Os referentes non desapareceron, pero mudaron de forma. Durante décadas, a palabra dos pais, das nais, do profesorado, dos médicos ou dos xornalistas tiña un peso que se sostiña nun suposto saber recoñecido. A súa lexitimidade viña de ocupar un lugar de referencia social
Os referentes non desapareceron, pero mudaron de forma. Durante décadas, a palabra dos pais, das nais, do profesorado, dos médicos ou dos xornalistas tiña un peso que se sostiña nun suposto saber recoñecido. A súa lexitimidade viña de ocupar un lugar de referencia social. A escola, a consulta médica, a prensa ou mesmo a mesa familiar eran espazos nos que a palabra adulta tiña un valor case incuestionable. Ese prestixio, con todo, nunca foi neutro. Estaba atravesado por posicións de poder, por sesgos de clase, de xénero ou de xeración. Tamén se construía sobre silencios: moitas voces quedaban fóra do relato dominante. Ese prestixio convertía esas figuras en referentes sociais, que ofrecían seguridade e orde simbólica.
Hoxe, ese pedestal fragmentouse. O coñecemento segue existindo, pero xa non garante por si só autoridade. Aquí temos unha clave: durante moito tempo, autoridade e saber camiñaban xuntos. Quen posuía coñecemento era recoñecido como referente e tiña poder para orientar decisións. Agora, en cambio, vemos como o poder e o saber circulan de maneira moito máis independente. Un influencer pode marcar opinión sen demostrar competencia, mentres expertos con anos de estudo apenas logran ser escoitados. A separación entre autoridade do saber e autoridade do poder é unha das características máis claras do noso tempo.
Internet horizontalizou o acceso á información e multiplicou as voces. Prometeu máis transparencia e participación, e en parte cumpriuno. Calquera pode opinar, gravar un vídeo, escribir un comentario. Mais tamén se abriu un territorio novo, no que a autoridade é máis líquida e máis difícil de identificar.
Internet horizontalizou o acceso á información e multiplicou as voces. Prometeu máis transparencia e participación, e en parte cumpriuno. Calquera pode opinar, gravar un vídeo, escribir un comentario. Mais tamén se abriu un territorio novo, no que a autoridade é máis líquida e máis difícil de identificar. Moitos algoritmos non discriminan entre verdade e mentira: premian o impacto. Así, un vídeo con datos falsos pode chegar a millóns de persoas en poucas horas, mentres un estudo rigoroso apenas se comparte. O que conta é a capacidade de xerar atención, non a calidade do contido. Para a mocidade, esta constatación é decisiva: comproban que a razón non sempre gaña, que a mentira pode circular con máis forza ca a verdade.
Este cambio non é só público, senón tamén íntimo. A voz adulta que marcaba o ritmo —a do pai, a nai, o mestre ou o adestrador— chega con interferencias. Xa non soa como antes, porque compite co ruído constante doutras voces. O adolescente, que precisa tanto discutir coa autoridade como sentirse amparado por ela, atópase demasiadas veces discutindo co vento.
A confianza, máis que o saber, é o que se debilita. Os referentes tradicionais actuaban como lugar simbólico desde o que se ordenaba o sentido. Hoxe aparecen fragmentados, contraditorios, incapaces de ofrecer unha narrativa común
A confianza, máis que o saber, é o que se debilita. Os referentes tradicionais actuaban como lugar simbólico desde o que se ordenaba o sentido. Hoxe aparecen fragmentados, contraditorios, incapaces de ofrecer unha narrativa común. Xa non hai un único referente, senón unha multitude de relatos que se superpoñen sen xerarquía. Para os máis novos, isto significa crecer nun territorio sen mapas claros, onde cada quen debe atopar os seus puntos de apoio nun océano máis aberto, pero tamén máis inseguro.
Non se trata de restaurar a obediencia do pasado. A metamorfose pode ser tamén unha oportunidade para reinventar os referentes. Non falamos de volver ao mando vertical nin á imposición, senón de desprazar o centro cara ao vínculo. O importante xa non é que alguén mande, senón que alguén acompañe. Reinventar os referentes significa falar desde un lugar onde o que se di e o que se fai coinciden. A coherencia convértese en clave. Un profesor que recoñece non saber algo e busca a resposta coa clase gaña credibilidade. Un pai que admite un erro e o corrixe sen deixar de coidar segue sendo unha figura de referencia. Unha xornalista que explica como contrastou os datos antes de publicar está a ofrecer un modelo de rigor. Son xestos pequenos, pero transmiten unha mensaxe poderosa: os referentes poden basearse na honestidade e na confianza, non só no prestixio herdado.
Educar hoxe non é só dar información nin ensinar a distinguir entre certo e falso. É algo máis complexo: axudar a ler quen exerce o poder, con que intención e a través de que canles. É fomentar a capacidade crítica sen caer no cinismo. É acompañar a procura sen prometer certezas imposibles
Educar hoxe non é só dar información nin ensinar a distinguir entre certo e falso. É algo máis complexo: axudar a ler quen exerce o poder, con que intención e a través de que canles. É fomentar a capacidade crítica sen caer no cinismo. É acompañar a procura sen prometer certezas imposibles. Na práctica, iso pode significar situarse ao lado máis que por riba: sentar nun banco da escola a discutir unha dúbida, falar de igual a igual sobre o uso das redes, ou simplemente estar presente, coa disposición de escoitar. Tamén pode ser, no ámbito familiar, saber frear a tentación de responder con autoritarismo e optar pola firmeza combinada coa empatía.
Os referentes xa non poden fundamentarse nunha palabra única e hexemónica, pero segue habendo necesidade dunha palabra adulta que acompañe. A adolescencia, como sempre, é unha travesía de incertezas. Por iso, mesmo fráxil, unha voz coherente pode funcionar como un faro, pequeno pero resistente, que axude a orientarse no medio do ruído.