Amaia e Candela xa non rematarán as suas vacacións de verán. Tampouco voltarán a o colexo en Setembro nin compartirán mais xogos e risas con súa nai.
Din que as matou seu pai. Que o desexo de vengarse de Rocío, a sua ex parella e nai das nenas, era tan obsesivo que non dubidou en facerlle dano levándose por diante o que ela mais quere: as suas fillas. Nada a podería ferir dun xeito tan desgarrador.
Pero, realmente, foi David, seu pai, quen asasinou as meniñas????
Estaredes a pensar:”Vaia pregunta mais ridícula.., por suposto que foi el..!”
Pois lamento non estar totalmente dacordo.
David foi a man executora, obviamente, pero neste crimen tan tremendo, e como en case todos os que ocorren por mor da violencia de xénero, interviron muitos cómplices:
Para comezar, e culpable unha lei absurda e machista que ignorando os numerosos indicios que deixaban crara a personalidade violenta e conflitiva do proxenitor das nenas, fixo, coma tantas outras veces, prevalecer uns dereitos politicamente correctos, otorgándolle unha potestade a quen, evidentemente, non está capacitado para exercela, e que converteu a vida de Amaia e Candela nunha especie de ruleta rusa que, finalmente, rematou dun xeito tráxico pero non imprevisible.
A mesma lei que, cando unha vítima de violencia machista expresa o seu temor pola vida dos seus fillos, non escoita nin se cuestiona por un
momento a posibilidade de non compartir a custodia nin de restrinxir ou mesmo retirar o dereito de visitas dun maltratador aos menores. Hai que respectar os dereitos do proxenitor, faltaba máis!, malia que sexa a costa dun serio e mais que certo risco para a vida dos nenos.
A Amaia e a Candela tamén as asasinaron todos esos “espontáneos” e “ben intencionados” veciños, coñecidos, que agora, de súpeto, saen de todos os recunchos dando a sua testemuña do comportamento violento e problemático do pai das nenas, algo que sempre calaron, nunca manifestaron, porque, xa se sabe, “nestas cousas non hai que meterse” , pero que agora non dubidan en gozar do seu minuto de gloria diante dun micrófono ou dunha cámara, sen pararse a pensar que eles son tan culpables como David, que quen ante unha situación desta magnitude, e sendo coñecedor dela cala, e cómplice, e polo tanto culpable, que non nos exime o feito de non ter empuñado a arma.
Como culpables son tamén eses personaxes que se fan chamar humanos, e que agora que as nenas xa non están vivas, proliferan e non dubidan en manifestar nas redes sociais ou noutros medios o seu convencemento de que Rocóo, a nai das nenas “algo faría para que él actuase así”, vertendo uns comentarios tan noxentos e que non fan se non deixar claro que mentraes siga existindo unha “fauna” deste calibre, non é de estrañar que a violencia de xénero contínue a sua tráxica escalada ascendente. Constitúen o perfecto caldo de cultivo.
Non nos enganemos, ante un suceso tan tráxico como o dobre asasinato de Candela e Amaia, nunca hai un único culpable.
Quen cala, quen ten a potestade de exercer a lei de xeito cabal e responsable e nono fai, quen mira a outro lado, tamén contribúe a matar.
Culpables?... Moitos!