Nos derradeiros días, e mentras o regueiro de sangue causado pola violencia machista se ía extendendo por España, de novo sentín a dor.
A dor da lembranza: O meu nome tamén puido formar parte de tan macabra lista: a das mulleres asasinadas.
Novamente sentín, case que mesmo de xeito físico, o medo, a frustración, a impotencia.....como me custaba respirar cada vez que o meu verdugo entraba pola porta, como en nome do amor ía destruíndome cada día, pouco a pouco, e sen piedade.
Sentín tamén a dor do desprezo, o desprezo da xente hai anos cando souberon o que me estaba a suceder, e o desprezo co que
hoxe, tantos anos despois, se teñen ainda que enfrontar as vítimas da violencia de xénero....se sobreviven!.
Sentín coma un auténtico bofetón a indiferenza dos nosos políticos ante esta auténtica masacre que está a levarse por diante a tantas mulleres, presenciando impotente como soamente se dignan a abandoar por unhos minutos a sua “zona de confort” para sair na foto que lles lavará a súa conciencia e, por riba de todo, a súa imaxen, que eso e o mais importante, máxime cando unhas novas elecións están a porta.
Tamén sentín, con gran tristura, e unha vez mais, como unha nada desdeñable parte da sociedade nos agredía a todas e cada unha das mulleres que nalgún momento fumos ou están a ser víctimas da violencia de xénero cuestionándonos, culpabilizándonos....e mesmo xustificando a os nosos agresores, porque, si, eso tamén e un xeito de agredir, de maltratar.
Políticos, sociedade, e mesmo algún colectivo que continúa empeñado en facer da violencia de xénero un espectáculo, cando non un negocio, non fan se non contribuir a que o caldo de cultivo para a violencia machista se manteña....e se fomente.
Por todo esto, de novo sentín a dor. Porque nos están matando, e ninguén fai nada, porque o noso sangue, o noso sufrimento, o dos nosos fillos, se está a utilizar como unha ferramenta política cando interesa e como salvoconducto para a notoriedade de quen fai da morte, do asasinato, esperpento.
As mulleres seguen sendo asasinadas, e eu sinto dor, muita dor.