Gañemos María Pita

O nacemento dun proceso baixo o nome Marea Atlántica vén de poñer sobre a mesa como a cidadanía organizada pode construír procedementos sociopolíticos para reconquistar as institucións agora deostadas por un bipartidismo feroz, caciquil e que somete aos municipios a unha política de baixo nivel.

A cidadanía organizada pode construír procedementos sociopolíticos para reconquistar as institucións agora deostadas por un bipartidismo feroz, caciquil e que somete aos municipios a unha política de baixo nivel

Tiven a oportunidade de participar nese xermolo de 99 nomes que propuñan unha recuperación do espazo perdido na praza de María Pita. Persoas moi diferentes, con moita ilusión, iso sí, e tamén con ganas de desenvolver un proceso ambicioso en moi pouco tempo porque recuperar os nosos concellos e as nosas prazas é unha tarefa ardua, complicada máis non imposible.

E tampouco debemos esquecer os movementos que se teñen dado en diferentes cidades do mundo, onde tamén existía un binomio fundamental entre a inquedanza e o impulso social para remover as institucións. Na Arxentina, na cidade de Rosario unha candidatura cívica está a marcar unha axenda nos medios con debates sobre a loita contra as mafias da droga ou contra a exclusión social e os modelos urbanísticos de marca e pouca axuda. Non acadaron representación institucional na convocatoria do municipio a finais de 2013 máis a súa perspectiva de mudanza e o poder que están a sumar fará, de seguro, unha experiencia moito máis forte para vindeiras eleccións.

A mobilización social tamén deu lugar a candidaturas cidadás nas cidades de Braga e Coimbra, acadando representación nas Autárquicas de 2013 en Portugal. Desas experiencias que en Cataluña desenvolven as CUP e outras pequenas alianzas da xente de a pé que quere unhas vilas mellores.

Só temos que saber construír un novo modelo de cidade e artellar os mecanismos para que o conxunto das coruñesas e coruñeses decidan se queren un modelo baseado na Marca urbanística, sen corazón, ou unha cidade inclusiva onde, por exemplo, non se subsidien touradas

Por tanto non falamos dunha novidade estraña, só temos que saber construír un novo modelo de cidade e artellar os mecanismos para que o conxunto das coruñesas e coruñeses decidan se queren un modelo baseado na Marca urbanística, sen corazón, ou unha cidade inclusiva onde, por exemplo, non se subsidien touradas con fondos millonarios para o gusto e desfrute das elites locais. Porque agora isto é o que sucede. É A Coruña publicitaria, onde o Concello a golpe de chequeira pode engalanar o mobiliario público con centos de bandeirolas e onde se fala da "Coruña Wapa”, do “San Juan is Back” ou de “Dando la Nota”... non dos problemas reais, camuflados baixo modificativos de crédito para inflar os desbaldes do IMCE.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.