Non había corruptores e corruptos senón que entre todos montaron unha trama, mafia dirían outros, de saqueo de cartos públicos cos que encheron e enchen os seus petos.
Unha rápida ollada aos papeis de Bárcenas revela que quen retroalimentou a trama durante todos estes anos foron, seguen a ser, as grandes empresas construtoras, entre outras corporacións
Unha rápida ollada aos papeis de Bárcenas revela que quen retroalimentou a trama durante todos estes anos foron, seguen a ser, as grandes empresas construtoras, entre outras corporacións. Isto ten, na miña opinión, una enorme transcendencia para o medio ambiente e a sostibilidade ambiental de todo o estado, unha transcendencia definitiva.
A día de hoxe comprobamos, xa sen matiz ningún, o fracaso do modelo económico, ambiental e territorial que dende a transición foi imposto de xeito absoluto, baseado na construción sen límites de obras públicas e privadas. Neste anos vimos como por todo o territorio se tendían autoestradas libres ou de pago, AVE, se levantaban presas, paseos marítimos e fluviais, macroportos e aeroportos... E incluso, inclúo aquí, esas "repoboacións" forestais rodeadas de pistas e cortalumes e esas absurdas andrómenas agrícolas que son as concentracións parcelarias, obras ao fin e o cabo.
A prensa foi unha soa voz en vender este modelo de país, de territorio e de desenvolvemento como o único posible
E o que hai son aeroportos sen avións, macroportos inútiles e fracasados antes de finalizar, autoestradas de pago que hai que rescatar, autoestradas libres inxustificadas polas que circulan poucos vehículos, liñas de tren de alta velocidade que teñen que pechar e outras, claramente deficientes e que non facían falla ningunha, presas que non regan nada ou que regan fracasos agropecuarios, paseos marítimos ruinosos e baleiros, exércitos de piñeiros desfilando cara o lume e a degradación máis absoluta, labregos moribundos que mandan os fillos ás cidades como hai dez lustros. Esta é a realidade do modelo que se nos impuxo. E todo iso por non falar da construción privada, tamén imposta por esa trama de tres patas: partidos políticos, construtoras e banca. E todo este platexamento mafioso non tería funcionado senón houbera un lubricante de primeira calidade no engraxe: a prensa foi unha soa voz en vender este modelo de país, de territorio e de desenvolvemento como o único posible.
De todo isto en Galicia sabemos o suficiente. A crónica dun fracaso anunciado. Si, anunciado.
En todos estes anos, case a única voz que se ergueu por riba do monocultivo foi a voz do movemento ecoloxista
E en todos estes anos, case a única voz que se ergueu por riba do monocultivo foi a voz do movemento ecoloxista. Non vou negar que pode soar a revancha. Os ecoloxistas fomos os únicos en advertir que o tren de alta velocidade é insostible e altamente impactante, inmantible pola súa alta dependencia enerxética e a súa baixa usabilidade, fomos os únicos que nos opuxemos a vectorizar o país con autovías para dar servizo, fundamentalmente, ao transporte de mercadorías por estrada en vez de promover o tren para este fin. Opuxémonos á clara aberración que é desnaturalizar o litoral con macroportos, portos deportivos, paseos marítimos. Denunciamos as políticas forestais e agropecuarias industrializadoras e claramente incompetentes. Advertimos a quen o quixo oír que a dependencia enerxética á que se nos sometía non podería durar. E por suposto dimos alternativas: apostar por un baixo consumo e de proximidade, polo transporte público fronte ao privado, polo tren de proximidade e de mercadorías, por unha xestión racional dos recursos.
Pero en realidade todo iso non tiña a máis mínima posibilidade de ser porque o adversario era descoñecido, inda que intuído ou sospeitado. O que os papeis de Bárcenas desvelan con toda a súa crueza é que o modelo era un modelo de saqueo baseado na corrupción que supón a deriva ilexítima de cartos públicos para petos privados. Unha roda perfecta que bombea os cartos do estado aos petos das construtoras e destas aos petos do partidos que así poden seguir controlando o estado. Este círculo de excelencia non podía ser alterado cos nosos argumentos baseados na racionalidade do uso dos recursos comúns, na sostibilidade ambiental, social e económica. Simplemente xogabamos a xogos diferentes.
Seguro que nos pareciamos máis tanto colectiva como persoalmente a eses países que ao final sempre envexamos e que non teñen tipos da calaña que nos gobernou e goberna
Agora que xa o sabemos, podemos imaxinar que país teriamos se apostaramos polo transporte público, o transporte de mercadorías por tren, a produción local de alimentos, a investigación básica e aplicada, o aprecio e o respecto ao medio ambiente, a educación e a formación, a cultura, etc. Seguro que nos pareciamos máis tanto colectiva como persoalmente a eses países que ao final sempre envexamos e que non teñen tipos da calaña que nos gobernou e goberna.
Por último, en xustiza hai que dicir que se ben hoxe os focos da corrupción iluminan ao partido que manda, este non foi precisamente o que máis