“Lugares Puntuais” sin asistencia sanitaria na Galiza

Manifestación en defensa da sanidade pública Dominio Público @En_Marea

“A mentira ten as patas moi curtas e por iso a verdade sempre a alcanza”. Dito popular. 

Para demostrar que “NON son casos puntuais”, detallarei a continuación os lugares nos que no verán 2025, fixéronse mobilizacións

O 29 de xuño do 2025, o incompetente e malfalado Conselleiro de Sanidade, negou que haxa un "colapso" no Servizo Galego de Saúde durante o verán, aínda que sí recoñeceu que “pode haber momentos de maior tensión, porque, non hai xente para contratar". Manifestou: “os lugares onde temos problemas sanitarios, son puntuais”. E o dixo sin anestesia! Xunto co irresponsable sr. Rueda, deixan de manifesto, para eles: “que os recortes feitos na Sanidade Pública Galega, manteñen a asistencia sanitaria sempre garantida e pasa o que pasa: porque non temos médicos”. 

Vemos que a argumentación é falaz, pois si miramos a oferta MIR en España do 2025 (a maior ata o de agora) sempre se presentan máis profesionais, das prazas que se ofertan. E das convocadas na Galiza, preséntanse máis médicos que prazas ofertan e moitas quedan desertas. O propio Sistema: déixa fora a moitos Médicos… A pregunta é o porque sucede? Salarios baixos, precariedade das prazas, realización de gardas abusivas, mala administración por parte do PP das prazas existentes, etc.

Para demostrar que “NON son casos puntuais”, detallarei a continuación os lugares nos que no verán 2025, fixéronse mobilizacións.

A CORUÑA: Centro de Saúde de Seixo-Marín: falta de médicos. 

A Comisión de Centro do CHUAC, denunciou que o SERGAS pecha este verán 230 camas.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela fixo unha Rolda de Prensa para denunciar o peche de 111 camas no CHUS e convocou unha concentración diante do Centro de Saúde Concepción Arenal.

Falta de persoal no PAC de Ponteceso. 

En Ribeira a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca da Barbanza realizou este xoves unha nova concentración. Indican que a presión asistencial incrementouse, mentres o número de profesionais diminúe.

LUGO: Cervo, falta de médicos.

Mobilizacións en Viveiro contra os recortes sanitarios.

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña: faltan cinco Médicos de Familia dos 11 que son.

No Vicedo reclaman unha “sanidade pública e de calidade".

En Folgoso do Courel (Courel Vivo) denuncia a falta de asistencia médica.

En Vilalba e A Pontenova saíron a rúa para reclamar “unha atención sanitaria decente".


 

OURENSE: convocan unha mobilización para pedir a paralización inmediata do traslado do paritorio de Ourense. Convocadas por: Arrolos de Teta, O parto é Noso, Marcha Mundial das Mulleres, Petra Maternidades Feministas, a Asociación Galega de Matroas e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Ourense (ésta convoca unha mobilización cidadán para exixir solucións urxentes e denunciar a falta de transparencia na xestión sanitaria. Anuncia mobilizacións polo peche de camas, centros de saúde e consultas).

O Hospital de Ourense ten unhas listas de agarda inaceptables con máis de 80 días para unha cirurxía.

Mobilizacións no Barco, contra os recortes sanitarios.

Concentración en defensa da sanidade pública diante do Hospital de Valdeorras. 


 

PONTEVEDRA: Hospital Montecelo: listas de agarda en especialistas, camas pechadas, urxencias saturadas, etc.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública retoma as protestas en Redondela e Chapela.

Tres meses de concentracións no centro médico de Catoira: cada mércores. Falta de Médicas, Pediatría e leváronlle a Ambulancia Medicalizada para Sanxenxo.

Protestas da Plataforma de Cerdedo-Cotobade pola Sanidade Pública.

Na comarca de O Salnés, os Centros de Saúde funcionan en moitos casos sen Pediatras nin reforzos de persoal.

Protestas no Centro de Saúde Pintor Colmeiro.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo denuncia que a Xunta do PP, fechará 174 camas no verán: 140 no Hospital Álvaro Cunqueiro e 30 no Hospital do Meixoeiro.

O SERGAS vai suprimir a praza de Tralladora Social da Unidade de Saúde Mental de Tui.

En O Hío levan máis dun ano, cada 15 días, manifestándose para que volva o Médico e a construcción do novo Centro de Saúde na localidade.

Protestas en A Cañiza, Creciente, Valeixe, Covelo, Mondariz e Mondariz Balneario.

En Moaña, levan 125 concentración os domingos ante a Casa do Mar de Moaña.

Concentración no Centro Médico das Neves por falta de médicxs.

 


...e non están todolos lugares! Seguiremos denunciando que queremos unha Sanidade Pública do primeiro mundo e que o PP, non poden destruir o ben máis preciado que temos: a nosa saúde! 

O camiño é a loita sen tregua, ata conseguir a Sanidade Pública, Universal e de Calidade que precisamos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.