De verdade aínda non é tarde?

A pasada semana semellou traernos un chisco de luz no escuro panorama que rodea a violencia de xénero. Unha sentenza do Tribunal Supremo, pioneira en España, dictaba a privación da patria potestade para os proxenitores condeados polo asasinato da sua parella.

Evidentemente, esta e unha boa nova, e, como non, eu tamén a acollín con alegría, pero tamén con un pouso de amargura, poida que mesmo de frustración e, por qué non decilo, de indignación. Non me vou a perder en vericuetos legais. Obviamente son profana nesta materia, pero si considero que teño todas as atribucións para opinar como vítima da violencia machista, e por riba de todo, como nai.

A primeira sensación foi, como dixen, de alegría, pero, acto seguido, varios nomes se me viñeron a mente: Amaia, Candela, Andrea, José, Ruth ...... Os nomes destas rapazas e rapaces son soamente unha pequena parte dunha tráxica lista de menores aos que seu pai lles quitou a vida durante as visitas as que a xustiza considerou que un maltratador tiña dereito.

Cuarenta e seis menores asasinados polo seu proxenitor durante as visitas ou vacacións nos derradeiros dez anos, oito neste dantesco verán do 2015, menores a os que na maioría dos casos suas nais suplicaron que se lles retirase o réximen de visitas a quen tiñan a certeza de que sería o verdugo dos seus fillos, de que non dubidarían en segarlles as suas vidas co único fin de facerlles dano a elas, as suas ex parellas, non foron razón bastante para que a xustiza, ou, mellor dito, quen ten a potestade de impartila, se plantexase que algo non se estaba a facer ben.

Tampouco unha condea da ONU surtiu efecto. A espada de Damocles seguía pendurada sobre as cabezas de muitos nenos e nenas porque unha lei absurda e teimuda seguía empecinada en non privar dos seus dereitos a os asasinos. Unha vez mais a xustiza chega tarde, mui tarde. Era realmente preciso que tantas vidas foran truncadas do xeito mais brutal para que se chegase a materializar o que e obvio, que un asasino non pode ser un bo pai, que nin siquiera se lle debería denominar como tal?.

Donde está esa prevención da que tanto se fala cada vez que se produce un novo asasinato por mor da violencia machista?. Acaso soamente nos lembramos dela no momento de sacar a foto ou de facer declaracións diante dun micrófono ou dunha cámara?.

Quero pensar que o feito de impartir a lei non despoxa a quen o fai de humanidade e por eso eu lles preguntaría: Qué se imaxinan que estarán a sentir esas nais que perderon a os seus fillos e fillas nas mans das suas ex parellas porque compría respetar os seus dereitos?. Acaso esta sentenza llos vai devolver?. Di o refrán que “mais vale tarde que nunca”, pero eu non podo evitar cuestionarme: de verdade ainda non e tarde?.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.