Cando fan 22 anos do afundimento do Prestige, que suscitou a maior onda de solidariedade nunca antes vista en España, amósase unha vez máis a resposta espontánea de apoio cidadá e de colaboración mutua
Dúas semanas despois da DINA de Valencia, que apunta a converterse na gota fría máis adversa deste século, e tras gravarse na nosa retina imaxes tremendamente impactantes como rúas asolagadas, garaxes sumerxidos, coches flotando ou rescates de persoas que parecen sacados de película; estamos vendo a cara máis amable da catástrofe: a solidariedade.
Cando fan 22 anos do afundimento do Prestige, que suscitou a maior onda de solidariedade nunca antes vista en España, amósase unha vez máis a resposta espontánea de apoio cidadá e de colaboración mutua. Daquela marea negra xurdiu unha marea branca, como a recordaremos para sempre en Galicia, e deste lodo, como diría o cantante galego Xoel López ”crecen las flores, más altas, más altas”.
Pero isto non é incompatible con outra cara da traxedia.
Dúas semanas despois da DINA, vemos tamén que o odio está emerxendo entre ese barro, caldo de cultivo para que determinadas persoas, ou como diría o cantautor ferrolán Andrés Suárez nun tema musical dedicado á maldade nas redes: “covardes protexidos en pantallas” que o esparexen como a pólvora aproveitando a rapidez do eido dixital, e que pode continuar con delitos de odio, que por certo, foron os que máis creceron o pasado ano, segundo un informe elaborado polo Ministerio de Interior e presentado o pasado verán.
Dúas semanas despois da DINA, vemos tamén que o odio está emerxendo entre ese barro, caldo de cultivo para que determinadas persoas
Neste contexto, debemos lembrar a erupción do volcán de La Palma e aquelas informacións publicadas que afirmaban que a veciñanza canaria durmía no chan e os que alguén decidiu designar como ilegais, en hoteis. Odio dixital, que por desgraza, se repite de novo nesta traxedia e que parece que non hai dimensión de cambio.
Saqueos atribuídos ao colectivo de etnia xitana ou axudas para os inmigrantes son conceptos que se colan no escenario post-dina e que serven para apreciar en toda a súa dimensión ese odio, xa que pouco teñen que ver cun fenómeno meteorolóxico pero si co racismo e quizais con ignorancia política.
Bulos que alimentan prexuízos xenófobos Porque a inmigración é a temática dos principais bulos, segundo o Eurobarómetro de Opinión Pública na Unión Europea do 2023,e isto non o podemos obviar.
No medio deste sensacionalismo morboso cun discurso baseado na información nesgada temos que apelar á responsabilidade mediática. Non todo é válido e aproveitar situacións de emerxencia para difundir fake news, pois moito menos
Algúns medios convencionais de comunicación e redes sociais, sen distinción ningunha, estenderon na opinión pública unha narrativa que no lugar de centrarse na gravidade dun desastre de tal envergadura, xogan a conducir rumores. E como sabemos, os medios de comunicación exercen poder na formación da opinión pública -a denominada teoría da agenda setting- .
E é aquí cando se procede á manipulación. Unha traxedia humanitaria convertida nun espectáculo de inseguridade e perigo.
No medio deste sensacionalismo morboso cun discurso baseado na información nesgada temos que apelar á responsabilidade mediática. Non todo é válido e aproveitar situacións de emerxencia para difundir fake news, pois moito menos.
Son nos instantes de necesidade humana nos que as mensaxes se interiorizan de xeito más sinxelo, pero non por repetirse significa que sexan rigorosas e é deber de cada un cuestionalas Hai ademais quen aproveita a frustración e a rabia -comprendida- das persoas afectadas para incitar a cargar contra o noso Estado de Dereito.
Afloran retos para manter a cidadanía ben informada pero tamén oportunidades, porque unha información veraz sempre contribúe á cohesión. Este gran potencial debe vir acompañado dunha verificación rápida e fiábel e alfabetización dixital, que tal e como determina a UNESCO é capaz de empoderar á cidadanía e facela máis libre
Vivimos un momento de infoxicación, e con permiso dos profesionais da saúde, como toda intoxicación precisa un tratamento Paradoxalmente esta era da información arrastra á súa par grandes niveis de desinformación, que ademais de impedirnos entender a realidade, afástanos dela e ata nos confunde.
Se ben é certo que o desconcerto é lexítimo, pode derivar nunha desafección das institucións e, polo tanto, tamén da democracia. Os dereitos constitucionais de liberdade de expresión e información veraz están intrínsecos na nosa sociedade democrática pero a desinformación constitúe unha gran ameaza.
Afloran retos para manter a cidadanía ben informada pero tamén oportunidades, porque unha información veraz sempre contribúe á cohesión. Este gran potencial debe vir acompañado dunha verificación rápida e fiábel e alfabetización dixital, que tal e como determina a UNESCO é capaz de empoderar á cidadanía e facela máis libre. E porque non, tamén podería vir acompañado do aproveitamento do desenvolvemento da intelixencia artificial (IA) neste eido. Seremos capaces de conxugalos?