Houbo momentos estelares nestas décadas de restauración democrática, o golpe do 23-F e o pacto do capó, o final da época de González, a segunda lexislatura de Aznar enteira, a caída da crise esmagando a Zapatero e a todo o país... Este ano e pico de Goberno de Rajoy xa é un deses momentos estelares.
Só faltaban os endemoñados de Rouco para completar a estampa dunha corte dos milagres. Unha corte castiza decimonónica con estética de puro nos touros, mantilla e peite cordobés (introducida na corte por Isabel II), españolizar nenos, aulas públicas pero católicas, homenaxes á División Azul, dar brillo ao Vallle dos Caidos, TVE recomendándonos rezar para atopar traballo... A monxa ladroa de nenos, que personaxe de sinistro conto infantil, non desentoa nada en todo isto. Calquera cousa que se lles ocorra é posible nesta época de asombros coa dereita española fóra de cacho, imaxinen se finalmente chega a abrirse o megacasino de Eurovegas, con tanto xogo e prostitución multiplicarase o número de endemoñados.
Sexa por superstición, por devoción ou por cinismo, a cantidade de lixo que arroxa cada día sobre a vida pública a dereita económica e política, esa que bota a policía novamente contra a cidadanía, fainos evocar á España dos últimos anos de Franco
Pero paréceme que non llo cren, polo menos non todos. Sen dúbida, hai persoas que teñen esas crenzas, pero xunto a elas hai que pór quen as ostentan simplemente por puro cálculo político, sen que teña relación coas súas vidas persoais. Ese debe ser o caso dun ministro como Alberto Ruiz Gallardón, recortando o dereito das mulleres á interrupción do embarazo ou da vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, e a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, con mantillas cal virtuosas damas católicas.
Sen necesidade de peregrinar a santuarios milagreiros, hai uns días apareceunos a millóns de persoas Aznar nas pantallas de televisión, de cristal ou plasma. Rajoy aparecíasenos desde alí e agora Aznar decidiu combatelo no seu mesmo terreo
Sexa por superstición, por devoción ou por cinismo, a cantidade de lixo que arroxa cada día sobre a vida pública a dereita económica e política, esa que bota a policía novamente contra a cidadanía, fainos evocar á España dos últimos anos de Franco. Aquel tempo non o retratou Valle, senón humoristas como o Perich e, sobre todo, Luís Carandell no seu Celtiberia Show. Por entón dábanse aparicións milagrosas, como unha virxe no Palmar de Troia ou unhas misteriosas caras de Bélmez na parede dunha casa desa localidade. En canto á actualidade, parece que finalmente enterraron o corpo dunha muller a quen, segundo contou ela, se lle apareceras a virxe no Escorial. Rápido Rouco autorizou levantar alí un templo.
Pero, sen necesidade de peregrinar a santuarios milagreiros, hai uns días aparecéunos a millóns de persoas Aznar nas pantallas de televisión, de cristal ou plasma. Rajoy aparecíasenos desde alí e agora Aznar decidiu combatelo no seu mesmo terreo, pois aínda que antes o investiu agora o embiste, e é que este macho indómito non lle teme a nada. Artigos de opinión e pantallas amigas acírrano, repiten as críticas a Rajoy e claman por unha baixada de impostos mentres outras, na marxe contraria, rin dun personaxe de tanto patetismo.
Certamente, os que lembramos o que fixeron co Prestige e a marea negra, a guerra contra Iraq ou a atribución a ETA do terrible atentado en Madrid co propósito de gañar así as eleccións, arrepíanos esa rediviva imaxe. A súa propia linguaxe verbal e corporal resúltanos intolerable. Os políticos divídense substancialmente en máis ou menos cínicos e máis ou menos mesiánicos, pero máis aló diso está a fantasía gótica de Aznar. Aínda que habería que considerar se, deixando por un momento ao lado o rancio e as xactancias ameazantes dese home, a política de Rajoy é verdadeiramente menos reaccionaria e intolerante que a dese predecesor que o axexa.
Poñamos que as enquisas indiquen que Rajoy non é o candidato adecuado. Nese caso, a irrupción de Aznar para retomar o control do PP e, posteriormente, obrigar a cambios de política e designar candidato sería razoable desde o punto de vista do seu partido
Doutra banda, a proposta concreta de baixar impostos que deixou sobre a mesa tras a súa aparición merece ser discutida, e está séndoo, pero sobre o que máis soan as burlas é sobre o seu explícito ofrecemento para volver gobernar. Moitos se burlan, pero, e se ese aparente disparate que a moitos nos aterra fose unha manobra política razoable? Non sería razoable para boa parte da poboación, nin para os sindicatos, nin sequera para a banca e o patronal pero ás veces o que é bo para un país non é bo para un partido concreto.
Por exemplo, imaxinemos que o desenvolvemento da crise e as políticas do Goberno seguen afastando a xente do PP de modo que as enquisas lles fagan inimaxinable volver gobernar. E poñamos que as mesmas enquisas indiquen que Rajoy non é o candidato adecuado para tentar tal remontada electoral. Nese caso, a irrupción de Aznar para retomar o control do partido e, posteriormente, obrigar a cambios de política e designar candidato sería razoable desde o punto de vista do seu partido. Ábrase a terra e trague cidades pero conserve eu o dominio da miña España! Á fin e ao cabo, os partidos ao que aspiran é a gobernar e tal como están as cousas e como se adiviñan, a falta doutras incidencias ou imprevistos, nunhas próximas eleccións quen queira formar goberno terá que pactar. O PP verase abocado a tentalo con UPyD.
A dereita española realmente cre que encarna a España, o demais é antinatural e separatista
Que non haxa maiorías absolutas a moitos pódenos parecer non só natural, senón desexable, pero non o é para os que foron os dous grandes partidos, moito menos para o PP e moito menos para José María Aznar. A dereita española realmente cre que encarna a España, o demais é antinatural e separatista. E Aznar, pola súa banda, cre que el é o gardián e a esencia mesma da dereita, ou sexa de España. Como vai tolerar un sindiós tal como o que vivimos e como o que se aveciña?!
Unha cabeza así é de moito admirar. Valle, sen dúbida, consideraríao un “cranio privilexiado”
Dentro deste mar de marabillas non deixa de asombrarnos a quen vivimos aquí comendo o día a día que un individuo que recoñece que pasa a maior parte do ano por EE UU se teña polo patriota número uno e noso amo vixiante. Unha cabeza así é de moito admirar. Valle, sen dúbida, consideraríao un “cranio privilexiado”.