Ademais da inxusta lexislación supremacista a prol do castelán, coinciden as circunstancias cunha reiterada falla de atribución de recursos á Administración de Xustiza e coa moi grande dificultade práctica do uso do galego na Xustiza, por mor da imposibilidade práctica de tradución da actual versión da aplicación Minerva
Unha proba evidente das limitacións do noso sistema xurídico-político é a gravísima desigualdade xurídica do galego a respecto do castelán, alicerzada na Constitución de 19078, na que só se lle recoñece oficialidade en todo o Estado e máis o recoñecemento do deber de coñecemento ao castelán, fronte á simple cooficialidade do galego na Galicia e ao simple dereito da nosa poboación a coñecelo e usalo.
Das resultas deste desequilbrio, maxistratura, fiscalia e funcionariado xudicial, canda avogacía e procura poden refusar do uso do galego e mesmo escusar o seu coñecemento. Porén, as razóns do mínimo uso da nosa lingua galega na Administración de Xustiza no noso país (pouco máis dun 1% nas sentenzas) non se alicerza só nestas gravemente desigualitarias regras.
Non. Ademais desta inxusta lexislación supremacista a prol do castelán coinciden as circunstancias cunha reiterada falla de atribución de recursos á Administración de Xustiza e coa moi grande dificultade práctica do uso do galego na Xustiza, por mor da imposibilidade práctica de tradución da actual versión da aplicación Minerva, desenvolvida polo Ministerio de Xustiza e usada pola Xunta.
Velaí a necesidade de que os axentes sociais representativos da avogacía, da procura e do funcionariado xudicial galegas e os que artellan as persoas profesionais destes sectores que pulan a prol da lingua galega na Xustiza esixan-esixamos- de vez dos responsábeis da Xunta a urxentísima implementación do novo programa xudicial (Atenea) en lingua galega, de xeito que os profesionais poidamos facer xustiza- e a cidadanía recibila- na nosa lingua
Isto quere dicir, miñas donas e meus señores, que se a avogacía galega quere-queremos- facer uso do dereito de xusticiábeis e profesionais de esixir que que sexa o galego a lingua na que se desenvolva todo o proceso, tendo en conta a falla de medios materiais e persoais da Administración de Xustiza na Galicia e maila falla de tradución do vixente programa Minerva ao galego seica estaríamos a atrasar a administración xudicial e, xa que logo, a satisfacción dos lexítimos intereses das persoas que diriximos na reclamación dos mesmos.
Porque a razón principal-claro é que existen outras- da falla de normalización do galego na xustiza ( e máis do círculo vicioso da continuidade nesa falla de normalización) é a desaquelada admisión desa última versión intraducíbel do programa Minerva polos Centros Directivos da Xunta atinxidos (a Axencia tecnolóxica AMTEGA, a Dirección Xeral competente nos medios da administración xudicial e, en menor medida, a Secretaría Xeral de Política Lingüística), que impiden na práctica que o funcionariado xudicial galego escriba na nosa lingua propia sen o sacrificio dunha grande perda de tempo que nin nos nin as persoas xusticiábeis temos.
Velaí a necesidade de que os axentes sociais representativos da avogacía, da procura e do funcionariado xudicial galegas e os que artellan as persoas profesionais destes sectores que pulan a prol da lingua galega na Xustiza esixan-esixamos- de vez dos responsábeis da Xunta a urxentísima implementación do novo programa xudicial (Atenea) en lingua galega, de xeito que os profesionais poidamos facer xustiza- e a cidadanía recibila- na nosa lingua. E dende xa.