Nos últimos tempos os organismos internacionais mais relevantes non paran de gabar a boa marcha da economía española.
Que din os organismos internacionais?. O FMI (Fondo Monetario Internacional) sitúa a España “como a gran economía avanzada que mais medra e faino por segundo ano consecutivo”. O BCE (Banco Central Europeo) afirma que a zona euro foi quen de capealo temporal no actual entorno en boa medida “grazas ao excepcional desempeño da economía española”. Pola súa parte a OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenrolo Económico) prevé que a economía española medre un 2,6% este ano, previsións que superan a media da eurozona e as grandes economías desenroladas como Estados Unidos, Gran Bretaña, Canada, Australia e Xapón.
Luces……….
Vexamos que nos din as estatísticas macroeconómicas mais relevantes e empecemos polo que durante décadas foi o maior problema de España: o baixo nivel de emprego e, como consecuencia, o elevado desemprego. Pois ben, dende que o señor (Pedro) Sánchez está na Moncloa (2018) ao día de hoxe o emprego en España acadou cifras espectaculares: 22.387.100 ocupados (EPA 3ºT 2025) que supoñen case 3 millóns de empregos mais que en 2018. Pola súa parte o desemprego baixou en 713.000 pasando do 14,5% ao 10,4% -4 puntos-. Resultados globais que non poden por mais que cualificarse de positivos aínda que a taxa de desemprego sega sendo alta.
Un crecemento do emprego e unha caída do desemprego que se apoian na boa marcha xeral da economía española. Durante estes anos de goberno progresista (PSOE/Sumar ao que habería que engadir os anos en que Podemos estivo no goberno) o PIB español, en termos reais -axustado á inflación- tivo un crecemento medio anual do 0,3% -o PIB do 2024 foi un 2% superior ao 2018- pero
para unha mellor comprensión desta evolución hai que ter en conta o forte impacto da pandemia que provocou unha caída do PIB no ano 2020 do 11%. Caída da que se recuperaría para lograr un crecemento medio (2020-2024), sempre en termos reais, do 2,6%: o PIB do ano 2024 foi un 13% superior ao de 2020 o que reflicte unha importante recuperación da economía en términos de crecemento.
A evolución moi positiva do emprego, a suba do SMI, a reforma laboral que permite un maior protagonismo das centrais sindicais favorecen que a participación das rendas de traballo na riqueza nacional medre nos últimos anos (45,4% no 2018, 47,9% no 2024) mentres baixa a das rendas de capital (44,2% no 2018, 42,3% no 2025). En relación a este último hai que distinguir entre as diferentes rendas de capital e así mentres o marxe bruto das entidades financeiras e os alugueiros de vivendas acadan máximos históricos os beneficios das sociedades non financeiras parecen estancados.
Unha das materias pendentes da economía española veu sendo, dende fai décadas, a produtividade que en ese tempo se mantiña, en relación cos estados europeos do noso entorno con riqueza parecida, en clara desvantaxe (67% con relación ao Alamana, 66% a Francia e 77% a Italia). Neste marco é xusto recoñecer que nestes anos de crecemento económico, posteriores a pandemia (2021-2024), as diferencias reducíronse de xeito notable pois deuse unha recuperación por riba da media europea (Alamana: -20,3%, Francia: -7,2%, Italia: -22,3%) o que parece reflectir unha certa converxencia. Un crecemento da produtividade que a nivel de sectores parece concentrarse basicamente en tres ramas: manufacturas (con contido tecnolóxico alto/medio-alto) servizos (comercio, transporte e hostaleira), servizos profesionais e administrativos.
Un dos factores a analizar sempre e como afecta a marcha económica aos diferentes sectores. Si, por caso, a boa marcha da economía beneficia a quen están na franxa media e baixa do espectro económico. O datos non deixan lugar as dúbidas: a pobreza en España se reduciu a mínimos nesta última década: 12,5 millóns de persoas en risco de pobreza e/ou exclusión, que resulta sela cifra mais baixa dende 2014. Cifra que confirma como os importantes incrementos no gasto publico social teñen efectos beneficiosos para os mais desfavorecidos e como o estado de benestar en España evitou que 11,1 millóns de persoas caesen na pobreza. Evidencia que confirma o índice de Gini -o mais utilizado para medila desigualdade- que no ano 2023 alcanzou un dos niveis mais baixos de sempre: 32,1 (34,7 no 2018).
...e sombras da economía española
En relación ao nivel de vida, analizado por medio da evolución do PIB per cápita o seu crecemento no período considerado, e de novo axustado a inflación, foi negativo pois tivo unha caída do 2,5%. Si agora, como fixemos antes, miramos o período posterior a pandemia (2020-2024) comprobamos que a recuperación nese tempo é mínima (0,5 puntos) o que fai que o PIB/per capita do 2024 sexa un 2% menor ao de 2020. Un dato moi importante a considerar pois indicaría que a recuperación da economía española non ten o seu reflexo equivalente no nivel de vida medio dos españois, unha evidencia que pode implicar maior desigualdade de rendas.
A evolución do salario medio real confirma o subliñado anteriormente pois o seu valor no ano 2024, de novo en termos reais, está claramente por baixo do de 2018 (91,2%). Dato que unido ao anterior referido ao PIB/per cápita ven a reflectir que o crecemento da economía española ten unha das súas bases na contención salarial (devalación interna) e nunha importante diferencia entre as rendas do traballo e as de capital e entre as propias rendas salariais. A diferencia entre o salario real medio mais baixo (15.600 euros brutos anuais) e o medio mais alto (32.313,7 euros) e moi grande en España entre outras razóns por que o 50% dos traballadores teñen un salario inferior ao 23.350 euros anuais.
A evolución positiva do emprego non pode ocultar unha realidade non tan positiva, dúas sombras, no mercado laboral: o desemprego xuvenil que segue a ser moi elevado: 25,42%, e o desemprego feminino: 12,11 claramente mais alto que o masculino (8,97%). En relación ao mocidade esta persistencia dun elevado desemprego, ao que teríamos que sumar a precariedade laboral, terá consecuencias futuras tanto para ela como para o conxunto de pais. Sombras as que debemos engadir a elevada precariedade laboral: case a metade dos asalariados (42,!% a finais do 2024) teñen un emprego precario, unha realidade que apenas se modificou (7,5 millóns no 2017, 7,6 millóns no 2024) e que afecta moito mais a traballadores con estudios superiores (47,5%) que a traballadores con estudios primarios (5,5%). Unha situación que deberá preocupar para o futuro pois levará a que cando o ciclo económico entre nunha fase recesiva, que entrará, se multiplique exponencialmente o desemprego.
Si mais atrás sinalábamos os efectos positivos das políticas públicas en materia de igualdade e pobreza, esas evidencias non deberan ocultar unha dobre realidade non tan positiva. A primeira que España con 2,3 millóns de nenos, nenas e adolescentes pobres soporta a taxa de pobreza infantil mais alta da Unión Europea. A segunda que España é o segundo estado da Unión Europea mais desigual: mentres o 50% mais pobre so posúe o 6% da riqueza neta do estado o 5% mais rico posúe o 43% Datos que mostran como as políticas públicas de benestar aínda non acadan a intensidade suficiente para protexer a tódalas persoas que viven en condicións mais precarias. Unha situación de precariedade e desigoaldade a que nos últimos anos está contribuíndo decisivamente a amarga realidade do mercado da vivenda.
Un balance desigual .......
Tendo en conta o anterior, en base ao que nos din as estadísticas mais fiables, non podemos por mais que sinalar que o balance global da marcha da economía en España é desigual. Que si ben certas cifras macroeconómicas son positivas -maiormente as que fan referencia a demanda agregada-, incluso podemos dicir que moi positivas -como sucede con variables claves como as que afectan a demanda interna-, tamén é certo que si pensamos que a economía debe estar ao servizo da sociedade e que as políticas públicas deben atender a quen mais o necesita, entón o balance presenta luces e sombras. Si ademais se busca un auténtico cambio de paradigma, nese caso as políticas públicas deberían ter postas as “luces longas”, algo que non é o caso como podemos comprobar pola evolución dos distintos sectores produtivos e o seu peso no VEB global. Evolución na que cabe destacar o reducido peso da industria -10,8%: que se mantén en todos estes anos- a prol dun sector servizos sobredimensionado -68,7%- e no que destacan o comercio, o transporte e a hostalería sectores que xeran pouco valor e riqueza.
A debilidade do que debería ser un motor da economía española -a industria- lastrará o crecemento da mesma que ademais precisaria, por caso, dun maior investimento en I+D que si en 2024 (1,50% PIB) tivo un importante crecemento con relación a anos anteriores (2018: 1,23%) aínda queda moi lonxe tanto da media na UE (2,25%) como dos estados europeos que mais invisten (Suecia: 3,57%, Bélxica: 3,36%, Alamana: 3,13%).
......pero satisfactorio
Sin deixar de tomar como base os datos aquí recollidos -que reflicten luces e sombras da economía española- a hora do balance non podemos facer táboa rasa de onde vimos e cales eran os maiores problemas que agochaba a economía española -como por caso o do emprego e o benestar social- así como o impacto de factores externos -como a pandemia, a inflación e a guerra en Ucraína-, factores negativos dos que parece que a economía española se repuxo. E o fixo dunha forma que, con toda seguridade, non esperábamos e que dende os organismos internacionais se toma incluso como referencia.
Si ademais temos en conta o actual contexto internacional que presenta, tanto dende o punto de vista económico, como medio ambiental e xeoestratéxico, unha realidade cando menos complicada. Entón deberíamos ter claro que en España estamos diante dunha oportunidade histórica que non deberíamos desaproveitar. Unha oportunidade cuxa resolución dependerá da actitude dos distintos axentes económicos, políticos e sociais. Desgraciadamente as dereitas españolas (PP, Vox) parecen ter optado polo enfrontamento e o cainismo o que tarde ou cedo afectará a economía que nese escenario non poderá funcionar como precisa e sería posible.