Dóenos Europa. As horas baixas do soño europeísta

Houbo un tempo en que Europa semellaba ser unha alternativa social ao lado salvaxe do capitalismo, e tamén un tempo no que o ideal europeísta alumeaba á intelixencia patria e marcaba unha senda atractiva, para España porque era a concrección do ideal democrático, para Galicia porque representaba o respeto ás diferenzas dos pobos, e tamén porque Europa era o progreso e dela podían provir sustanciais axudas; como así foi, hai que dicilo, en forma de fondos de cohesión.

E agora, que quedou de todo eso? Ten sentido que aos países que antes había que axudar para homoxeneizar o espazo europeo, agora se lles queiran de súpeto cobrar esas axudas (cos seus intereses) en nome do equilibrio presupuestario? Únicamente ten sentido si o que se quere é dinamitar o espazo europeo.

Os filósofos de aquí e de acolá estiveron a semana pasada pensando estas e outras cuestións no marco da Semana Galega de Filosofía en Pontevedra, este ano con extensión tamén na Coruña (producto dunha colaboración entre a Aula Castelao de Filosofía e a Fundación Paideia). O tema foi Europa, e o sentir xeral foi moi crítico co que está a ocorrer en Europa. Xa non estamos no tempo europeísta ao que aludía ao principio, senón asisitindo a un euroescepticismo que crece a medida que avanza a desprotección social e se reducen os dereitos.

Xa non estamos no tempo europeísta, senón asisitindo a un euroescepticismo que crece a medida que avanza a desprotección social e se reducen os dereitos.

O portugués Francisco Louça, líder do veciño Bloco de Esquerdas e que clausurou a Semana, foi moi didáctico ao respecto: nas máis antigas civilizacións e moito antes de que existise a moeda xa se lexislaba sobre as débedas, e sempre se establecía algún mecanismo para a súa cancelación (ao estilo do bíblico cada sete anos…).

Pero hoxe asistimos a un uso da débeda como un mecanismo implacable que non pode senón crecer, na que por non poder ser nunca resarcida pérdese o sentido da propia débeda. E o sistema de crédito aumenta a súa presión cara baixo debilitando ao corpo social e creando, a base de extender a precariedade, novos exércitos de reserva. ¡Que panorama! Desde logo agárdase un aumento dos conflitos, unha deslixitimación das democracias, e un ambiente favorable ao xurdimento de novas formas de fascismo.

Entretanto Europa entrégase na altar da austeridade dirixida pola disciplina alemá. Seguirá Merkel camiñando dereitiña cara ao abismo?

Entretanto Europa entrégase na altar da austeridade dirixida pola disciplina alemá. Seguirá Merkel camiñando dereitiña cara ao abismo? Haberá alguén capaz de arrincarlle algo de flexibilidade, ou incluso o convencimento de que o camiño cara algo que poida ser chamado progreso, tamén para ela, só pode ser (como mínimo) europeo? Esta semana comeza o duelo Hollande-Sarkozy pero ten alguna posibilidade de significar algo na fin da hexemonía neoliberal e a refundación da soacialdemocracia? Os filósofos de Pontevedra sospeitan con fundamento desta Europa obsesionada pola reducción do déficit, disposta a atar as mans aos gobernos con tal de satisfacer aos banqueiros e a permitir que en boa parte do seu propio territorio se poña en cuestión o estado de benestar. Que por certo encarna, ou encarnaba, a alternativa social europea.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.