Enfermaría carreira profesional A1

Dúas enfermeiras do Sergas nun hospital de Galicia CC-BY-SA Xunta

O curso de enfermaría é, dende o 2008, un grao universitario de catro anos, un tempo durante o cal quenes optan por esta profesión cursan 240 créditos de formación, o mesmo que outras carreiras como Dereito, Xornalismo, Bioloxía, Economía, Psicoloxía…

As enfermeiras cando conseguimos una praza na administración pública accedemos ao grupo A2 en lugar do A1 Polo contrario, economistas, avogados, físicos, psicólogos ou xornalistas, por exemplo, están adscritos ao grupo A1 coa mesma titulación

No entanto, a diferenza é que as enfermeiras cando conseguimos una praza na administración pública accedemos ao grupo A2 en lugar do A1.

Polo contrario, economistas, avogados, físicos, psicólogos ou xornalistas, por exemplo, están adscritos ao grupo A1 coa mesma titulación.

Esta inxustiza histórica representa unha evidente discriminación cara unha profesión maioritariamente de mulleres, que durante toda a pandemia levamos padecendo, sufrindo e traballando sen descanso, adicando o noso esforzo e saúde; arriscando e deixando en moitos casos até a vida. O nivel profesional vén determinado pola titulación, na mesma medida que as profesións que si están dentro do A1. O nivel de responsabilidade nas enfermeiras está fóra de toda dúbida, pois non hai maior responsabilidade que a que nos supón coidar da saúde do pobo ou das vidas humanas que temos nas mans.

Enfermeiras nun hospital galego © Enfermeiras en loita

Esta inxustiza histórica representa unha evidente discriminación cara unha profesión maioritariamente de mulleres, que durante toda a pandemia levamos padecendo, sufrindo e traballando sen descanso, adicando o noso esforzo e saúde; arriscando en moitos casos até a vida

As enfermeiras exiximos a todos os colexios de enfermaría que presionen aos distintos gobernos e administracións a ser incluídas no grupo profesional A1, e que se nos deixe de tratar como persoal de segunda.

As consecuencias desta situación que padecemos aféctanos ao desenvolvemento profesional e ao salario que recibimos, impedindo o acceso a determinados postos dentro do ámbito da sanidade. Alén diso, mentres un economista, un avogado, un físico ou un psicólogo poden ser xerentes dun hospital, unha enfermeira ten vedado ese posto a pesar de estar preparada e cualificada para ocupar o cargo, ter as competencias de xestión e ter un título universitario totalmente equiparable ao do resto.

Levamos case dous anos coidando doentes, salvando vidas, e sendo as responsábeis da campaña de vacinación máis importante á que se ten enfrontado o mundo, baixo unhas condicións totalmente calamitosas

Por iso, as enfermeiras galegas instamos a loitar contra unha normativa obsoleta e un agravio directo á nosa profesión, un máis se cabe, logo de que nesta pandemia a responsabilidade e as competencias das enfermeiras do noso país ficaran fóra de toda dúbida.

Levamos case dous anos coidando doentes, salvando vidas, e sendo as responsábeis da campaña de vacinación máis importante á que se ten enfrontado o mundo, baixo unhas condicións totalmente calamitosas, onde nos puxemos en risco polos doentes e onde fomos a profesión sanitaria que mais contaxios ten sufrido ao ter que traballar moitos meses sen a protección axeitada. Demos suor, bágoas, perdas de compañeiras... Todo para paliar o efecto

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.