Desde hai máis de dous meses sabemos pola prensa dunha nova praga na pataca: A couza ou avelaíña guatemalteca. A súa denominación técnica é Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny e trátase dunha bolboreta orixinaria de Guatemala de hábitos nocturnos e voo curto. Coma todos os insectos pasa por diversos estadios de desenvolvemento, sendo no de larva onde se alimenta de xeito máis voraz e provoca maiores danos. O seu ataque cínguese exclusivamente ao tubérculo polo que se fai perigosa para o cultivo pero tamén, de xeito moi sinalado, para os almacéns e celeiros. Durante o proceso de alimentación, a larva practica galerías nas que deixa as súas deposicións que posteriormente podrecerán a pataca e mermarán a súa calidade e rendemento.
Tendo en conta o temperán período de plantación da pataca en Galiza (sobre todo na costa Norte) sería contra fins de abril ou primeiros de maio, momento no que o tubérculo comeza a formarse na terra, cando se notasen os primeiros ataques da couza
Superada a fase de larva convértese en pupa e posteriormente nunha avelaíña adulta, onde xa non se alimenta; tan só se reproduce. Cada femia pode pór 200 ovos que coas condicións atmosféricas favorables chegarán a larva na súa maioría. A temperatura óptima de desenvolvemento deste insecto sitúase entre os 10ºC e os 25ºC, rango térmico que permite doada adaptación ás condicións galegas. Tendo en conta o temperán período de plantación da pataca en Galiza (sobre todo na costa Norte) sería contra fins de abril ou primeiros de maio, momento no que o tubérculo comeza a formarse na terra, cando se notasen os primeiros ataques da couza.
A altitude xeográfica, a choiva intensa e unha temperatura por baixo dos 10ºC limitan o crecemento da praga nos cultivos. Porén nos almacéns e celeiros, debido ao amoreamento, a escuridade e as condicións suaves do interior, pode permanecer durante meses
A altitude xeográfica, a choiva intensa e unha temperatura por baixo dos 10ºC limitan o crecemento da praga nos cultivos. Porén nos almacéns e celeiros, debido ao amoreamento, a escuridade e as condicións suaves do interior, pode permanecer durante meses reproducíndose grazas a abondosidade de alimento. Nas regañas das paredes e da terra, nas sebes e valados, nos sacos reutilizados e sen limpar, adoitan quedar ovos, larvas ou adultos que se multiplicarán con facilidade no momento que as condicións resulten beneficiosas.
Convén lembrar que unha praga é un organismo natural que se multiplica de xeito desmesurado e fóra do normal. Polo xeral a acción combinada de diversos factores convértese na responsable da propagación excesiva dun organismo: As condicións bioclimáticas, a abundancia de alimento e a ausencia de barreiras ou inimigos naturais sitúanse entre os axentes causais máis frecuentes, aínda que nin son os únicos nin exclusivos. No caso da couza guatemalteca en Galiza, a falta de inimigos naturais e as condicións favorábeis de almacéns e de cultivos (proximidade e multiplicidade de parcelas con patacas), contribúen positivamente á súa expansión. A EPPO (Organismo Europeo que controla as pragas e enfermidades vexetais) sitúaa no grupo A2, das pragas ás que se recomenda pór en corentena debido ás súas condicións de reprodución, propagación e capacidade de danar os cultivos e patacas almacenadas
A Tecia solanivora chega as Illas Canarias en 1999. Nos datos oficiais constátase que no 2001 provoca a perda do 50% do cultivo de pataca en Tenerife estendéndose a tres illas máis nos 15 anos seguintes
A Tecia solanivora chega as Illas Canarias en 1999. Nos datos oficiais constátase que no 2001 provoca a perda do 50% do cultivo de pataca en Tenerife estendéndose a tres illas máis nos 15 anos seguintes. Desde entón tentouse controlar a praga e combatela con resultados pouco optimistas, tanto con métodos químicos como culturais e biolóxicos. Outro tanto acontece no continente americano, onde os ensaios con diferentes materias activas para control de pragas non mostraron, polo de agora, resultados concluíntes.
Pese a que a lexislación Europea, estatal e autonómica é moi estrita en materia de tráfico de vexetais e organismos en corentena, o risco cero de propagación non existe. Así durante o 2015 detéctase en Galiza e desde ese momento, segundo se deduce da pouca información facilitada, están a realizarse controis mediante trampas de feromonas para comprobar como evolúe e tomar medidas a continuación. Desde o día 3 de marzo de 2017 fica prohibido por Real Decreto do Ministerio Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, baixo pena de sanción económica, a plantación de patacas nas zonas declaradas como “infestadas”.
As inexactas ou desmesuradamente alarmistas novas que nos achegaron á realidade da situación contrasta coa insuficiente información que as Administracións subministran
As inexactas ou desmesuradamente alarmistas novas que nos achegaron á realidade da situación contrasta coa insuficiente información que as Administracións subministran. O carácter errático das medidas que se toman, o escurantismo e cando non aberta inoperancia coa que politicamente se procede neste tema tráenos á memoria outras crises agrarias resoltas con patada a seguir e botando balóns fóra. Chegados a este punto xorden moitas preguntas: Se sabemos que o risco cero non existe, u-las medidas de contención diante dunha eventual infección? U-los medios de loita? U-las investigacións sobre métodos de control e freo da praga? U-la responsabilidade política diante dunha situación que pode deixar sen pataca a unha boa parte da cidadanía que a ten nas súas hortas para o venda e autoconsumo?
Que vai acontecer coas plantacións que non se declaren? Quen garante que as trampas se instalen de xeito eficiente? Teñen Xunta e Ministerio un plan para compensar as patacas de autoconsumo que cultivan a maioría das familias do rural e que van ter que mercar?
Na actualidade o plan de loita céntrase en que as persoas propietarias de predios onde hai pataca declaren o cultivo e non o planten no ano seguinte. Nas oficinas agrarias comarcais facilítaselle unha trampa que deben colocar nos seus cultivos para que “certo persoal” vaia a recoller mostras e comprobar a evolución da praga nos lugares afectados. Pero, que vai acontecer coas plantacións que non se declaren? E con aquelas patacas que nacen de xeito adventicio en fincas que non son declaradas? Quen garante que as trampas se instalen de xeito eficiente (ou que non se coloquen)? Teñen Xunta e Ministerio un plan para compensar ese 50 ou 60% de patacas de autoconsumo que cultivan a maioría das familias do rural e que van ter que mercar? Vai pagar a cidadanía galega, unha vez máis, a falta de previsión neste tipo de situacións e os recortes en investigación agraria aplicada que tan alegremente descargamos en mans de multinacionais?
Gobernar para o rural equivale a facer investimentos, en fitosanidade, en xestión de explotacións e de cultivos, en innovación agraria
Máis alo do alarmismo existe un medio rural moito máis próximo e que, pese aos intentos en contra, segue en pé contribuíndo a manter a aquelas que vivimos comodamente no ámbito urbano. Ese medio rural require servizos públicos que lles permitan facer fronte a situacións desfavorables coma estas. Porén non abonda con gobernar a golpe de titular de prensa ou sacar decretos tardíos, confiando en que arrincar uns cantos quilos de patacas non merme algúns miles de votos. Gobernar para o rural é preocuparse dos servizos e das emerxencias, non mirar para outro lado e agardar a ver se, por un casual, aparece alguén cunha solución xenial e que o esquecemento faga o resto. Gobernar para o rural equivale a facer investimentos, en fitosanidade, en xestión de explotacións e de cultivos, en innovación agraria, do mesmo xeito que se acometen noutros sectores. A non ser que o interese sexa deixar que esmoreza, claro. Entón enténdese mellor todo.