Eloxio da miseria

Pensabamos que o escoitaramos case todo, que a campaña estaba rematada, e vai o ex-presi e ponse a repartir carnés de galeguidade cuspindo que lle fai gracia que a el, un tipo humilde, de aldea, o critiquen nacionalistas que tocan pianos (a quen se referiría?) e viven en casas grandes, ou socialistas que montan a cabalo, cando el o único cabalo que vía de cativo era o dunha serie de televisión, O Virginiano.

Nacionalistas que tocan pianos, pode haber algo peor? Que viven en casas! Grandes! E nesas casas, ademais de alfombras, sofás ou edredóns, teñen andeis, algúns de contrachapado pero outros de madeira maciza! E neses andeis teñen libros! E lenos!!

Nacionalistas que tocan pianos, pode haber algo peor? Que viven en casas! Grandes! E nesas casas, ademais de alfombras, sofás ou edredóns, teñen andeis, algúns de contrachapado pero outros de madeira maciza! E neses andeis teñen libros! E lenos!! E ninguén fai nada! Onde está a Xustiza? A que agarda para meterlles man?

Feijóo de cativo non tiña libros. A súa familia, como as de Fraga Iribarne, Esperanza Aguirre ou Dolores de Cospedal, vivía de apañar castañas picándose cos ourizos e de recoller bosta polos camiños para vendela polas casoupas dos que tiñan lareira e colchóns de la. Era unha existencia heroica, unha familia pura. Por iso agora el loita por devolvernos siquera un reflexo daquela dignidade, e faino pechando escolas na aldea, asfixiando os conservatorios das vilas e esforzándose por que os mozos e mozas desas aldeas non se contaminen coa chusma snob e revolucionaria que inza nas universidades, fala inglés, ve películas de Bergman ou visita museos e pasma diante de cadros dexenerados que pintaría calquera neno de cidade. Para el Compostela, co seu Pórtico da Gloria e as Praterías, o Códice Calixtino, os pazos barrocos, a Biblioteca América, o teatro, a Filarmonía, o CGAC, os ciclos de cine, os Erasmus, o Museo do Pobo Galego... debe ser unha Sodoma. Os únicos cadros que el ten son os dos cervos a carón dun río nunha paisaxe alpina: cen por cen rurais.

Era unha existencia heroica, unha familia pura. Por iso agora el loita por devolvernos siquera un reflexo daquela dignidade, e faino pechando escolas na aldea, asfixiando os conservatorios das vilas

A bote pronto pódese pensar que o tipo é parvo. Se el non aprendeu inglés e outros da súa xeración si, tamén humildes e tamén rurais, o erro non sería todo do sistema. Porén, temos dito mil veces que non convén tomar aos demais por parvos, témosllo dito a el mesmo. A súa frase non é unha reivindicación da aldea, éo do Antigo Réxime. É unha denigración da cultura semellante ás de Millán Astray cando proclamaba que Viva a morte e que cando escoitaba falar de cultura botaba a man á pistola (ou era Goebbels?). É un ataque á educación e á dignidade que vén dicir:

A bote pronto pódese pensar que o tipo é parvo. Se el non aprendeu inglés e outros da súa xeración si, tamén humildes e tamén rurais, o erro non sería todo do sistema

“Non lle fagades caso a todos os que cun mínimo de formación vos intoxican con que eles están da parte dos desfavorecidos e nós somos os que vos esmagan, que o explican todo citando a non sei cantos premios Nobel, a nós non ten que vir ningún premio Nobel a dicirnos o que nos convén. Córredeos a paos cando vos volvan coa leria de que a vosa penuria non é natural, que ten unhas causas e uns causantes que se coñecen e que a vosa desgracia beneficia a outros. Berrádelles con orgullo que cos vosos ourizos e a vosa bosta tendes abondo e que ou calan dunha vez ou lles metedes as teclas todas dos seus pianos pola gorxa abaixo para que paren de desafinar”.

A non ser que se pense que para os seus é natural, que o pernicioso é que os de abaixo, por virtude do estado do benestar e da igualdade de oportunidades, vaian tendo acceso a eles, que tamén pode ser

Palabras tan salvaxes ofenden a todos os do Partido Popular que teñen pianos de cola, cabalos purosangue e casas coma Falcon Crest. A non ser que se pense que para os seus é natural, que o pernicioso é que os de abaixo, por virtude do estado do benestar e da igualdade de oportunidades, vaian tendo acceso a eles, que tamén pode ser. “De que vale ser rico se non tes pobres aos que humillar? Se calquera ten coche e casa e piano e cabalo e percorre Europa nos avións de Ryanair? Darlles educación é guindar pedras contra o noso tellado. Enriba despois len catro libros e, por ansia de vinganza, restréganchos pola cara sen pudor ningún”.

As palabras de Feijóo non buscan o voto da aldea. Buscan especialmente o voto nas cidades que é onde vive a maioría e onde pode coar a aldraxe de que as aldeas sexan lugares de pobreza e ignorancia estrema

De por parte, as palabras de Feijóo non buscan o voto da aldea, buscan o voto ruín e apuntan a un inimigo que alivie a inxustiza propia. Buscan especialmente o voto nas cidades que é onde vive a maioría e onde pode coar a aldraxe de que as aldeas sexan lugares de pobreza e ignorancia estrema, onde a xente dorme no chan entre carrachos e a única música coa que se rañan é a da gaita e o tamboril. Certo é que xa tampouco nas cidades coa, pero pensa o ladrón que todos son da súa condición.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.