De verdade todas somos Juana Rivas?

Sei que moitas veces non gusta o que digo, e que as miñas manifestacións, en non poucas ocasións, lonxe de facerme gañar amigos, granxéame algunha que outra inimizade.

Ainda así, non sei si por sorte ou por desgraza, non son quen de disfrazar os meus sentementos e adoito ser moi clara, procurando, eso sí, ser o mais obxectiva e coherente posible.

Non podería ser menos no que atinxe ao caso de Juana Rivas, un caso que, xa no seu día, cando expresei a miña opinión, provocou que se me chamara de todo, mesmo mala nai, porque hai quen non soamente lle chama tolerancia a ter a obriga de secundar a súa opinión si ou si , senón que se cre no dereito de descualificar e lapidar dialécticamente a quen no o fai.

Antes de continuar, quero dicir que, malia que este artigo o dirixo, obviamente, a todo o mundo, o dedico de xeito especial a todas esas persoas que, desde que se coñeceu a sentenza que condea a Juana, me dixeron polo baixo: “Marta, eu opino coma tí, pero hai cousas que non se poden manifestar públicamente”. Unha mágoa ser tan cobarde, ademais dunha auténtica vergoña.

Dito isto, vaia por diante, unha vez mais, que  non dubido de que Juana Rivas sexa vítima de violencia de xénero. Non teño motivos para facelo. Tampouco para aseguralo. Eu, supoño que como o resto do mundo, agás, tal vez, a xente da súa contorna mais achegada, e ao mellor nin eso,  soamente coñezo o que escoitei e lín nos medios de comunicación. Para min non abonda, e estou totalmente abraiada ante moita xente que non son quen de identificar a unha muller vítima de violencia de xénero que está ao seu carón día a día, nin moito menos de mover un só dedo para axudala, pero non teñen ningunha dúbida respecto a unha persoa a que tan só coñecen a través dos medios de comunicación e pola que parecen estar dispostos a mover ceo e terra. É totalmente asombroso e mesmo semella que vivían con Juana Rivas e coa súa familia. Claman xustiza para ela, pero, insisto, a indiferenza hacia quen teñen ben preto é total.

Gustaríame, eso sí, saber en qué se basean para aceptar, sen dúbida de ningún tipo, a versión que se nos amosa, que, insisto, non digo que sexa falsa, pero, eu persoalmente, non me considero capacitada para afirmar con total rotundidade que Juana Rivas está a dicir toda a verdade, como tampouco o estou para dicir que minte. Curiosa tal rotundidade, insisto, en xente que non detecta, aparentemente, un caso de malos tratos ainda que o teña diante dos seus ollos cada día.

Tamén é certo que non é o mesmo sair a rúa a berrar por Juana Rivas, un caso mais que mediatizado, que molestarse en tentar axudar a veciña, a amiga ou a compañeira sen que ninguén se entere, e ainda por riba, lles dará moitísimo mais traballo.

Non vou a cuestionar tampouco a dureza da sentenza, sobre todo no referente a perda da patria potestade durante seis anos, un período longuísimo e desgarrador para calquera nai, pero non se pode negar o innegable. Juana Rivas infrinxiu a lei, e ainda dando por boa a versión de que o fixera para intentar salvagardar aos seus fillos dunha situación de maltrato, era evidente que, do xeito que o fixo, non ía a ningures.

Como tamén se fixo evidente, desde o comezo, o flaco favor que lle fixeron esas “asesoras”, que se erixiron en “gurús”, aproveitando ata o límite o tirón mediático do caso, por suposto no seu beneficio, deixando claro o pouco que lles importaba xa non soamente Juana, senón os menores, principales perxudicados, como adoita suceder nestes casos, algo que demostraron sobradamente coas súas idas  e vidas según como se fora desenvolvendo o caso, non dubidando en negar a maior e asegurar, unha vez mais ante as cámaras, non ter influido para nada en Juana na súa fuxida cando  as cousas se tornaron obscuras.
Podo asegurar, e o digo ben alto, que se eu tivera algunha potestade, esixiría que a lei castigase a este tipo de personaxes de xeito exemplar, e se impedira así que seguiran facendo dano. 

Claro que elementos como as “asesoras” de Maracena non son “rara avis”, nin moito menos. Abondan, e o dano que fan non é pouco. Saben, eso sí, escoller a presa perfecta, mulleres nunha situación de gran vulnerabilidade, desesperadas ante situacións nas que a xustiza non semella dar resposta, e, vendo o camiño abonado para acadar notoriedade, non dubidan en confundir as súas mentes, lóxicamente nun momento no que non son quen de pensar con claridade, coas súas arengas e consignas envelenadas, sen importarlles os fatais resultados que finalmente provocarán, como se puido comprobar tamén neste caso.

A única diferenza é que  a inmensa maioría das mulleres vítimas destas letais “garrapatas” son anónimas, non sen fan omnipresentes nos medios de comunicación, e, o mesmo que ocorre coa súa desgraza, non lles queda outra que dixerir e xestionar do mellor xeito posible as indesexables consecuencias de tan “desinteresada axuda” por parte dunhas cantas boas samaritanas que, en canto veñen mal dadas, levantan o voo.

Tampouco  creo que a sobreexposición mediática de Juana e das súas “avogadas”  sexa o mais exemplarizante. Pola contra, para moitas mulleres que, lamentablemente, se atopen  nunha situación desesperada, poden servir de un nada recomendable exemplo, e facerlles crer que a mellor solución é ignorar a lei, e tirar pola rúa do medio, algo que, a vista está,  é totalmente falso, ademais dun tremendo despropósito.  Entendo que se debe loitar para que as leis actúen como procede, ou para que se muden no caso de non ser así, pero o que nunca se debe de facer e instaurar modelos que insten a eludilas.

É, ademais, na miña opinión, bastante incoherente esixir que se cumplan as leis cando nos interesa, e ignoralas totalmente e alentar a que isto se faga cando non nos beneficia.

Non vou a entrar a valorar a actuación do xuiz. Insisto, eu non me considero capacitada, e, ademais, a experiencia diaria con casos de violencia de xénero e coas súas vítimas, me fixeron e me fan aprender cada día que, as veces, non todo é o que semella, e que, en cada un destes casos, malia ter infinidade de aspectos en común todos eles, hai matices, circunstancias que lles poden dar un xiro total.

Pode ser que este maxistrado sexa o peor, non digo que non, Pero del sei tanto como sobre Juana Rivas e Francesco Arcuri, o que leo, vexo e escoito nos medios de comunicación, algúns dos cales, polo menos no que atinxe a este caso, teñen mais de espectáculo que de informativos, e menos ainda de edificantes.

Non  deixa de resultarme curioso, por outra banda, que, precisamente algúns destes programas, denostados por moitos, sexan agora a fonte da que beben e recopilen información que lles permite facer case un xuizo paralelo.

Eu non sei se Juana Rivas actuou do xeito que o fixo por ignorancia ou con outras intencións. Tampouco sei a razón que a levou a seguir sen pestanexar os despropósitos de quen claramente a utilizou, malia que é certo que en certas situacións a mente non está clara, pero mentiría si dixera que a súa actuación ante os medios de comunicación non me deixa un tanto perplexa.
Eu non son psicóloga, nin moito menos, pero hai xestos, actitudes, que,sintoo, pero consiguen espertar en min como mínimo algunha que outra dúbida.
Non obstante, esta é unha apreciación persoal, poida que errada. Teño que recoñecer que os circuitos polos platós non son algo que vexa con bos ollos, e menos tratándose dun caso destas caracterísiticas, con dous nenos implicados.

Gustaríame tamén que non se esquecera que hai moitas Juanas Rivas loitando caladamente, polas que ninguén sae a rúa, as que non se disputan as canles de televisión, nin fan entradas e saídas dos xulgados que non se diferencian demasiado das do famoso de turno.

Mulleres as que ninguén vota unha man, e ven impotentes como destrozan as súas vidas e as dos seus fillos, e, o peor, as que ninguén cre, e nin siquera se lles otorga o beneficio da dúbida.
Ninguén abandaeira ningunha causa para defendelas,  e moi poucos as escoitan.
Tampouco hai concentracións para apoialas, nin letrados aos que se lles soliciente entrevistas nos diferentes medios, o que, sen dúbida, xenera unha corrente de empatía na sociedade.

Unha vez mais me reitero. Descoñezo a verdade de todo este asunto, agás como unha espectadora mais. Nunca, e repito, nunca, se me ocorriría emitir xuizos con tan feble base.
O que sí teño moi claro é que non todas somos Juana Rivas, porque ante iguales desgrazas, non a todas se nos brindan idénticas oportunidades.

E xa para rematar, a vos, mulleres que estades a pasar por idéntica ou semellante situación, prégovos que teñades moito coidado en elixir a quen lle encomendades a vosa axuda e a dos vosos fillos.  Tampouco nesto, ou tal vez debera dicir principalmente nesto, non é ouro todo o que reluce.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.