Cando un colectivo é estigmatizado na sociedade, pola acción individual dos eséxetas da vergoña, a nube cobre un horizonte que en xustiza debera estar practicamente despexado.
Asistía nun faladoiro televisivo, ao fondo lamento do alcalde de Lugo, López Orozco, ante a imaxe distorsionada que dende os medios de comunicación se está a proxectar estes días, sobre a cidade da muralla. Unha queixa que levaba consigo unha amargura no tenor das súas verbas, ante as consecuencias colaterais das presuntas condutas delituosas nos chamados casos “muralla”, “campión” e “carioca”. Tramas todas elas que reflicten unha radiografía dunha parte da caste política e empresarial, impresentable nas formas e condenable nos feitos. O que non é de recibo e extrapolar as miserias de uns poucos a imaxe dunha cidade na que os seus habitantes poden ir coa cara ben levantada con orgullo, como é Lugo.
O que non é de recibo e extrapolar as miserias de uns poucos a imaxe dunha cidade na que os seus habitantes poden ir coa cara ben levantada con orgullo, como é Lugo
As mazás podres que pululan en pseudo elites da nosa terra, non son máis que froitos indesexables, caídos de árbores fortes e consistentes a modo de democracia. A caste política que representa á Galicia dos bos e xenerosos, é na súa inmensísima maioría xente decente e eticamente irreprochable; outra cousa sería que estivésemos a falar da súa competencia… O propio Centro de Investigacións Sociolóxicas reflite que para a cidadanía a caste política é un dos seus principais problemas, probablemente acentuado ante unha crise que provoca que situacións que antes pasaban ao limbo da indiferenza, agora sexan lanzas ardendo nas conciencias do pobo abatido por unha situación social no limiar do insostible.
Con políticos imputados de todos os partidos con representación parlamentaria en Galicia, por puntuais que sexan eses casos, o que se está a transmitir á sociedade é que “todo vale” cando un crese por riba do ben e do mal
Tramas como a dos ERE andaluces, o caso “Gúrtel” ou o propio “Palma Arena” que afecta a estratos antes intocables, son execrables, máis non son reflexo dunha situación xeneralizada, aínda que parecer o parezan. Probablemente se a nosa incompetente caste política estivese disposta definitivamente a acabar co quede xeito equivocado semella estar na súa esencia, o que hoxe é decepción e fastío, poida trocar algún día en sentimentos correspondidos entre representantes e representados. Con políticos imputados de todos os partidos con representación parlamentaria en Galicia, por puntuais que sexan eses casos, o que se está a transmitir á sociedade é que “todo vale” cando un crese por riba do ben e do mal, e pensa que o pobo ao que representa non é máis que a corte de Luis XVI, ao que por certo a revolución francesa rematou condenando a morrer na guillotina, despois de ser xulgado por traizón ao pobo…
Ou non?