Entendamos o medio ambiente dende o corazón

Este 5 de xuño, como cada ano dende hai 40, conmemórase o Día internacional do medio ambiente. Pero o certo é que en Galicia, non estamos para moitas celebracións. É máis que probable que este día abramos os xornais e vexamos unha páxina a todo color de publicidade da Xunta declarando “a bombo e platillo” que a protección do medio natural é unha prioridade para eles. Pero nada máis lonxe da realidade. O certo é que dende que Feijoo chegou ao goberno, o medio ambiente “esfumouse” das axendas de Raxoi.

En Ourense coñecemos ben esta realidade. Os tres espazos naturais da provincia que ostentan a categoría de Parques Naturais (Serra da Enciña da Lastra, Invernadoiro e Baixa Limia-Xurés) agonizan á espera de que se elaboren e poñan en marcha os seus planes de actuación

En Ourense coñecemos ben esta realidade. Os tres espazos naturais da provincia que ostentan a categoría de Parques Naturais (Serra da Enciña da Lastra, Invernadoiro e Baixa Limia-Xurés) agonizan á espera de que se elaboren e poñan en marcha os seus planes de actuación. Cando os miramos desesperanzados e reclamamos unha política forestal baseada na prevención e non na extinción, obtemos como única resposta da Xunta o seu compromiso de seguir indeferentes. Esta irresponsabilidade aínda nos quebra máis cando na peor sequía que se recorda en Galicia en moitos anos, asistimos abraiados á redución de medios materiais e a despedimentos de gran parte dos brigadistas.

Mentres aos ourensáns e ourensás se nos enchían os ollos de bágoas e pechábamos forte de rabia os puños ao ver como as lapas arrasaban a nosa provincia ao seu paso, o Conselleiro miraba para o ceo rezando para que chovera, e o delegado territorial da Xunta en Ourense disfrutaba dun partido no Santiago Bernabeu

E é que o goberno de Feijoo vive aillado da realidade. E bo exemplo delo é que mentres aos ourensáns e ourensás se nos enchían os ollos de bágoas e pechábamos forte de rabia os puños ao ver como as lapas arrasaban a nosa provincia ao seu paso, o Conselleiro miraba para o ceo rezando para que chovera, e o delegado territorial da Xunta en Ourense disfrutaba dun partido no Santiago Bernabeu.

A xestión dos residuos tampouco escapa a esta manifesta incompetencia.Tras crear baixo o mando de Fraga un modelo de xestión que xa estaba obsoleto antes de poñerse en marcha, o goberno de Feijoo mantén unha desastrosa política de residuos centrada na ubicación dunha incineradora no municipio do Irixo, que apareceu como por parte de maxia entre os folios dunha proposta para o concurso eólico. Aproveitan a grave situación económica e social que atravesa Ourense, con miles de persoas desempregadas  que desbordan a capacidade dos Bancos de Alimentos e das ONG´s, e insultan a intelixencia de tódolos ourensáns e ourensás cando pretenden vendernos a instalación como unha gran oportunidade para a creación de postos de traballo. De verdade queren crear “empregos verdes”? pois saquen dese caixón da Consellería o proxecto do parque empresarial da reciclaxe de Carballeda de Avia impulsado polo anterior goberno da Xunta.

Este goberno nin sequera é quen de manter os proxectos xa comezados

Este goberno nin sequera é quen de manter os proxectos xa comezados, e non lle tembla o pulso ao paralizar ás obras do Centro de interpretación de Parques Naturais de Ourense, e privar así a nosa cidade de convertirse na referencia da difusión e estudo da rede de parques naturais de Galicia.

A verdade é que, aínda que Feijoo non a queira escoitar, a natureza está falando. Está berrando para chamar a atención a un goberno que so entende a linguaxe económica e da espoliación, e que é incapaz de ver que o medio ambiente hai que entedelo dende a cabeza, pero sobre todo dende o corazón.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.