É indubidábel que a chegada do coronavirus a España vai traer consigo grandes repercusións económicas, a CEOE espera que a taxa de paro poida mesmo alcanzar o 18%, nun país como España, tan supostamente avanzado nos dereitos do colectivo LGBT+ teriamos que confiar no que debería e non é normal, que tanto as persoas queer como as heterosexuais tivésemos os mesmos ou polo menos moi similares dereitos de inserción laboral; se miramos desde a perspectiva dunha persoa trans, un paro do 18% é un soño o cal só é posible vivilo se se renuncia á identidade.
Os datos máis positivos reflicten un desemprego do 37% das persoas trans, máis do dobre que no peor efecto económico producido polo coronavirus, os máis negativos mostran unha taxa de paro do 85% do colectivo, case 5 veces máis que o peor escenario imaxinábel e é que estes datos non poden ser coñecidos con exactitude debido ás poucas investigacións realizadas e as precarias mostras da maioría delas que non adoitan superar os 100 individuos, cabe destacar tamén que a principal fonte económica é a prostitución e é que os estudos máis xenerosos fan roldar a taxa de transexuais que se prostitúen ou se prostituíron contorna ao 50% mentres que os máis duros enuncian que o 90% das persoas trans exercen ou exerceron a prostitución.
Non podemos omitir a saúde, dise que por culpa do virus aumentará exponencialmente a taxa de suicidios mais o que apenas se coñece é que o 85% de adolescentes trans de entre 14 e 18 anos a nivel mundial tiveron pensamentos suicidas mentres que o 72,5% expuxo un intento de suicidio, es adultes trans en cambio contan cunha taxa de propósito de suicidio do 41% fronte ao 1,6% das persoas cisxénero.
En tempos de pandemia tampouco debemos esquecer a todes es menores trans binaries e non binaries que se atopan confinades con pais que non lles aceptan e no peor dos casos son agredides e abusades, nunha sociedade na que todes contamos non pode permitirse que se vulneren as nosas identidades e menos cando aínda non somos capaces de defendernos.
Inda non existe ningunha lei estatal que avogue polos dereitos do colectivo trans, se realmente somos un país avanzado na loita LGBT+ a súa implantación é máis que necesaria e é que do que non se fala non existe, e o que non existe, marxínase.