“Os israelís coñecen como Guerra de independencia a de 1948. Para os palestinos é a <<Nakba>>, a «catástrofe» posto que o seu resultado foi un dos procesos de limpeza étnica mais amplos e dramáticos do noso tempo: preto dun millón de palestinos foro obrigados a emigrar a punta de fusil, abandonando as súas terras, os seus bens os seus fogares: houbo matanzas de civís como as de Deir Yassin, e centos de poboados foron destruídos deliberadamente” (ILAN PAPPÉ: “A limpeza étnica de Palestina”)
Hoxe, case oito décadas despois estamos asistindo en Gaza a unha nova Nakba, un novo episodio de limpeza étnica cos mesmos actores. Por unha parte as vítimas: os palestinos, pola outra os verdugos: os israelís. Neste dramático e cruel escenario un non pode por mais que alzala súa voz.
Eu acuso a Israel de estar provocando outro Nakba contra os palestinos. Un novo crime contra a humanidade, unha nova inxustiza histórica. Eu acuso Israel de non querer a paz en Oriente Medio ao non recoñecer os dereitos dos palestinos a ter un fogar na súa propia terra e obrigarlles a vivir un éxodo permanente e eterno.
Eu acuso a Israel de seguir ocupando territorios, de construír novos asentamentos israelís en zonas ocupadas por palestinos. Unha política que consciente e deliberadamente busca impedir a solución de dous estados -Palestina e Israel- que conduzan a una paz duradeira na zona.
Eu acuso a Israel de estar violando continuamente un dereito internacional -as resolucións das Nacións Unidas, a IV Convención de Xenebra- que considera ilegal a súa política de ocupación de territorios palestinos así como un acto de xenocidio a súa actuación militar en Gaza.
Eu acuso a Israel de levar décadas sometendo ao pobo palestino a limitacións nos seus desprazamentos, a un difícil acceso as súas terras e recursos, a unha total falta de liberdade para finalmente, como estamos vendo agora en Gaza y antes en Palestina, obrigarlles por vía militar a abandonar as súas terras,
Eu acuso a Israel de non respectar os dereitos dos prisioneiros palestinos que se amorean nas súas cadeas. Prisioneiros entre os que hai nenos/as que son sometidos a torturas e a malos tratos. Actos que supoñen continuas violacións dos dereitos humanos e do dereito internacional.
Eu acuso a Comunidade internacional, con Estados Unidos a cabeza, de non usar a súa influencia para premer a Israel e que este deteña o actual xenocidio en Gaza, a política de construción de novos asentamentos en Cisxordana e Xerusalén Leste, e a que entaboe negociacións cos palestinos.
Eu acuso a Comunidade Internacional por non preocuparse como debera e non prestar mais atención ao que está actualmente pasando en Gaza, onde asistimos a un xenocidio que ten como vítimas principais a nenos e nenas palestinas para o que o exercito israelí esta utilizando armas compradas a Estados Unidos e a Unión Europea.
Eu acuso aos Estados Unidos de apoiar militar e economicamente a Israel sostendo así a súa política de exterminio do pobo palestino. Un apoio con o que Estados Unidos busca protexer mellor os seus intereses en Oriente Medio que teñen moito que ver coas reservas petroleiras e de gas na zona.
Eu acuso aos Estados Unidos de que co seu apoio a Israel pon os intereses comerciais da súa industria armamentística por diante do dereito a vida dos palestinos.
Eu acuso aos Estados Unidos de pensar mais nos votos da comunidade xudía estadounidense, fortemente vinculada a Israel por lazos culturais e históricos, que nos dereitos históricos do pobo palestino e na paz en Oriente Medio.
Eu acuso a Unión Europea de non querer comprender as razóns sociais e políticas que favoreceron a aparición de Hamás e de que esta organización política se convertera na forza maioritaria nos territorios palestinos.
Eu acuso a Unión Europea de ter a súa cota de responsabilidade na crecente imposibilidade de que existan dous estados, Israel e Palestino, convivindo en paz e seguridade dando así unha resolución xusta e duradeira ao conflito palestino-israelí.
Eu acuso a Israel, Estados Unidos e a Unión Europea de seren, por activa ou por pasiva, culpables de que se estea producindo o maior infanticidio da historia da humanidade en Gaza e unha nova operación de limpeza étnica en Palestina.
Estas acusacións xorden froito de indignación ao ver o que está sucedendo en Gaza, e tamén en Cisxordana, e da conciencia sobre a responsabilidade que nesta nova Nabka teñen as entidades políticas as que acuso -Israel, Estados Unidos, a Unión Europea-. Responsabilidade por activa -no caso das dúas primeiras -Israel e os Estados Unidos- como directos causantes do xenocidio e a limpeza étnica e por pasiva -no caso da Unión Europea- por non utilizar toda a súa influencia para impedir, ou cando menos denunciar tal magnicidio.
Son consciente de que estas acusacións miñas poden escandalizar, incluso molestar a non poucos/as cidadáns/as de boa vontade. O lamento pero eu non me podo calar diante de esta barbarie que, por outra parte, de novo nos intentan ocultar. Unha barbarie que está na orixe e no centro dos actuais problemas de Oriente Medio. Unha barbarie que atenta contra os meus principios.
E como son consciente asumo as miñas responsabilidades.