Pois si, dentro de moi pouco tempo os libros de historia e os de política contarán que un día naceu un proxecto político chamado Podemos, como xa algunhas mentes privilexiadas se aventuraron a dicir.
E si, foi e é un proxecto que non cesa de medrar e que as cabezas visibles do mesmo estaban (e o seguen a estar) colmados de virtudes. Pero tamén de defectos. Porque antes que seres políticos somos seres humanos. E claro que se falará do momento fundacional en Vistalegre e de que foi, e así se fixo, o proxecto, que non partido, que asegurou levar o espírito do 15M ás institucións.
E falarán ditos libros dos éxitos electorais, o auxe nas distintas administracións e falarán tamén, porque así son os tempos, da continúa intención de romper e esmagar dito proxecto. Non só dende as cloacas da Moncloa, senón tamén por entes internos que entenderon que as liñas marcadas pola militancia, non ían en consonancia ás aspiracións persoais de ditos entes.
Pero claro, ditos libros nunca poderán dicir. o que organicamente sucedeu en este proxecto. Nas distintas comunidades autónomas e nas distintas provincias na que dito proxecto se afianzou. Porque lonxe de debilitar e emporcar as persoas e órganos de dito proxecto, quenes dende dentro buscaban dinamitalo o que fixeron foi limpalo e consolidalo.
E haberá quen ou quenes digan que lonxe de limpar ditos órganos e de buscar fórmulas de democracia interna e ampla o que se fixo foi facer políticas aniquiladoras de pluralidade. Pero o que esa xente entende por pluralidade redefínese na realidade como “narcisismo adulador”.
Tamén dirán quenes critican sempre e se perden en loita de egos e que con pouco traballo, ou nulo, poden avalar as súas críticas, que non se dan fórmulas internas de democracia interna susceptibles de garantir a representación de todas as familias e sensibilidades. O que non entenden estas mentes privilexiadas e que traballando polo proxecto, aportando na medida que cada quen pode, xa cada quen está representado no proxecto. Limitar a representación das distintas sensibilidades e familias a ter postos de saída ou cargos, entendo iso como participación deixa en clara evidencia a quen se queixa de esa pouco adecuada democracia interna cando o que está reclamando é ser a cabeza e voz visible de este proxecto.
E como na vida mesma, nos proxectos políticos a confianza non só hai que gañala, senón que hai demostrala.
Xa centrándonos no eido territorial e no que en Galiza pasou con Podemos, da súa confluencia no partido instrumental de En Marea, un éxito total no campo electoral pero un fracaso demostrado en termos orgánicos, o proxecto de Podemos Galiza reforzouse pese a todo.
Pese a ruptura do espazo que representou a esquerda galega plural e mestiza, Podemos e a súa militancia soubo manterse e gañar o pulso da división.
E as problemáticas e paus nas rodas que se puxeron a nivel galego, afectou tamén a nosa provincia Ourense.
Estamos no feudo do populares, do caciquismo Baltariano que campa ás súas anchas por toda a provincia, nos concellos e na deputación. E en territorio hostil, coma este, é moi difícil dar a cara e ser voz de quen non a ten para loitar por proxectos como o noso.
É moi difícil denunciar a precariedade laboral, os enchufismos do señor Baltar pai, os enchufismos nos concellos pequenos do rural onde ir en contra do alcalde ou alcaldesa de quenda é case unha falta de respecto a dit@ lugartenente e che pode complicar a vida e a da túa familia.
É difícil dar a cara nunha provincia onde si un presidente da deputación ofrece un posto de traballo a cambio de sexo, si se denuncia, despois dita denuncia se arquiva.
É difícil queixarmos publicamente de un Ourense cada vez máis abandonado e esquilmado onde Xunta e a deputación asesóranse con ENCE para facer modificacións na lei de montes.
Claro que é difícil. Como non vai ser. Vivimos rodeados de capitalismo rancio. Rodeados de políticas caciquís e neoliberais. É moi difícil, xa o sabemos, pero hai xente que o fai. E o fan expóndose a que se tomen represalias. A custo de expoñer a súa vida privada, o seu traballo, ás súas amizades ou a súa familia. E o fan porque o cren preciso. Porque cren que pode haber un Ourense mellor, un Ourense con futuro onde criar as súas fillas, onde as mulleres non teñan que saír con medo a calle ou simplemente, que ningunha persoa teña que decidir entre pagar a luz ou comprar un medicamento.
Claro que hai xente así, e aínda que os libros de política as mencionen ou non, o proxecto de Podemos nace de estas persoas. E en Ourense claro que é así. E esta xente milita nos círculos que temos na nosa provincia. E tamén no círculo da nosa cidade.
Non, en Ourense non somos círculos nin inertes nin ineficaces. Somos círculos conformados con por xente que ten que loitar contra a inmensa maquinaria e os case ilimitados medios de outros partidos, os partidos do réxime. Pero somos xente as que conformamos eses círculos, as que integramos este proxecto, que suplimos esas carencias con moito, moito traballo. Un traballo que nos avala e nos respalda alí por onde vamos. Que lonxe de buscar o cargo ou o “puestiño”, esa interpretación errada que fan algunhas de “representación de todas as familias”, o que buscamos é defender os dereitos da xente do común. E con ese traballo, moitas veces dende o anonimato pero sempre con moito orgullo de levalo a cabo, obtemos a mellor recompensa que podemos ter: que o noso proxecto sume.
Porque haberá quenes traballen en segunda, terceira ou última fila e tamén haberá quenes poñen a cara e a voz nas institucións e traballen e aporten dende alí. Pero tan importante é o que aportan as primeiras como o que aportan as segundas. Pero para encabezar tes que ter a confianza da xente coa que traballas. E a confianza como xa dixen a parte de gañala hai que saber consolidala.
Se alguén pensa que ten que encabezar ou liderar un proxecto en Ourense, ou en calquera outro sitio, polo feito de ser quen é, “porque yo lo valgo”, sen traballar polo proxecto, sen aportar, sen sumar, dividindo, dinamitando e pondo paus nas rodas sempre que se intenta construír, entón equivocouse de bando. Augúrolle un gran futuro a quen pense así no PP, na súa marca branca ou no partido do dicionario....