Unha vez mais celebramos o que se supón e un dos dias mais entrañables do ano (intereses comerciais aparte): O dia da nai.
E nesta data, na que dun ou doutro xeito todos queremos demostrar o noso amor pola muller que nos deu a vida, gustaríame que tivésemos unha lembranza moi especial para esas nais que xa non van poder celebrar máis este dia porque un asasino, nalgunhas ocasións no nome dese amor envelenado que decía profesar, lles arrebatou a vida. Para esas nais que xa nunca máis van poder acoller no seu colo os seus fillos ou fillas, que xa non os verán medrar, que xa non nos agarimarán.....
Non permitamos que máis nenas e nenos sigan sendo as vítimas esquecidas e silenciadas deste tremendo masacre que estamos a vivir
Imos lembrar tamén a eses nenos e nenas aos que a violencia mais tremenda lles arrincou do seu carón a quen máis os quería, os que lonxe de atoparen no seu fogar o refuxio que merecen, o amor ao que teñen dereito, vense obrigadas e obrigados a vivir cada dia nunha pesadilla de terror, de ameazas, e quen se lles nega o seu principal dereito: o de ser nenas e nenos felices.
Non volvamos a vista cara a outro lado. Non permitamos que máis nenas e nenos sigan sendo as vítimas esquecidas e silenciadas deste tremendo masacre que estamos a vivir. Que o seu fogar non se convirta no seu inferno, un inferno que os marcará de por vida, non o esquezamos.
Como muller, como nai, prégovos que non permitamos que lles borren o sorriso! Vamos a axudar a que sigan sendo nenas e nenos! Meréceno, non si?