Cordóns sanitarios e impotencias

O discurso sobre a indigitação pronunciado polo Presidente da República portugués nomeando primeiro ministro ao líder conservador Passos Coelho, contén a gran contradición política do momento, polo menos no ámbito da UE: a submisión  ante a eurodemocracia sen soberanía popular ou o desafío a este estado de cousas. O cordón sanitario que establece Cavaco Silva co Bloco de Esquerdas e o PCP, por tratárense de

As máscaras deben caer e as democracias liberais ben temperadas vense na obriga de explicitar as liñas vermellas que separan os bandos entre os admitidos e os vetados

forças políticas antieuropeístas, isto é, de forças políticas que, nos programas eleitorais com que se apresentaram ao povo português, defendem a revogação do Tratado de Lisboa, do Tratado Orçamental, da União Bancária e do Pacto de Estabilidade e Crescimento, assim como o desmantelamento da União Económica e Monetária e a saída de Portugal do Euro.

pon negro sobre branco o que ata agora era só implícito. Os anos en que o euro e a UE contaban coa adhesión entusiasta ou resignada de todas as forzas políticas semella estar chegando á súa fin. As máscaras deben caer e as democracias liberais ben temperadas vense na obriga de explicitar as liñas vermellas que separan os bandos entre os admitidos e os vetados.

Mentres isto sucede en Portugal, o Estado español continúa no seu estado de subdesenvolvemento a respecto do que se ventila na UE. Que no debate televisivo estelar entre as chamadas forzas emerxentes representadas por Pablo Iglesias e Albert Rivera non se falase en ningún momento siquera do Pacto Fiscal Europeo, e que o groso da audiencia tampouco o botase en falta, indica o estado larvario en que se atopa aquí unha cuestión que, lonxe de ser anecdótica, é central para levar a cabo políticas diferentes das obrigadas polo paradigma neoliberal.

Ignacio Sánchez Cuenca, un dos poucos socialdemócratas españois que aínda merecen tal nome, reflexionaba  nun artigo recente sobre o obvio: a fronteira entre a socialdemocracia (a de verdade, non o socioliberalismo) e o que se atopa á súa esquerda, neste momento, é máis difusa ca nunca debido a que ambas familias da esquerda viron aumentadas exponencialmente as súas propias debilidades e impotencias.

Sen concordar en todo con Sánchez Cuenca, ao fin e ao cabo, se houbo 30 gloriosos, se houbo empoderamento do mundo do traballo, é porque houbo Unión Soviética –cuestión que o autor non menciona– si considero que dá no cravo cando apunta que o importante é traballar para que a correlación de forzas traballo/capital sexa máis favorable ao primeiro e que

a esquerda [ten que adoptar] unha posición moito máis crítica coas institucións e políticas da zona euro, sobre todo naqueles países nos que a UE se viu historicamente como táboa de salvación e axente de progreso, de forma que se poida formar unha fronte unida de países cun plan de reformas profundas que recuperen o modelo social europeo como obxetivo principal do proceso de integración.

Que estratexia segue a esquerda dunha nación sen estado ante este panorama é tamén un reto que os nacionalismos emancipadores das nacións sen estado do Estado español aínda non abordaron. No proceso catalán pola independencia asistimos, por unha banda, á loita por parte de Junts pel si por demostrar que unha Catalunya independente sería membro incuestionable do club europeo (probablemente, nos soños de JxS, ademáis, sería membro do selecto club “nórdico” abandonando o feo mundo PIG) e, pola outra, ás proclamas dunha CUP que, como o resto de nacionalismos non afíns ao proxecto europeo, non pasa de enunciar a súa disconformidade co mesmo pero sen mostrar tampouco un plan moi elaborado sobre cal sería a estratexia para sobrevivir fóra do Estado español e do marco da eurozona.

Canto ao nacionalismo galego, este leva moito tempo renunciando a pensar Galiza no mundo, de aí que aquí o debate do momento se circunscriba a como concorrer ás eleccións españolas para acadar un improbable grupo parlamentario

Canto ao nacionalismo galego, este leva moito tempo renunciando a pensar Galiza no mundo, de aí que aquí o debate do momento se circunscriba a como concorrer ás eleccións españolas para acadar un improbable grupo parlamentario (a nova versión da clasificación das CCAA entre as de primeira e segunda división do quintanismo), que é algo así como recoñecer que o único importante para o nacionalismo galego neste momento é a política interna do Estado español, toda vez que asume sen problemas o feito de que hoxe posuír un Estado (como por caso o portugués) e ser soberano non é sinónimo; e renunciando, polo tanto, a reflexionar un minuto sobre esa cuestión

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.