Neste momento convulso e de cambios na nosa sociedade, parte do nacionalismo galego está a reformular as súas propostas a sociedade. Cambios que dende a óptica dun simple observador estalle levar a confusión e desilusión constante. Facendo un recompilatorio mental dos greatest hits deste proceso gustaríame facer unha reflexión en alto.
Nese primeiro momento de euforia colectiva dos grupos escindidos do BNG parecía que o panorama político galego ía sufrir unha gran transformación
Nese primeiro momento de euforia colectiva dos grupos escindidos do BNG parecía que o panorama político galego ía sufrir unha gran transformación. Por unha banda, o sentir desas escisións creaba a expectativa que ía saír unha nova forza política, nacionalista, moderna, innovadora, que recollera o legado histórico do nacionalismo galego e o confluíra coas reclamas que dende os movementos cívicos e sociais estaban a facer ao conxunto da clase política. Por outra, esa chamada de atención tamén poríase concretar no seo BNG coma unha reformulación ou o xiro que necesitaba para se achegar ao conxunto da cidadanía galega e non só a uns sectores concretos, ás veces esvaecidos nas adxectivacións utilizadas nos seus textos.
Namentres de acontecer todo isto, e sempre dende a miña percepción, todo foi a nada e nada o fixo todo.
Tanto ANova coma Compromiso por Galicia non acaban de reflectir esa nova organización, próxima a sociedade, representativa das maiorías sociais, que careza de vicios internos, que supoña un aire renovador e esperanzador para a clase política
Por un lado tanto ANova coma Compromiso por Galicia non acaban de reflectir esa nova organización, próxima a sociedade, representativa das maiorías sociais, que careza de vicios internos, que supoña un aire renovador e esperanzador para a clase política, e que, dalgunha maneira, repoña esa falta de confianza tan devaluada d@s nos@s representantes.
Anova, despois dun proceso interno de debate, volta a ser unha organización, con vellos directores de orquestra que repiten as mesmas partituras xa tocadas noutros momentos históricos e que non achegan ao seu proxecto a ilusión inicial da súa andaina.
Compromiso, parece que se está a converter na casa de tod@s os ex-…, indistintamente da praxe política e ideoloxía de cada organización e membro, e, está a conformar, un vale tudo no cal o seu ideario político se esvaece cada vez máis no termo galeguismo, esmorecendo ese revulsivo inicial de ser unha esquerda renovada europea, transformadora e comprometida cun ideario social, da cal partía inicialmente, nunha indefinición permanente.
E na fronte histórica, o BNG, parece non entender cales foron as causas das excisións e da baixada electoral progresiva, e seguen a piñón fixo, marcando as súas políticas dende a óptica que o sindicalismo nacionalista galego lle marca, obviando que a sociedade galega é unha sociedade moderna caracterizada pola interrelación e dispersión das súas clases sociais.
Parece que non vai haber unha entente cordiale ntre todas elas e o panorama poder ser moi complicado, dado que se pode producir tanto unha dispersión do voto fiel do nacionalismo-galeguismo
Se a todo isto se lle suma que parece que non vai haber unha entente cordiale entre todas elas, o panorama pode ser moi complicado, dado que se pode producir tanto unha dispersión do voto fiel do nacionalismo-galeguismo, e que tampouco se saiban achegar ao voto d@s descontent@s, indecis@s e absentistas dos procesos electorais; polo que poderiamos estar ante outra maioría máis desa empresa de derribo e demolición que goberna hogano San Caetano. Se a iso, sumámoslle o golpe ditatorial que dende o PP quere facerlle a pluralidade e representación política, estariamos ante un panorama nada bo para os intereses daqueles que aínda entendemos que outro mundo é posíbel.
E eu pregúntome:
- Hai unha alternativa real de poder cambiar o rumbo social do noso pais con este panorama de división?
- Son capaces estes dirixente de entender que é necesario parar xa o proceso de destrución do chamado estado de benestar, e que para iso todos teñen que ceder parte das súas pretensións e buscar as confluencias e non as divisións?
- Poden entender que unha alternativa real virá dada pola creación dunha nova clase política non salpicada por vellos vicios e que aporten alternativas reais a un modelo post-neoliberal cada vez máis presente na nosa sociedade?
As respostas virán dadas da capacidade de síntese e colaboración destas organizacións, de poder deixar esa conflitividade permanente, que moitas veces só é de carácter persoal, e de poder confluír nun modelo de representación onde teñan cabida todas as alternativas que manteñan unha óptica común, cuxos principios ideolóxicos non difiren moito duns dos outros (ás veces, simplemente os separan as comas das interpretacións, algo que a sociedade non aprecia e que podería ser capaz de non entender).
O modelo para min resultaríame igual. Neste caso si, o fin si xustifica os medio
O modelo para min resultaríame igual. Neste caso si, o fin si xustifica os medio. O fin, crear ese modelo de BEN COMÚN. O medio, calquera que poida liderar os principios de renovación, democracia real, rexeneración política e un compromiso fiscalizable das organizacións co seus electores.