De verdade cambiou o conto?

Cando ainda non chegamos a o ecuador do mes de Xullo, todo apunta a que, un ano mais, e coma cada verán, vaise cumprir o macabro ciclo do repunte de asasinatos de mulleres polas suas parellas ou ex parellas.

Arbo, Arganda del Rey, Albacete....o regueiro de sangue feminina vaise extendendo inexorablemente por toda España

Arbo, Arganda del Rey, Albacete....o regueiro de sangue feminina vaise extendendo inexorablemente por toda España, e mentras media poboación se relaxa entre arrecendo a bronceador e chiringuito, para muitas mulleres, esas “idílicas vacacións”, nas que se van ver obrigadas a compartir muitas horas ca persoa que ten a sua vida nas suas mans, e que o tráxín da rutina diaria fai que vaia demorando un tráxico desenlace, son a sua sentenza de morte.

O caso da última vítima contabilizada hata o día de hoxe, Laura González, abrasada pola sua ex parella cando se atopaba no seu traballo, troxo a memoria de case todos o sucedido a Ana Orantes, unha muller a que alá polo ano 97 un xuiz irracional obrigou ca sua sentenza a vivir na misma casa co home que levaba anos someténdoa a o maltrato mais cruel. Cando Ana, dando mostras dunha valentía sen precedentes, e mais naquelas datas nas que non se falaba de violencia de xénero, fixo público o seu caso, o tráxico e previsible resultado non se fixo agardar: O seu ex marido queimouna causándolle a morte no xardín da mesma vivenda que o xuiz considerou que debían compartir.

Cando Ana, dando mostras dunha valentía sen precedentes, e mais naquelas datas nas que non se falaba de violencia de xénero, fixo público o seu caso, o tráxico e previsible resultado non se fixo agardar

Din os “expertos” que a morte, perdón, o asasinato, de Ana, supuxo un antes e un despois en materia de violencia de xénero, e que tivo coma consecuencia a reforma do Código Penal, que insta as vítimas a denunciar.  E eu pregúntome, realmente temos que crer que as cousas mudaron, que melloraron para nos, para as vítimas da violencia machista, para as mulleres en xeral???

Din os “expertos” que a morte, perdón, o asasinato, de Ana, supuxo un antes e un despois en materia de violencia de xénero, e que tivo coma consecuencia a reforma do Código Penal, que insta as vítimas a denunciar

Eu non son amiga de estatísticas, pero as cifras cantan alarmantemente. O número de asasinatos non soamente non disminue, se non que aumenta dun xeito aterrador.

Creanse leis, observatorios, promóvense aciós, xornadas, seminarios cos que se acada, eso si, o lucimento de quen, con unhas habilidades excelentes para o márketing, pero con unha escasa empatía e unha humanidade, en muitos casos, baixo mínimos, fai negocio ca dor de tantas e tantas mulleres, de tantos nenos e nenas sen nai, de tantas familias rotas.

O feito certo é que se seguen asasinando mulleres, que a violencia de xénero segue a ser aínda un problema de “portas adentro”

Mesmo algún colectivo que se erixe en defensor destas mulleres organiza acciós que raian no esperpento, coas que consiguen, eso si, muitas fotos e que os medios se fagan eco do seu......traballo?, pero, a vista está, con mui poucos ou ningún resultado que non sexa o de engordar o seu ego e un malsano e hata morboso afán de protagonismo.

Pero o feito certo é que se seguen asasinando mulleres, que a violencia de xénero segue a ser aínda un problema de “portas adentro”. Que o medo a o qué dirán e disuasorio para muitas familias, que prefiren que a sua filla, a sua irmá, viva con unha continua espada de Damocles enriba antes de que os veciños falen.

Segue imperando a dobre moral, esa de “non hai que meterse nas cousas de parella. E mellor calar.....”. Seguen a dictarse sentenzas que condenan a muller a unha morte anunciada ou cando menos a vivir nun perpetuo inferno

Segue imperando a dobre moral, esa de “non hai que meterse nas cousas de parella. E mellor calar.....”. Seguen a dictarse sentenzas que condenan a muller a unha morte anunciada ou cando menos a vivir nun perpetuo inferno, e iso despois dunhas demoras no eido xudicial de meses e meses, cando non de anos, mentras o seu maltratador continua ca sua vida coma se nada e ela, a vítima, e cuestionada día a día. Algo está fallando estrepitosamente.

Algo se está a facer moi mal. Por iso, pregúntovos de novo: De verdade cambiou o conto?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.