A ninguén nos pasa desapercibido que a homofobia ainda está moi presente na nosa sociedade. Hai quen se esforza en solapala debaixo dunha capa branqueada de falsa tolerancia, pero que non e quen de evitar que, de cando en vez, aflore do xeito mais mezquino, porque craro, finxir indefinidamente é imposible.
Se hai un momento no que esto adoita suceder, é en datas coma estas, nas que, ante as celebracións que reivindican o dereito a amar libremente, non poden evitar que todo o lixo que acumulan o resto do ano, saia á superficie. A min tampouco me gustan demasiado este tipo de eventos, pero non me interpretedes mal. Non me gustan porque son a evidencia de que aínda son precisos, e porén, de que algo ainda vai mal, moi mal.
Eu xa teño unhos cantos anos, e, non sei se por ignorancia ou por unha inxenuidade que xa non se leva, aínda non son quen de entender que delito hai en querer, independentemente do sexo da persoa a que ames. Ainda non comprendo a razón pola que se cuestiona a sexualidade das persoas e mesmo se lles castiga por ela se non se axusta a o “correctamente” establecido, e ainda menos comprendo quen fixou as normas, quen dixo o que estaba ben e o que estaba mal.
O amor e sentimento, e espontaneidade, e as persoas non somos máquinas ás que se nos poida programar para sentir do xeito que se nos impón. Algúns pensaredes que estou a falar de algo que non é a miña competencia. Eu creo que si o é, porque rexeitar a unha persoa, humillala e sinalala por razón da sua sexualidade é un xeito de violencia.
Negarlle a unha parella o seu dereito a ser pais ou nais porque non se axustan aos esquemas establecidos pola “xente de ben” e, ademais dunha inxustiza, unha flagrante discriminación, e a evidencia dunha estreitez mental que non consigue asumir que o que un neno ou unha nena precisa nunha familia e AMOR, con dous pais, duas nais ou pai e nai....Qué mais ten?.
Non podo por menos que cuestionar unha xustiza que, en moitas ocasións, non dubida en poñer a vida dun menor nas mans dun pai maltratador, facilitándolle as visitas, e non lle consente a unha parella con unhas bases sólidas exercer o seu dereito a formar unha familia soamente porque son do mesmo sexo
Non podo por menos que cuestionar unha xustiza que, en moitas ocasións, non dubida en poñer a vida dun menor nas mans dun pai maltratador, facilitándolle as visitas, e non lle consente a unha parella con unhas bases sólidas exercer o seu dereito a formar unha familia soamente porque son do mesmo sexo e non se axustan a os canons establecidos.
Eu son nai, e para o meu fillo, o mesmo que para min coma muller, coma persoa, sempre desexei que ame, e si, que ame do xeito “correcto”, e , sabedes cal penso que e o xeito “correcto”? Eu creo que o xeito “correcto” de amar e aquel que che fai brilar os ollos cando ves a persoa a que amas, o que che fai vibrar, o que consigue que desexes compartir a tua vida, as tuas inquedanzas, as tuas alegrias e tamén as tuas mágoas con esa persoa.
O xeito “correcto” de amar e sentir que o darías todo por esa persoa, e que ese sentimento e algo recíproco. O xeito “correcto” de amar é respeto, comprensión, e, por riba de todo, AMOR. Heterosexual, lesbiana, gay, transexual... Son soamente conceptos, etiquetas, coas que evidenciamos que toda esa palabrería ca que as veces tentamos alardear de mente aberta, fica neso, en palabrería.
Ogallá chegue ese día no que reivindicar a nosa sexualidade, a nosa liberdade, sexa algo innecesario. Mentras, a todos vos, o mesmo que para min, deséxovos que amedes... E que amedes ben!.