O que sucede na Galiza no tema sanitario: É UNHA ESTRATEXIA. Por suposto, si se quixese, o tema estaría solucionado, pero prefiren non investir o necesario, deixar que os centros se deterioren, que os/as profesionais se queimen... e así ter a disculpa da privatización
“Os clientes son como os dentes: se non os coidas, vánse un a un, ata que non queda ningún”. Jerry Flanagan, fundador e CEO de JDog Brands.
Dende que comezou o estado das autonomías, Galiza ten transferidas as competencias en materia sanitaria; TODAS AS COMPETENCIAS! Isto quere dicir, que dende o minuto un: Albor, Laxe, Fraga, Touriño, Feixoo e Rueda, puderon ter resolto o problema fundamental da Falta de Profesionais Sanitarios no SERGAS. Por que, durante tantos anos e cas previsións de falta de relevo xeracional, NON remediaron esta cuestión?
O que sucede na Galiza no tema sanitario: É UNHA ESTRATEXIA. Por suposto, si se quixese, o tema estaría solucionado, pero prefiren non investir o necesario, deixar que os centros se deterioren, que os/as profesionais se queimen... e así ter a disculpa da privatización. Cada ano invístese máis en sanidade privada: no 2023: 246 m. de e. Nos últimos 10 anos: 2.170. Pouco nos pasa! Si estes cartos se adicaran á Pública, teríamos menos dificultades no SERGAS.
Pasaron xa moitos conselleiros de sanidade nos diferentes gobernos...pero a política é a mesma, quizá moito peor agora pola falta de inversións que se produce ano tras ano: poden aumentar os orzamentos, pero nunca son suficientes para resolver os problemas estructurais que temos.
O despropósito máis evidente e que sucede todolos anos, é que o PP non gasta o que está orzamentado: no 2023, o goberno galego deixou sin executar 1.138 m. de e. (só nun ano) pero, ademáis, de fondos europeos, deixou sin executar 460 m. de e. (según o Consello de Contas que dí que hai: “falta de eficiencia do goberno galego na xestión dos Fondos Comunitarios”). Que pensamos dos “xestores” desta desfeita? si traballaran na privada serían despedidos de forma fulminante!
Pero seguindo cos despropósitos, o goberno do PP, aparte da débeda que ten que pagar, ten que asumir o gasto en intereses. O estado ingresou en impostos na Galiza 16.296 m. de e. e so reintegrou 10.131...e Rueda, atrévese a non aceptar a quita de 4.010 m. de e. so por facerlle caso a Feijoo e non valorar o interese dos galegos. Pero en que mans estamos?
A xente que administra o Sistema Sanitario Público Galego, teñen múltiples ocorrencias: podemos chatear co noso Médico de Familia! Colocan un “botón do pánico” no ordenador, para ”evitar” as múltiples agresións que se están producindo o persoal sanitario e non sanitario. Tamén, nas pantallas que existen nos centros, dín as maiores mentiras que se lles ocurren, mentras as listas de agarda nos centros de saúde mantéñense en 15, 21 ou ata 30 días (en Vigo) para ser atendidos polo M. de C. E non digamos polos especialistas: esperas de ata ano e medio nalgunha especialidade! É impresentable que gasten o diñeiro en cousas prescindibles e non ataquen o fondo da cuestión: convocar prazas para ser ocupadas de forma inminente; sí, leíchedes ben: o de ter profesionais que podan incorporarse mañan a traballar; ísto, non se fai nas prazas que son necesarias, pois nalgún departamento do SERGAS (ou do PP) non se convocan esas prazas! E, por suposto, non se dotan con recursos suficientes para facelas atractivas. Pero mentras: 130 médicos xubilados siguen traballando no SERGAS. Sucedería ísto na empresa privada?
O 18/09/2025, debateuse na Comisión de Sanidade do Parlamento Galego unha iniciativa do BNG (Montse Prado), para dotar a AP de 100 Psicólogxs Clínicxs; que sucedeu? Que o PP votou en contra! A AP conta con 7 prazas de Psicoloxía para atender 2,7 millóns de persoas (interpreto que a estos profesionais, teñen que atendelos despois os seus colegas…). Vendo a situación da Saúde Mental na actualidade, como explican que non se invistan 5 m. de e. que se solicitaban, en algo tan importante? O Ministerio de Hacienda, indica que “pola bonanza económica, a Xunta recibirá 10.878 m. de e. en entregas a conta e outros 789 pola liquidación do 2024 a favor da Galiza”…Rueda dixit: “non é un problema de chequeira”.
Si o ben máis preciado que temos, a nosa saúde, está en mans desta xente do PP: mal imos!
P.S. Non quero rematar o artigo sin poñer de manifesto o rexeitamento pola maioría do PP no Parlamento Galego, da Iniciativa Lexislativa Popular: Defende a Galega, na que Tareixa Navaza, fixo unha exposición chea de DIGNIDADE para poñer en evidencia a manipulación dos Medios Públicos na Galiza por parte do PP. Unha pena (sobre todo escoitar a argumentación falta de rigor e de criterio que fixo o PP). Parabéns á xente da Plataforma pola súa laboura.