GAL-ESPORT. A primeira Asociación Galega de Deportes Electrónicos

O equipo detrás de GAL-ESPORT, primeira Asociación Galega de Deportes Electrónicos © GAL-ESPORT

Estamos aquí. E facémolo por responsabilidade, e coa firme crenza de que os e-sports son máis que una moda ou un entretemento para pasar as tardes. É un xeito de entender as relacións sociais para millóns de mozos e mozas en todo o mundo. Unha nova profesión. Unha vía de escape en situacións límites, como aconteceu na pasada corentena.

Non o decimos nós. Tivo que vir a rectificar a ONU o concepto que tiña do uso dos videoxogos, e asegurar que xogar non é nada malo, sempre e cando fagámolo de xeito responsable.

Pero, delimitemos primeiramente. Se falamos de videoxogos, referímonos a todo tipo de xogos digitais, xogados e utilizados nalgún tipo de pantalla; isto inclúe ás máquinas recreativas, dispositivos portátiles, consolas e xogos de computadora. No caso dos e-sport ou deportes electrónicos, son ás prácticas de videoxogos con fins competitivos. Unha compenetración entre contido multimedia, deporte, información en rede e tecnoloxías de comunicacións (Hutchins, 2006) e que describe á súa vez o xogo de xeito competitivo a través da pantalla do ordenador e/ou consola, mediante varios dispositivos ou multipantalla.

Aínda que pode considerarse coma un fenómeno relativamente novo, o ano pasado a consultora Newzoo publicaba que había 198 millones de seguidores de los esports a nivel mundial e 2,9 millóns en España. Son cifras espectaculares que, tamén teñen un impacto económico inmenso:  o mercado global de esports alcanzou os 950 millóns de dólares de ingresos en 2019 e tiña unha previsión total de 1.100 millóns en 2020 (posiblemente en aumento debido ao impacto do COVID). Son cifras que medran, pero que aínda representan menos do 1% dos ingresos globais da industria do videoxogo (Asociación Española de Videojuegos).

 

E por que agora? E por que a nosa Asociación?

A propia dinámica dos e-sports crea comunidades de videoxogadores, que apostan por compartir en diversas plataformas as súas partidas, experiencias, dificultades…. Esta é una realidade que non poden obviar as Institucións Públicas. Estamos a mover na rede un número de usuarios/as e de espectadores meirande a moitos dos deportes con Federación existentes na actualidade.

Pensamos que en Galicia precisábamos un referente para artellar e relacionar a todos os colectivos que xa existen, pero que difícilmente poden a día de hoxe colaborar. Precisamos poñer en contacto aos milleiros/as de xogadores para esixir que os esports teñan neste Estado a consideración de deporte. Este recoñecemento, que xa existe en varios países (incluso como futuro deporte olímpico) é imprescindible para acollernos a una regulación deportiva concreta. A partir de aquí, conseguir que o deporte medre. Nos vindeiros anos, o número multiplicarase e a idade media subirá, polo que é preciso ter una estrutura oficial.

Pero tamén, queremos que GALESPORTS sexa unha asociación referente pola nosa visión colectiva. Neste proxecto embarcámonos diversas persoas de diferentes procedencias. Máis nov@s, máis vell@s. xogadores/as semiprofesionais, adestradores/as, casters, pedagogos, managers, aficionados/as, … Unha diversidade que pide concienciar á cidadanía da necesidade de actitudes positivas respecto aos esport. Chegamos para quedarnos, e queremos que a convivencia sexa ideal. Isto inclúe potenciar a educación responsable respecto ao xogo nos esport, e as diversas relacións que na rede establecen os usuarios/as. Menos odio e máis deportividade. Innegociable.

Finalmente e, unha das primeiras necesidades que detectamos e na que temos que volcarnos será a de traballar no desenvolvemento de competicións igualitarias, traballando a prol da igualdade entre sexos na rede. Non comprendemos a nosa sociedade doutro xeito que non sexa este. 

Estamos moi orgullo@s de dar o primeiro paso. Agora quedades convidad@s a participar no noso proxecto. Insert Coin.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.