O próximo día 4 de outubro o exprimeiro ministro de Israel Ehud Olmert presentará, baixo os auspicios do Foro La Toja, unha ponencia co título “¿Hacia un mundo sin reglas?”. Hai, sen dúbida, que felicitar aos organizadores do Foro pola elección de Ehud Olmert para desenvolver o tema proposto. Ehud Olmert primeiro ministro de Israel de xaneiro de 2006 a xullo de 2009, é, a todas luces, a persoa idónea para falar dun mundo sen regras; de feito toda a súa traxectoria política é unha precuela dese mundo sen regras que vai abordar na ponencia. Alcalde de Xerusalem de 1993 a 2003, a continuación Ministro, e finalmente primeiro ministro en 2006, a súa actuación está marcada polo ignorancia reiterada das regras establecidas polo dereito internacional e mesmo das leis do Estado de Israel. Empecemos por isto último.
Durante o mandato de Olmert tivo lugar a “Operación Chumbo fundido” na que durante 22 días, ata o 18 de xaneiro de 2009, o exercito israelí bombardeou, mesmo utilizando fósforo branco, e invadiu Gaza
Ehud Olmert dimitiu do seu cargo de primeiro ministro asediado por denuncias de corrupción, suborno e outras e, particularmente, polo caso Talansky. Como resultado das denuncias en setembro de 2012 foi condenado a un ano de cadea con suspensión de pena e unha multa de 14.800 euros, por abuso de confianza, no sumario coñecido como “Centro de investimentos” por ter beneficiado dende o Ministerio de Industria, Comercio e Traballo a un exsocio. Foi acusado de fraude, abuso de confianza e falsidade documental, entre outros, nos sumarios coñecidos como o“Rishon tours”, por doble facturación en viaxes ao estranxeiro, e “caso Talansky” por recibir suborno dun empresario estadounidense, caso este que desencadeou a súa dimisión como primeiro ministro, e polo que foi condenado.
Pero o caso que o levaría finalmente á cadea foi o “Holyland (Terra Santa)” por ter aceptado pagos para favorecer unha operación inmobiliaria durante a súa etapa como alcalde de Xerusalem. Condenado inicialmente a 6 anos de cadea, a pena foi reducida a 18 meses polo Tribunal Supremo de Israel “pola súa contribución a este país”; aos 18 meses sumaríase un máis por obstrución á xustiza, por ofrecer diñeiro á súa secretaria, Shula Zacken, para que non testificara contra el, acusación da que aceptou declararse culpable. En xullo de 2017 saíu da prisión despois de cumprir a pena. Máis recentemente, continuando o seu periplo polos tribunais israelís, en 2022 foi condenado por difamación de Benjamin Netanyahu, a súa muller e fillos, aos que calificou “enfermos mentais”.
A Oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos concluíu que “importantes probas indican a simple vista que durante a operación militar houbo violacións graves do dereito internacional humanitario, así como violacións manifestas dos dereitos humanos”
En canto ao cumprimento das regras do dereito internacional lembrar que no o seu mandato como primeiro ministro tivo lugar no ano 2006 a “segunda guerra do Libano”, na que durante 34 días Israel bombardeou e invadiu o Líbano causando máis de 1000 mortes, a maioría civis, sen que o exército israelí acadara ningún dos seus obxectivos.
Tamén durante o mandato de Olmert tivo lugar a “Operación Chumbo fundido” na que durante 22 días, ata o 18 de xaneiro de 2009, o exercito israelí bombardeou, mesmo utilizando fósforo branco, e invadiu Gaza, provocando o primeiro día 270 mortos e un total nos 22 días de máis de 1400, a maioría civís.
En relación con estas accións a Oficina do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos concluíu que “importantes probas indican a simple vista que durante a operación militar do 27 de decembro ao 18 de xaneiro houbo violacións graves do dereito internacional humanitario, así como violacións manifestas dos dereitos humanos”.
Parece con todo isto evidente que o perfil de Eduh Olmert é o axeitado para falar dun mundo sen regras
A raíz destes feitos, en aplicación da Xurisdición Universal, países como Suíza abriron causas por crimes de guerra contra os dirixentes israelís, entre eles Ehud Olmert quen, en xullo de 2015 renunciou a unha viaxe de negocios a Suíza para eludir a xustiza helvética que ameazaba con arrestalo.
Este personaxe, para que non falte de nada, aparece como asociado nos rexistros do delincuente sexual Jeffrey Epstein, recentemente publicados pola Fiscal Xeral dos USA Pam Bondi.
Parece con todo isto evidente que o perfil de Eduh Olmert é o axeitado para falar dun mundo sen regras. Que membros do Goberno de España como Carlos Cuerpo , Ministro de Economía compartan foro cun personaxe como este, en lugar de arrestalo como planteaba a xustiza suíza, é máis difícil de entender.