Iria somos todas

Iria tiña 28 anos. Era veciña de Narón. Polo seu permanente sorriso gañouse dos seus amig@s o cariñoso alcume de Risitas.Traballaba de panadeira e opositaba. Ela é a última víctima do terrorismo machista no noso país. Si, a violencia de xénero ten cara, nome e apelidos. As 26 asasinadas nos últimos seis meses poderían ser a filla, a amiga ou a compañeira de traballo de calquera de nós.

Pouco podíamos esperar dunha Ministra que aos poucos días de tomar posesión no seu cargo cualificaba o asesinato dunha muller cunha escopeta de caza como violencia no entorno familiar

Cada vez que vemos no telexornal que, pola súa condición de muller, se sesgou outra vida, exclamamos un “qué pena!” , pero eso non soluciona o problema porque ao outro lado do televisor hai moitas mulleres que, presas do medo e da angustia, o que realmente esperan e que alguén lles tenda unha man. Pero esa axuda non chega, e o Goberno de Rajoy, que é quen ten a responsabilidade de aproveitar e poñer en marcha todos os recursos posibles para loitar contra esta lacra, non soamente non os reforza, senón que mutila os existentes.

Hoxe somos moit@s os que pensamos que o terrorismo machista non soamanente é que pertenza a esfera pública, senón que debe ser tratado como un tema de Estado

Así, asistimos perplexos a como mentres se destina unha ampla partida orzamentaria para publicidade das touradas, redúcese á metade o reservado para as campañas contra a violencia de xénero por consideralas mera propaganda, privatízanse servizos de atención as víctimas e mesmo péchanse casas de acollida. A verdade é que pouco podíamos esperar dunha Ministra que aos poucos días de tomar posesión no seu cargo cualificaba o asesinato dunha muller cunha escopeta de caza como violencia no entorno familiar. E si, é importante chamarlle as cousas polo seu nome e non reducir este problema as catro paredes da casa, porque o problema é moito máis amplo, e esta expresión mesmo recorda a aqueles tempos en que había quen decía que os golpes non debían airearse porque formaba parte da vida privada das persoas.

Hoxe somos moit@s os que pensamos que o terrorismo machista non soamanente é que pertenza a esfera pública, senón que debe ser tratado como un tema de Estado. Empregamos a expresión terrorismo machista porque esa é a verdadeira dimensión do problema, recoñecido polas institucións e ata pola propia RAG que na definición de machismo di que “a violencia contra as mulleres é outro dos síntomas da súa pervivencia na sociedade”.

Cada asesinato machista é un ataque a liberdade de todas nós, a nosa integridade como mulleres e a dignidade da nosa sociedade

Pero ao Goberno de Rajoy gústalle xogar á ceremonia da confusión dicindo que machismo e feminismo son o mesmo, pero o revés. Para os despistados aclarar que o feminismo é a “doutrina que defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller”. Debería pois esta Ministra entender que cando agrede o movemento feminista está atacando a todas as mulleres que loitan contra a desigualdade, e que é precisamente a elas as que lle debe, entre outras moitas cousas, que o seu xénero non fora un impedimento para acceder a este cargo público.

Cada asesinato machista é un ataque a liberdade de todas nós, a nosa integridade como mulleres e a dignidade da nosa sociedade. É preciso que interioricemos que o dolor non rematará ata que non desterremos os comportamentos sexistas e machistas, que a violencia de xénero non desaparecerá ata que non nos poñamos a traballar tod@s xuntos cunha ferramenta fundamental: a igualdade. Ata entón, non debemos esquecer que Iria somos todas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.