegas celebrouse esa consulta coa participación de máis de 8.000 persoas en decembro de 2018); pedir que unha Comisión do Congreso investigue os ingresos do Rei emérito en concepto de comisións e outras actividades económicas durante todo o seu reinado, sobre os bens e patrimonio de todos os membros da Familia Real, así como as contas nos bancos; eliminación das simboloxía franquista, é dicir, máis de 700 restos do franquismo en 90 concellos da nosa nación (178 na Coruña, 52 en Santiago, 47 en Ferrol, 38 na Deputación da Coruña); homenaxe e atención ás vítimas do franquismo; sinalización de Lugares de Memoria Democrática; elaboración de material didáctico sobre a ditadura, a memoria democrática e a historia da represión do fascismo, como recolle o artigo 44 da citada Lei. 

Non podemos esperar a que chegue a República ou limitarnos a unha celebración anual. Xa manifestei hai dez anos a miña opinión sobre o proceso para a conquista da República: “Na Galiza actual, como nación europea, e na sociedade en que vivimos, os avances nas melloras sociais e poder decidir sobre a forma de Estado –o mesmo que a conquista da autodeterminación e a soberanía– non pode vir dunha vía insurreccional ou da loita armada duns poucos, senón a través dun proceso de concienciación, mobilización de masas e acumulación de forzas, que teñan como protagonista ao conxunto da sociedade. A República Galega será realidade cando sexa reclamada pola sociedade a través do seu voto e teñamos a maioría suficiente no Parlamento Galego. E non hai atallos. É unha longa marcha, que require decisión, espírito de loita e, tamén, paciencia revolucionaria” (I, II, III República. Sermos Galiza, 7-6-2013).

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.