Ferrol: as augas turbias da política

Se algo quedou claro dende o pasado 16 de xullo cando saltou a alarma pola contaminación da auga en Ferrol (Ares, Mugardos, Fene e Narón) é que o Partido Popular ten diante os seus intereses partidistas (sacando rédito político) antes que a saúde pública dos 150.000 cidadáns afectados por esta cuestión.

Dende o primeiro momento a actitude da Xunta de Galicia (máximo organismo competente neste asunto) estivo entre o abandono institucional, o insulto e o desprezo

Dende o primeiro momento a actitude da Xunta de Galicia (máximo organismo competente neste asunto) estivo entre o abandono institucional, o insulto e o desprezo. A primeira xa foi a conselleira de Sanidade Rocío Mosquera que o mesmo día pola tarde en lugar de trasladarse á cidade e formar parte do gabinete de crise, fai unhas declaracións con insinuacións tentando desgastar ao goberno de Ferrol culpando a Jorge Suárez da situación. A Consellería de Sanidade o xoves pola tarde, o único que fixo foi publicar un comunicado (panfleto político) culpando fundamentalmente ao alcalde, pero non explica porque pasaron 10 días entre que a Xunta tivo notificación e o aviso aos alcaldes.

Pasadas 48 horas dende que saltou a situación de emerxencia (para a Xunta non recibe esta denominación) reaparece a consellería para negar a declaración de zona de emerxencia (negando medios humanos e materiais ao concello que tivo que costear a auga para a cidadanía) para insultar ao concello.  O insulto é que Sanidade se comprometera a mandar a información previamente ao concello antes de facela pública, pero o alcalde tivo que acudir a unha rolda de prensa para coñecer as novas informacións (a explicación é que tiñan mal anotado o número do alcalde, cando xa falaran con el en varias ocasións). Por outra banda tiveron que escoitar cualificativos como “pandilleros” ou “envenenadores” e de membros do PP de Ferrol e das máis altas instancias da Xunta. Logo de non aparecer dende que se restrinxiu o consumo e tendo os concellos que dispoñer de medios propios. O domingo 18 de xullo, 72 horas despois a Xunta decide aparecer e propón crear unha comisión de seguimento.

A cata da Xunta en Ferrol foi nunha oficina da cuarta planta do edificio da Xunta, servizos farmacéuticos, de pouco uso e menos en fin de semana, co que a rede de auga non se moveu. O valor superou os 130. Que cadaquén saque as súas conclusións

É importante neste aspecto destacar tamén o papel de medios de comunicación como a Galicia Ártabra Dixital ou a COPE que o mesmo día que salta a noticia culpan ao alcalde por ser presidente de EMAFESA, sen mencionar que Rey Varela está tamén no consello de administración. A Xunta de Galicia e a conselleira de Sanidade mercan este argumento e afirman que o alcalde como presidente tiña que coñecer estes datos (e polo tanto envelenou con aleivosía a 150.000 persoas), pero ninguén explica por que pasaron 10 días entre que EMAFESA envía os datos ata que a Xunta da alarma aos concellos. Tampouco explica por que a Xunta de Galicia non estivo dende o primeiro momento no gabinete de crise, por que denega a declaración de emerxencia, por que os informes técnicos de Emafesa e a Xunta o sábado difiren por completo ou  por que levantou o veto primeiro a todos os concellos excepto en Ferrol.

A Consellería só tomou unha única mostra por concello. Os técnicos de Emafesa tiñan múltiples datos de laboratorios acreditados con valores moi inferiores. A cata da Xunta en Ferrol foi nunha oficina da cuarta planta do edificio da Xunta, servizos farmacéuticos, de pouco uso e menos en fin de semana, co que a rede de auga non se moveu. O valor superou os 130. Que cadaquén saque as súas conclusións

Como podemos ver nesta crise que os alcaldes xestionaron ben, a Xunta de Galicia moveuse no terreo da deslealdade política, levando  unha especie de vinganza pola perda do concello de Ferrol nas pasadas eleccións. O PP amosa que o seu non é un problema de comunicación senón un problema de entender a política como un cortello propio.

Como podemos ver nesta crise que os alcaldes xestionaron ben, a Xunta de Galicia moveuse no terreo da deslealdade política, levando unha especie de vinganza pola perda do concello de Ferrol nas pasadas eleccións

Ninguén dubida que se estivera Rey Varela ao fronte, a alerta sanitaria non tardaría 10 días, Feijoó estaría o xoves pola tarde na cidade, e a culpa a levaría quen sabe quen...e por suposto a declaración de emerxencia estaría dende o primeiro día. Non entendo se unha alerta sanitaria que tivo 4 días a xente sen acceso á auga potable ben común preciso (e que afectou a distintos sectores económicos nunha zona xa moi castigada; hostalería por exemplo) non require a declaración da zona de emerxencia.

Cando a deslealdade, a vinganza e os intereses particulares fan bandeira da túa política o que sae como resultado é un goberno de amigos no que a cidadanía só interesa como depósito de votos. Pero isto é máis grave cando está en xogo a salubridade dun ben común como a auga, e a saúde de 150.000 persoas, entón xa non é un goberno de amigos senón un goberno de irresponsables.

Emafesa coñece estes datos dende finais de xuño e ata o  día 6 de xullo non chegan á Xunta (en ningún momento houbo comunicación á alcaldía)

O papel de Emafesa tamén é digno de aparecer neste artigo, o mesmo xerente saíu nunha entrevista no xornal La Voz de Galicia dicindo que as mostras recollidas a finais de xuño tardaron porque houbo un problema na “catalogación” xa que a etiqueta de urxente “desapareceu”..., é dicir ¿a saúde pública de 150.000 persoas depende dun adhesivo ou etiqueta? Emafesa coñece estes datos dende finais de xuño e ata o  día 6 de xullo non chegan á Xunta ( en ningún momento houbo comunicación á alcaldía). Estas son as cousas que pasan cando convertes un servizo municipal, nun servizo mixto cunha parte privada (segundo o PP a imaxe da eficiencia). E por certo, da que é dono Florentino Pérez, como case todos os servizos “públicos” nesta cidade.

“Non coñecemos o valor da auga ata que está seco o pozo” (Proverbio inglés)

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.