Acabo de recibir unha carta da Xunta de Galiza. Arquivan a solicitude de prestacións e atención á dependencia de meu pai. O motivo: falecemento
Acabo de recibir unha carta da Xunta de Galiza. Arquivan a solicitude de prestacións e atención á dependencia de meu pai. O motivo: falecemento.
Pasou o mismo con miña nai. Está pasando todos os días cos nosos maiores. Os que somos un pouco máis privilexiados coidamos deles como podemos. Intentando facelo o mellor que sabemos e con recursos propios. Noutros casos estáno pasando realmente mal. Vivindo un auténtico inferno os últimos días da súa vida. Algo que realmente non merecían. Moitos deles incluso sós. Sin nadie que os guíe na oscuridade que marca o principio do fin.
Os nosos mandatarios publicitan, sin vergonza algunha, a súa boa xestión. En escolas, universidades, hospitais, atención á terceira idade, asilos... Algúns destes sufragados por filántropos e coa falsa aureola de “públicos”. En realidade van ser xestionados por empresas privadas. Outro negocio máis para os de sempre. Para os seus parentes de sempre.
Non estaría demais que todo ese esforzo, recursos e cartos que despilfarran para conseguir instalar Altri os empregaran en dependencia. Os nosos vellos o agradecerían
Meu pai non chegou a entender as imaxes deses grandes lumes mentras un presidente estaba de vacacións. Nin as inundacións con 229 mortos mentras un presidente prolongaba a sobremesa durante horas. Nin entendería que mulleres morran de cancro de mama porque un presidente non as avisou para non inquietalas. Nin esa teima dun presidente por montar unha macropasteira de celulosa en Palas de Rei. Non estaría demais que todo ese esforzo, recursos e cartos que despilfarran para conseguir instalar Altri os empregaran en dependencia. Os nosos vellos o agradecerían. E a xente da Terra Cha tamén.