Efecto chamada

Non sei moi ben por onde empezar este artigo que non deixa de ser unha reflexión moi persoal e sobre todo, moi real do que se está a vivir hoxe en día en España. Pode ser que moit@s non compartades a miña opinión dende o principio, máis espero que despois de ler estas liñas nas que intentarei explicarme dunha maneira clara e directa, polo menos vos faga dubidar da vosa postura, e cando menos ofrecervos un enfoque novo e que teñades a ben valorar.

Como dixen, non sei ben por onde empezar con este tema: a migración. Digo migración por que calquera de nos en calquera lugar do noso planeta é un emigrante, é a vez tod@s somos inmigrantes ao mesmo tempo. Comenzarei facendo referencia ao que vivimos de primeira man recentemente coa chegada do barco Aquarius e o desembarco de unhas 630 persoas rescatadas. Digo persoas, por que iso son: persoas. Só xente desalmada podería clasificar a estas persoas coma “ilegais”. Eu non teño constancia de que existan persoas “ilegais”. Ningunha persoa sexa de onde sexa, raza, sexo, condición social, ideoloxía, relixión ou calquera outra característica que a poida definir ou na que se poida encasillar se pode considerar “ilegal”. Iso primeiramente.

Segundo, houbo quen puxo o berro no ceo dicindo que esta entrada masiva de “ilegais” serviría de efecto chamada, para que moit@s máis persoas migrantes quixesen acceder ao noso territorio do mesmo xeito.

Fai uns días, outras 800 persoas saltaban masivamente a valla de Ceuta, accedendo a territorio español. Este feito so fixo afianzar a falacia antes dita. E aproveitando isto, algunhas persoas e sobre todo certos cargos políticos, disfrazaron a súa xenofobia de falsa humanidade patriótica. A que me refiro co de humanidade patriótica? Pois resulta que houbo quen dixo, que inda que estivese politicamente incorrecto dicilo, a entrada masiva de extranxeir@s puña en perigo o estado de benestar social de España.

Bueno, aclararlle a este señor e a moita máis xente que razoan así, que o “estado de benestar” do noso país xa está fai tempo en perigo. Véxase as pensións, a precariedade laboral, o rescate da banca que pagamos tod@s, a corrupción, os custos da monarquía e da iglesia etc, etc, etc....así que, dicir que o estado de benestar peligra por socorrer a xente necesitada, pois como que non ten moita base real.

Ademais, onde estaba este señor e onde estaban est@s patriotas cando había que defender os dereitos da cidadanía española, coma por exemplo as pensións?? Ahhhhhh, claro, que eran el@s mesm@s @s que recortaban en pensións e dereitos ( si,  refírome ao señor Casado e resto de oligarcas do pp...).

Terceiro, unha vez postos en situación e vendo a solidariedade que se da coa cidadanía española e que se defende o lema de “primeiro @s españois, despois @s de afora”, resulta que moita xente vomita que hai mais axudas para xente foránea que para @s propias cidadáns do reino de España. Pois aquí, permítanme dicirlle que de iso nada. Por moito que se citen cifras de que un/unha magrebí pode cobrar 2000 € ao mes e un/unha cidadá español/a non ter dereito a unha pensión, iso non se axusta a realidade. Bulo e total falacia. Permítanme remitirlle a lei da seguridade social, e a propia páxina web do Ministerio de Exteriores.

As axudas que poida ter calquera persoa estranxeira veñen supeditada a súa residencia en chan español, e non a súa nacionalidade. Así que a persoa que queira solicitar estas axudas ten que acreditar que  reside en España. Como se fai iso?? Pois tan fácil e a vez tan difícil coma unha das opcións seguintes: solicitando ben un permiso de residencia temporal e as súas renovacións pertinentes (en este caso non vou entrar ao detalle pois non é o que nos interesa) ou ben o permiso de residencia permanente. Este último é o que che dá lexitimación para acceder a calquera tipo de axuda económica de carácter non contributivo. Pero, para acadar este permiso tes que acreditar haber residido legalmente e de maneira ininterrompida durante 5 anos en territorio español. Agora unha vez explicado isto, como esta xente que veñen escapando da miseria, da morte e da fame pode acreditar esta condición para acceder a estas axudas si acaban de chegar en unhas condicións penosas e lamentables as nosas costas?
En que cabeza cabe que esta xente veñen a quitarnos nada, nin emprego, nin pensións nin vivenda?

Non, de iso nada. Quenes nos quitan día si e día tamén as pensións, o traballo, a vivenda e moitos dereitos polos que @s nos@s antepasad@s loitaron e mesmo deron a vida non son esta xente, son xustamente quenes disfrazan xenofobia e caciquismo con falsa solidariedade. Son quenes din primeiro @s cidadáns españois, pero el@s tributan en outros países, quenes defenden que primeiro hai que mirar pola xente da casa, pero son quenes evaden impostos, quenes están imputados por corrupción, por prevaricación e por malversación de cartos públicos. Cartos de eses e esas mesmas cidadáns que din defender, pero que non lles tembla a voz nin o pulso a hora de recortar nos servizos públicos, sanidade, educación, vivenda, pensións e facer de de todo isto un negocio privado do que quitar tallada.

Así que, ben visto, o efecto chamada non é tal, por que moita xente migrante teriamos que coller para chegar aos 60.000 millóns cos que se rescatou a banca, ou os máis de 80.000 millóns que nos custa a corrupción, ou os máis de 500 millóns cos que sostemos a nosa “monarquía democrática”, ou 80.000 millóns de evasión fiscal, ou 11.000 millóns de financiación da iglesia, etc.

Así que sexamos realistas e sobre todos sexamos human@s. Axudar a quen escapa da morte, da guerra, da miseria con esperanzas de un futuro mellor para si mesmo e para os seus fillos e fillas non é delito. Non o era cando nos emigramos a Europa e a países de América escapando da miseria e da fame do réxime franquista. Por que así foi. E non tod@s chegaban con papeis nin con contratos, pois a maioría dos nosos avós e avoas apenas sabían escribir e ler.

Que non nos vendan falsa solidariedade, pois a solidariedade non entende de fronteiras nin de nacionalidade. A empatía non é unha lei, é un valor. Un valor que parece que hoxe en día non ten vixencia e que non deberiamos esquecer. E sobre todo non deberiamos esquecer de que nos fomos tamén migrantes. E inda o somos. Pero ese xa é outro tema.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.