Galiza nosa

Galiza soberana, país de seu, formento de liberdade, onde mulleres e homes teñan capacidade de iniciativa, lucidez e amor no futuro; presente de fartura e liberdade, de igualdade, de irmandade; vello desexo naqueles anos 1900 de Irmandades, herdanza revolucionaria do 1789. Cómpre hoxe traballar arreo na busca dun plan de confluencia e traballo político común; pois o que está en perigo non é un sector economico, unha actividade cultural, un anaco do territorio, un servizo público, o que se derrama é a mesma existenza da Galiza como país, como espazo comun de vida e cultura; a demografía que esmorece, as persoas mais formadas, en idade de rendemento teñen, outra volta, que emigrar na búsqueda dunha vida en algures; o traballo transformador, ricaz, xerador de economía social, de cultura, de benestar e soberanía economica esmorece; a democracia social, política e participativa cada día agoniza de anorexia.

No pais existen "nichos ecolóxicos" de bo facer, anacos de esperanza nos que asentar alicerces sólidos de vida propia

Mais no pais existen "nichos ecolóxicos" de bon facer, anacos de esperanza nos que asentar alicerces sólidos de vida propia: Máis de 2 millóns de toneladas de leite teñen a sua orixe na Galiza; o monte, a madeira, o seu uso ordenado pode ser o noso petroleo, di X.L.Gomez; capacidade de suficiencia e soberanía alimentaria; as rías, o mar coa pesca e marisqueo, verdadeiras leiras de fartura, equilibrio, sustentabilidade, traballo, cultura vencellados a innovación e á saúde, como fai Zeltia, empresa nosa de bo facer; música, audiovisual, escrita e imaxe, industrias culturais que compiten no mundo dende este pequeno espazo finisterrán, mais situado nun dos corredores marítimos mais activos do mundo; e así un longo etcétera..., que non podería abranguer neste relato partillado.

Que cómpre pois facer? Traballo común, esforzo colectivo, xa chega de laios, de saloucos. Pór mans a obra. O asunto é tan serio que precisa de todas as mans, corazóns e cabezas

Que cómpre pois facer? Traballo común, esforzo colectivo, xa chega de laios, de saloucos. Pór mans a obra. O asunto é tan serio que precisa de todas as mans, corazóns e cabezas, e cómpre facelo con políticas no espazo local, nacional galego; na Xunta e no Parlamento, no Estado e na Europa. Recuperar a democracia directa, o pobo é quen mais ordena, a iniciativa nas institucións, a capacidade de lexislar e executar os orzamentos, é dicir, pór os impostos ao servizo das persoas e do ben común; mais para iso hai que recuperar a confianza na política, novas persoas que lideren con ética, ilusión e traballo; por que non mulleres xa na política galega?

Novos tempos para unha Galiza nosa, diversa e plural, mais con capacidade de decisión propia, espazo de xustiza e liberdade, soberana e proxectada no mundo, neste 25 de Xullo cómpre xa recuperar a política común como tarefa de país.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.