Cando os nazis viñeron polos comunistas,
gardei silencio,
xa que eu non era comunista.
Cando encarceraron aos socialdemócratas,
gardei silencio,
xa que eu non era socialdemócrata.
Cando viñeron polos sindicalistas,
non protestei,
xa que eu non era sindicalista.
Cando viñeron polos xudeus,
non protestei,
xa que eu non era xudeu.
Cando viñeron por min,
non había ninguén máis que puidera protestar.
Estas palabras foron escritas por Martin Niemöller, un pastor alemán da Igrexa Luterana, coñecido polo seu activismo antibelicista despois da Segunda Guerra Mundial. En 1946 pronunciou un célebre sermón no que se encontran estas palabras, que conforman un poema (ou unha ladaíña), no que denuncia a covardía dos intelectuais alemáns ante o nazismo, e que hoxe representa unha denuncia sobre as consecuencias da indiferenza políticafronte ás inxustizas.
Aplicando ese mesmo modelo, manifesto:
Cando Israel asasinou en Gaza a 300 xornalistas
a min non me importou
porque eu non era xornalista.
Cando Israel en Gaza bombardeou hospitais
eu non fixen nada
porque eu non estaba neses hospitais.
Cando Israel asasinou a 8 membros de Médicos do Mundo
a min non me importou
porque eu non era de Médicos do Mundo.
Cando Israel bombardeou as mesquitas de Gaza
a min non me importou
porque eu non son musulmán.
Cando Israel bombardeou as Escolas refuxio de Nacións Unidas en Gaza
eu non fixen nada
porque eu non estaba nesas escolas.
Con estas palabras quero denunciar o xenocidio que está cometendo o Estado de Israel en Gaza. Por que o fago? Por humanidade, por solidariedade, porque non quero ser cómplice da indiferenza, nin desa equidistancia miserenta, e quero poñerme ao lado das vítimas: desas 65.000 persoas masacradas, deses 20.000 nenos asasinados
Con estas palabras quero denunciar o xenocidio que está cometendo o Estado de Israel en Gaza. Por que o fago? Por humanidade, por solidariedade, porque non quero ser cómplice da indiferenza, nin desa equidistancia miserenta, e quero poñerme ao lado das vítimas: desas 65.000 persoas masacradas, deses 20.000 nenos asasinados.
Israel gozou, desde o seu nacemento en 1948, de impunidade e carta branca internacional, e en especial, de Europa e desa Alemaña onde se cometeron crimes horribles nos campos de concentración e exterminio nazis como Auschwitz. Debido a ese complexo de culpa, Alemaña e Europa permanecen impasibles antes os crimes de Israel, que contan sempre coa axuda do seu gran protector, EE.UU.
Pero hai que lembrar que España, e desde logo Galicia, a pesar de estar rexida pola ditadura franquista, non colaborou nese Holocausto, no que si participaron outros países como Austria, Francia, Italia, Croacia, Polonia, Ucraína e os países Bálticos.
Os gobernos europeos reaccionaron rapidamente en 2022 ante a invasión rusa de Ucraína, aplicando sancións e expulsando a Rusia das competicións deportivas, culturais e de todo tipo (Eurovisión incluído), mentres algúns se escandalizan agora cinicamente cando se pretende boicotear a participación dun equipo israelí na Volta Ciclista a España, un equipo propiedade dun millonario sionista que o usa para branquear os crimes do Estado de Israel.
Ademais do xenocidio en Gaza, Israel mantén desde hai 77 anos un réxime de limpeza étinica e apartheid contra os palestinos que son cidadáns israelís. Un apartheid similar ao que exercía Sudáfrica contra a poboación negra ata que o boicot internacional aos seus produtos e industrias e a súa condición como estado paria, fixo que terminase ese réxime de apartheid
E digo crimes, porque ademais do xenocidio en Gaza, recoñecido por entidades como Amnistía Internacional, Israel mantén desde hai 77 anos un réxime de limpeza étinica e apartheid contra os palestinos que son cidadáns israelís, isto é, xa non contra os que viven en Palestina (sexa Xerusalén Este, Cisxordania ou Gaza), senón nas propias cidades israelís. Un apartheid similar ao que exercía Sudáfrica contra a poboación negra ata que o boicot internacional aos seus produtos e industrias e a súa condición como estado paria, fixo que terminase ese réxime de apartheid e que liberase ao líder negro Nelson Mandela.
Hoxe fago un chamamento a ese boicot e á aplicación de sancións a un réxime israelí, que moi tardiamente e coa boca pequena parece que vai a empezar a aplicar a Unión Europea.
Agardemos que non sexa demasiado tarde!
Unha versión similar deste texto foi lido na concentración celebrada en Ortigueira o pasado 20 de setembro, sábado, baixo o lema de “Ortegal contra o xenocidio en Gaza”, convocada por 3 veciños constituídos como Colectivo Solidario Independente do Ortegal (CSI-Ortegal), á que acudiron case 200 persoas de todo o Ortegal: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón e Ortigueira.