Dous mitos do mercado libre neoliberal

Cando se argumenta contra o neoliberalismo, adoitase partir dunha crítica a dous dos seus axiomas, caendo na trampa de dar por certos o que non son máis que dúas mentiras tendenciosas. A primeira desas mentiras é a de que o mercado libre leva á competencia e, dado que a competencia é boa, o mercado tamén; co corolario de que canto máis desregulado estea o mercado máis potencia a competencia. Isto é falso porque o que rexe o mercado é a lei da oferta e da demanda, e esta non leva sempre á competencia senón moitas veces a todo o contrario, cando un axente económico controla a oferta.

A primeira desas mentiras é a de que o mercado libre leva á competencia e, dado que a competencia é boa, o mercado tamén; co corolario de que canto máis desregulado estea o mercado máis potencia a competencia. Isto é falso

A situación real de competencia non é estable e pode terminar por producir un monopolio da oferta ou un oligopolio onde se da concertación de prezos en contra das persoas que usan eses produtos ou servizos. Cada pouco tempo saen nos medios de comunicacións sancións a empresas que abusan da súa posición dominante porque teñen a totalidade da oferta nas súas mans ou porque chegan a acordos secretos ilegais coas empresas coas que deberían estar competindo. Tanto os Estados Unidos coma a Unión Europea teñen multado a Microsoft polas súas prácticas monopolistas.

Isto mesmo ocorre periodicamente coas multinacionais enerxéticas, de telecomunicacións, de sanitarios, de mobiliario, etc. como podemos comprobar se repasamos as noticias dos últimos anos. Hai que ter en conta que non se sancionan estas prácticas ilegais tódalas veces que se producen porque son moi difíciles de probar, dado que non existe nada material ou físico que as incrimine senón que todo se fai de palabra.

A segunda mentira interesada que pretende colarnos o neoliberalismo é que a economía se rexe polo mercado libre. Isto é certo para os autónomos e as pequenas empresas, pero é falso para as multinacionais que basean a consecución do seu espazo empresarial grazas á súa conivencia co poder político

Polo tanto, a primeira conclusión que debemos ter presente cando critiquemos o neoliberalismo é que o mercado libre non leva irremediablemente á competencia senón que demasiadas veces produce á súa desaparición en forma de monopolio ou oligopolio. O obxectivo da nosa crítica debe centrarse no mercado libre e non na competencia deixando de identificar ámbalas dúas para non caer na trampa de apuntar á competencia, máis difícil de criticar, cando deberíamos estar apuntando ó mercado libre, o culpable das inxustizas económicas e sociais actuais.

A segunda mentira interesada que pretende colarnos o neoliberalismo é que a economía se rexe polo mercado libre. Isto é certo para os autónomos e as pequenas empresas, pero é falso para as multinacionais que basean a consecución do seu espazo empresarial grazas á súa conivencia co poder político cun intercambio de favores recíprocos: as multinacionais financian os partidos para que estes lexislen ó seu favor e lles reserven sectores económicos que se sacan directamente da competencia do mercado libre. Así, os sectores enerxéticos, de telecomunicacións, de autoestradas, bancarios, etc. conseguen dispoñer dun espazo sen unha competencia real grazas a unhas concesións administrativas xenerosas e a unha lexislación que os protexe de posibles competidores.

O proceso é sempre o mesmo: consiste en buscar un sector que se poida pechar á competencia para darllo ás empresas amigas con concesións feitas a medida

O proceso é sempre o mesmo: consiste en buscar un sector que se poida pechar á competencia para darllo ás empresas amigas con concesións feitas a medida. Cando a Xunta de Feixoo anula o concurso eólico feito polo goberno de coalición PSdG-PSOE - BNG (concurso que logo foi declarado axustado a dereito polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), non o fai por unha inexistente irregularidade senón para repartir entre as empresas afines este recurso que é de todos. As privatizacións de empresas públicas que se deixan en mans amigas, a desarticulación das caixas de aforros públicas a favor dos bancos privados, as concesións a multinacionais enerxéticas ou de telecomunicacións, etc. perseguen todas este mesmo obxectivo: secuestrar recursos existentes que son de todos e concederllos ás empresas elixidas, fóra de calquera tipo de xogo de libre mercado.

O descaro é tal que, por exemplo, cando a concesión dunha autoestrada está a punto de vencer, tendo que volver ó dominio público, invéntase algunha escusa para prolongala vintecinco anos máis como sucedeu coa autoestrada Coruña - Vigo cando se fixo o ramal a Ferrol

O descaro é tal que, por exemplo, cando a concesión dunha autoestrada está a punto de vencer, tendo que volver ó dominio público, invéntase algunha escusa para prolongala vintecinco anos máis como sucedeu coa autoestrada Coruña - Vigo cando se fixo o ramal a Ferrol, pasando a data de finalización da concesión do 2023 ó 2048. Pero que ninguén se preocupe, que todo isto é legal, máis que nada porque quen reparte así tan suculento botín é quen fai as leis que permiten esta desfeita.

Non debemos caer na trampa de apuntar ó mercado libre na nosa crítica ó neoliberalismo

Polo tanto, o que non debemos esquecer cando critiquemos o neoliberalismo é que nos sectores onde se move máis diñeiro non rexe o mercado libre senón que a conivencia entre o poder económico e o poder político permite que se secuestren uns recursos que deberían repercutir a favor de toda a cidadanía e non o fan, converténdose estas empresas en parásitos da sociedade. Non debemos caer na trampa de apuntar ó mercado libre na nosa crítica ó neoliberalismo cando esteamos ante unha situación que cabería cualificar de corrupción empresarial se non fose porque é algo que se encargaron eles mesmos de que sexa plenamente legal.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.