Que impulsa a un/una mozo/a a estudar Educación Social na actualidade?. Esta cuestión motivoume unha interesante reflexión este fin de semana, impulsada tamén por todo o que acontecía en Grecia (ou máis ben, o que nos vendían dende España). A relación entre a nosa profesión e a política é cada vez máis grande. Pensar nas desigualdades actuais leva a un exercicio de reflexión interno tan básico como: quen toma as decisións, e, sobre todo, por que se toman estas decisións?
Pensar nas desigualdades actuais leva a un exercicio de reflexión interno tan básico como: quen toma as decisións, e, sobre todo, por que se toman estas decisións?
Xa pasaron máis de 10 anos dende que a xeración LOU, botáralle un pulso a Aznar e a Pilar do Castillo. Aqueles mozos e mozas que nos opuxemos a unha Lei universitaria e elitista, hoxe estamos a reivindicar aínda o poder da cidadanía na toma de decisións que afecta ao noso futuro. Non quedamos no amargo da criminalización por parte do Goberno ou na frustración pola aprobación da Lei que hoxe tristemente nos dá a razón, senón que seguimos estando na rúa (os que quedamos), e queremos demostrarlle á política que este sistema só aumenta desigualdades e limita liberdades.
A educación social é un mecanismo moi interesante para poder acompañar neste proceso crítico. Ollo! Non sexamos acusados de adoutrinamento, porque a nosa labor é outra totalmente distinta. Queremos a reflexión do cidadán coa simple ollada á realidade que ten ao seu redor. Queremos impulsar a conciencia crítica máis aló dos medios de comunicación máis accesibles. Queremos estar na política, facer política, e servirnos da política para construír outra sociedade.
Este é o punto no que conflúe a educación social coa política: comezamos a entender o grave contexto socioeconómico e político da época, facendo unha valoración dos efectos e repercusións que as accións e decisións diarias poden ter
Por iso que é destacable que cada vez máis estudantes e titulados se lancen a participar de xeito activo na política, precisamente, na política de barrio. Partidos novos, Plataformas, encontros… Preténdese deste xeito que o protagonismo cambie de bando, e a responsabilidade comece a estar na persoa. Este é o punto no que conflúe a educación social coa política: comezamos a entender o grave contexto socioeconómico e político da época, facendo unha valoración dos efectos e repercusións que as accións e decisións diarias poden ter.
Queremos agora si cambialo todo, decatándonos que este sistema foi creado para manter una elite que non é representativa do pobo, e que chegou ao límite coas súas pretensións. As nosas funcións (entre outras) transmitir, desenvolver e promover a cultura, xerar contextos sociais, procesos e recursos educativos, chocan co seu xeito de “facer política”, polo que entendemos que é o momento de asumir a responsabilidade, e saberse con razón e propostas suficientes para mellorar a sociedade.
O primeiro reto, convencerse que precisamos inmediatamente a introdución educadores/as sociais en Centros Educativos, como un punto de inflexión ante retos como a violencia entre iguais, mal emprego de redes sociais, ou o inicio no consumo de drogas
Si que é certo, que durante bastante tempo non fixemos un exercicio de reflexión e motivación suficiente para valorar a profesión e admitir o compromiso irrevogable coa cidadanía, deixándonos en moitos dos casos, superar por outras profesións que, pese a ser totalmente complementarias, non veñen a ter a mesma visión centrada no desenvolvemento global.
Estamos aquí, e pensamos formar parte do troco de estruturas globais. O primeiro reto, convencerse que precisamos inmediatamente a introdución educadores/as sociais en Centros Educativos, como un punto de inflexión ante retos como a violencia entre iguais, mal emprego de redes sociais, ou o inicio no consumo de drogas.