Desalentada

Se hai unha verba que defina o meu estado de ánimo cando me dispoño a escribir estas liñas, esa é DESALENTO.

Por vez primeira desde que comecei o meu traballo na loita contra a violencia de xénero, teño que confesar que a frustración e unha certa desesperanza comezan a rondarme, e me fan estar nunha alerta constante se non quero caer presa delas.

Comezamos o ano concentrándonos para lembrar a Marina, asasinada (presuntamente) en Mos polo seu home. O mesmo día soubemos que en Torrevieja apareceran os corpos sen vida de Anna e da súa filla, Maja, tan só un bebé, as que tamén matou a sua parella e pai, para a o día siguinte espertar ca nova de que un home en Girona lle prendera lume a súa casa estando a súa parella dentro.

A barbarie non cesa, as mulleres seguen sendo asasinadas, e cada vez con mais frecuencia, polas suas parellas ou ex parellas, e a o mesmo tempo unha sociedade que semella estar a entrar nun letargo morboso comeza a contemplalo como algo case normal, como unha macabra anécdota que salpimenta o noso día a día e que a duras penas ocupa mais que un mínimo espazo nos medios informativos.... Soamente e un suceso, e semella que compre tratalo como tal. Non hai que darlle mais relevancia.

Por outra banda, vexo con unha enorme tristura, que a estas alturas, no comezo dun novo ano, e cando os ecos do pasado 25 N xa forman parte das lembranzas, como todas esas persoas “hiperconcienzadas” que na data en cuestión, así coma noutras similares, e acubilladas a calor das fotos enarbolaron pancartas, codeáronse cas institucións, e mesmo aproveitaron para ter o seu momento de groria e de protagonismo dun xeito totalmente impúdico na que non dubidaron en empregar a dor e o asasinato de tantas mulleres coma chave ou ferramenta para promocionarse, voltaron a unha absoluta indiferencia, e gardaron a bo recaudo o mesmo 25 N pola noite, esa máscara cariacontecida de solidaridade e empatía, que non desempolvarán de novo, case con toda probabilidade, ata o vindeiro 8 de Marzo, na que os flashes e o postureo marcarán unha vez mais a pauta a seguir e farán notar o seu poder.

Qué sentido tiña sair a rúa un día frio, chuvioso e no que ainda non conseguíramos espertar de todo dunha noite de festa, se ninguén “interesante” nos ía ver, se ningún medio de comunicación ía a dar a testemuña do noso “sacrificio”?. A o fin e a o cabo, as mulleres asasinadas non ían voltar a vida porque nos pasáramos frio, e como decía un coñecido humorista: “Ir pa na...es tontería....!”.

A vista de todo esto, non e de extranar que a violencia de xénero non soamente non remate, se non que vaia en aumento. Qué podemos agardar dunha sociedade que cada vez mais se preocupa tan so de mirarse o seu propio ombligo, dunha sociedade que non dubida en voltar a vista a outro lado se non vai obter beneficio alg n, se a ú sua presenza non vai ter como contrapartida algunha “prebenda”, sexa do xeito que sexa?.

Hai quen di que os maltratadores son enfermos, eu non comparto esa opinión nin de lonxe, para min son simplemente malnacidos, malvados, pero comezo a ter as miñas dúbidas no que se refire a nosa sociedade. Poida que ésta si sexa unha enferma: de egoismo, de megalomanía e de falta de escrúpulos....e esta e unha enfermedade que costa diagnosticar e ainda mais curar....se e que ten cura.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.