Couces no fígado dos concellos

Publicidade
Publicidade

Couce: Movemento violento cara a atrás que fan coas patas posteriores certos animais, como as vacas, os cabalos etc.

O vindeiro día once vaise celebrar un conclave municipal para que os alcaldes galegos se poidan desabafar, aportando pareceres sobre as súas discrepancias -ou conivencias- co proxecto de lei

O vindeiro día once vaise celebrar un conclave municipal para que os alcaldes galegos se poidan desabafar, aportando pareceres sobre as súas discrepancias -ou conivencias- cun proxecto de lei, revirado, que responde ao pomposo título de Ley de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local. (Cítoa en castelán para non incomodar o noso conselleiro de Cultura).

A norma en cuestión, en trámite no Congreso, non deixa de ser outra chanza perversa, desas ás que nos ten empostos o ministro Montoro, para lle suscitar o sorriso falso ao xefe dun Goberno que non produce máis ca tristura e desgustos.

A estratexía trazada polo Goberno consiste en coserlle -con arame de pinchos- á actual Lei de Bases de Réxime Local, un remendo de chapa ferruxenta, para afondar nas súas feblezas, ata estoupala definitivamente, a fin de converter os concellos en franquías administrativas do ministerio de Facenda

A estratexía trazada polo Goberno consiste en coserlle -con arame de pinchos- á actual Lei de Bases de Réxime Local, un remendo de chapa ferruxenta, para afondar nas súas feblezas, ata estoupala definitivamente, a fin de converter os concellos en franquías administrativas do ministerio de Facenda, partindo dunha falsa diagnose, argallada para convencernos de que o mapa municipal, e a súa estrutura e funcionamento son culpables, en grao sumo, da soga que nos levou ao fondo do pozo, desviando así a atención dos cidadáns sobre o principal causante, que debe ficar totalmente incólume, el Gobierno Central.

Se este proxecto de lei acaba atopando acomodo no Boletín Oficial, a mesa estará servida para minguar significativamente a cantidade e calidade –febles en moitos casos- de varios servizos básicos prestados polos concellos á veciñanza, e desaparecerán outros que, por desleixo das administracións central e autonómica, se veñen atendendo sistematicamente desde o ámbito local.

A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), composta por alcaldes do PP, PSOE e BNG, vén de elaborar as súas emendas e de convocar -tarde, mal, e nunca- unha asemblea de representantes municipais; ocasión que aproveita o partido de Rajoy para despistar os outros dous partidos e pór en solfa astutas manobras orquestrais, que lle permiten atallar as ansias de festa dalgúns alcaldes da oposición e embobar aos últimos mohicanos da casa que, se non fora así, non terían reparo en asubiar, no canto de bailar unha vez máis o chotis madrileño, que tanto lle presta a Feijoo.

As emendas non pasarán do Padornelo e a asemblea será unha fantástica ocasión para que os alcaldes se saúden na capital galega

Mais dame o corpo que vai ter razón aquel amigo de Napoleón e, o que non pode ser, non pode ser e ademais é imposible. As emendas non pasarán do Padornelo e a asemblea será unha fantástica ocasión para que os alcaldes se saúden na capital galega.

O PP galaico é un partido obediente, cada vez máis enmadrilado, que pía pouco diante das doutrinas centralistas e centralizadoras reinantes, coma a que nos quere empaquetar o señor Montoro

A aparente movida dos alcaldes galegos vai topar coa desidia dos xefes dos seus propios partidos. O PP galaico é un partido obediente, cada vez máis enmadrilado, que pía pouco diante das doutrinas centralistas e centralizadoras reinantes, coma a que nos quere empaquetar o señor Montoro. No PSOE galego, se non fose por aquilo de levar a contra, tampouco hai ansia de suar a camiseta para oporse a unha norma cuxa filosofía comparten plenamente, por moito que o señor Besteiro se emboute de recendo edilicio. E, aos do BNG, enfrascados no xogo do todo ou nada, dálles o mesmo unha lei cá outra, porque nunca lle interesou demasiado o municipalismo, agás a algúns alcaldes, dados de alta no réxime autónomos, que son conscientes de que Galicia tamén se fai desde os concellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.