Layla non vai ser 'trending topic'

Hai uns meses voltaban a Galiza os restos dunha refuxiada galega. Seu fillo, Manuel, residente en Mexico, como ela despois da guerra civil,  foi  tambén refuxiado por reagrupación familiar. Eran galegos, eran europeos ...e perguntaba él, emocionado, ¿que fan os Gobernos, que fai Europa, como pode esquencer que moitos de nós tamén fomos refuxiados e que houbo países no mundo que nos abriron as portas para unha vida con dereito á vida?. Como a él  e seus irmáns coa súa nai,  Luisa Viqueira Landa. Notase ben que sinte vergonza allea, mentras fala. Sabe o que di porque viviuno na pel e nunca esquence a condición de fillo de refuxiada. 

A reposta ás súa pergunta está, por desgraza, nos campos de persoas refuxiadas que hai enstes momentos en Europa. Cheos dos ninguén, como definía Eduardo Galeano, “los nadies”. Son os parida da sociedadess, as refuxiadas e refuxiados aos que os sistemas legais negan dereitos, protección, asistencia, ubicación, tratados como os “sen papeis”, como a nada. Como se a vida humana collera nun papel!.  Non hai fronteiras que os parten porque fuxen da desesperación e nada pode conter iso. Van sen medo, só queren vivir, como sexa, onde sexa. Sen nada, coa roupa posta, non hai prohibición nen restricción que poida conter ese fluxo por resistir e pola vida. Nos últimos meses moitas e moitos ficaron na ruta, nas augas do Mediterráneo, cheas de zapatos de crianza frotando, de corpos non identificados, de dores lonxanas por chamadas que nunca virán. O mar é xa o gran foxo de Europa, antes na costa atlántica, agora ali, o mar engule a singradura da esperanza para moitas e moitos deles.

Contaba un bombeiro voluntario en Lesbos da desesperación por dar unha man na noite a corpos conxelados e extenuados, que ás veces non resistina nese intre derradeiro. E mentras persoas voluntarias, organizacións non gubernamentais desbordades, concellos traballando dia e noite por riba das súas capacidades para dar abrigo e alimento, servizos sanitarios redobrando xornadas e material que non chegan, individuos e colectivos dando todo o que poden por humanidade, pois mentras, Europa olla para outra beira. Limítase a repartir a miseria das cuotas de establecimento cuantitativo de persoas refuxiadas por Estados membros ou proporcións de número das asiladas. É tan hipócrita e caótica a xestión e a actitude de Europa que  perdeu toda a credibilidade a nivel mundial.  Unha vergonza e debemos proclamalo pedindo e exixindo a  gobernos unha mudanza urxente. 

Mientras se vive extenuación en Calais, en Dunkerque, en Lesbos e en tantos outros lugares, a Comisión Europea anuncia que pode criminalizarse a axuda humanitaria nestas situacións. É tal  o desprezo cara a xenerosidade e tal a ineficacia da súa propria inacción que se blinda en declaracións de insolvencia política inaceptables. A actitude de Europea y de países europeos concretos, está sendo caótica, despectiva e incluso despótica, sen ir ao fondo do asunto da súa política internacional en moitos dos lugares da orixe das persoas refuxiadas. No canto de abordar a crise humanitaria provocada polo maremoto das personas refuxiadas, blindan as fronteiras, abertas para o capital  e a evasión fiscal e pechadas para os seres humanos en perigo real; confiscan bens como nos vellos tempos dos nazis...un horror.   Que decir da recente información de Europol, impactante, sobre a desaparición de 10000 nenas e nenos refuxiados en Europa, presuntamente por mafias de trata sexual e escravitude. Aonde imos? É que Europa non sabia desto? Se foran nenos ricos, ainda que só fóra un, sairía na prensa amarela. Máis non, son nenos pobres, considerados pobres porque fuxen. E o business da miseria, diante dunha hipocresía que se alimenta do miedo á perda de seguridade e a que nos invadan.

Esta noite no campo de refuxiados de Grand-Synthe en Francia naceu unha nena, Layla. É filla dunha parella curda que fuxiu de Siria. Como di Javier Gallego nun recente artigo, Aylan xa non é nova. A opinión pública conmoveuse por unhas horas e logo pechou uns ollos. Layla non vai ser trending topic, non, ela que naceu despois dunha singradura desoladora dunha nai embarazada que puido salvarse. Máis Layla é a esperanza de que a vida empuxa, o símbolo contra a vergonza e a  insolidaridade europea.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.