Gaza, ou a compaixón con botón de apagado

Nenos e nenas de Gaza nunha escola da ONU © ONU

Cando se reavivou o conflito entre Israel e Hamás de inmediato sentín a necesidade de escribir sobre iso, de deixar constancia das sensacións que me provocaron as imaxes e as análises difundidas polos medios de comunicación. Hoxe estou fronte a un folio en branco e non sei por onde comezar. Non sei como ordenar os pensamentos que se mesturan na miña cabeza nin tampouco sei que dicir que non se dixera xa. Por iso creo que o mellor é deixar que as ideas sigan o seu propio curso.

Apoiar ao pobo palestino, denunciar a violencia e a opresión que veñen soportando durante décadas e afirmar que a franxa de Gaza é unha prisión ao aire libre que pronto se convertirá nun ceminterio a gran escala non significa que se apoien ou se xustifiquen as atrocidades cometidas por Hamás. En realidade, é todo o contrario

Para todos resulta evidente que Hamás é un grupo terrorista. Poucas persoas poñen isto en dúbida. Porén, este parece ser o único punto sobre o que existe certo consenso. Quizais son as mensaxes emitidas polas elites políticas ou a perspectiva que se ofrece do conflito nos medios de comunicación, pero moitos parecen terse apropiado do relato que establece unha relación directa entre Hamás e Palestina, como se fosen o mesmo, e acusando de apoiar o terrorismo a aquelas persoas que non se sitúan do lado de Israel. Pero apoiar ao pobo palestino, denunciar a violencia e a opresión que veñen soportando durante décadas e afirmar que a franxa de Gaza é unha prisión ao aire libre que pronto se convertirá nun ceminterio a gran escala non significa que se apoien ou se xustifiquen as atrocidades cometidas por Hamás. En realidade, é todo o contrario.

Implica condenar o feito de que máis de dous millóns de persoas (das cales aproximadamente a metade son nenos) foron encerradas en Gaza durante anos como se fosen animais agardando para entrar no matadoiro. Implica entender que a reacción do goberno de Netanyahu non responde unicamente ao seu dereito a defenderse. Implica ver que os cortes de electricidade e auga, e o bloqueo á entrada de alimentos impostos por Israel son unha condena a morte de facto a miles de gazatíes e supón un paso máis na súa estratexia de deshumanizar ao pobo palestino. Pero tamén implica a condena rotunda da execución e o secuestro de vidas inocentes, sen importar se estas teñen nacionalidade israelí ou palestina.

Se durante estos días persoas de todo o mundo sentiron empatía, dor e rabia por todo o ocurrido en Israel significa que tamén son capaces de sentir todo iso polos sucesos que se veñen producindo en Palestina durante los últimos 75 anos

Non se trata da defensa dunha relixión, dunha etnia o dunha nación sobre outra. Trátase de valorar a vida dos palestinos do mesmo xeito que a dos israelíes, de protexer e defender o seus dereitos humanos básicos e a súa dignidade coa mesma forza coa que agora a comunidade internacional protexe e defende a Israel.

Se durante estos días persoas de todo o mundo sentiron empatía, dor e rabia por todo o ocurrido en Israel significa que tamén son capaces de sentir todo iso polos sucesos que se veñen producindo en Palestina durante los últimos 75 anos. Pero o mundo semella ter prestado oídos xordos a esta realidade ata que fai uns días unha nación aliada sufriu un ataque de magnitude similar e pulsaron o interruptor que parece activar a súa humanidade. Foi entonces cando tomei conciencia dunha triste realidade que ata agora semellaba imposible: para algunhas persoas, a empatía e a compaixón teñen botón de apagado.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.