Fíos de ouro no ar

Hai varios anos publiquei un artigo sobre Rodrigo Romaní; da súa presenza no Movemento popular da canción galega, como astro en Milladoiro e despois en solitario. Aquel día un compañeiro da infancia preguntoume por mensaxe se sabía que o músico perdera un dedo nun accidente doméstico. Quedei conmocionado pola casualidade e porque era a grande putada, a maior posíbel para un arpista. Parecíase á do pontevedrés Manuel Quiroga, violinista de reputación mundial, un dos mellores, atropelado en Nova York en 1938 e que nunca máis puido tocar.

O defecto faise virtude nas artes, ás veces. Cando Joan Miró vai cear á casa de Camilo José Cela ve alí un cadro coa súa sinatura, que é falso. Entón dille ao escritor que raxe o lenzo, á súa dona que o cosa e el repíntao. É O Cadro apuñalado, especialmente valioso. Paco de Lucía explicaba que unha soa micra de uña mal limada estraga un concerto, no entanto aquí produciuse o renacemento. O novo álbum de Romaní é tecnicamente perfecto, para alén da máxica creación.

Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.