Luzes

Ás persoas que deseñamos proxectos online ocórrenos o mesmo que aos xornalistas. Cústanos moitísimo traballo facer ver aos nosos clientes ou patróns que nos chamaron para facer algo que non saben; por iso é frecuente que nos queiran dar o proxecto xa feito, só para que lles digamos que é brillante, aínda que na maioría dos casos non esteamos de acordo, ou ben pretendan engadir, mudar ou eliminar, para nós dun modo aparentemente aleatorio, calquera dos elementos dun proxecto que nos fixeron desenvolver baixo indicacións precisas ao 80% sen termos a máis mínima garantía de cobralo, porque o cliente asume que é xusto que, se finalmente di non aceptar o proxecto, aínda que este se axuste por completo ás indicacións do cliente, non terá que pagar un céntimo por el.

A maioría dos proxectos xornalísticos dos grandes grupos de comunicación atravesan unha situación similar. Quen toma as decisións técnicas en última instancia nunca é un técnico

O cliente tampouco entende que esas mudanzas que pretende alterarán a coherencia que facilita a viabilidade do proxecto. O cliente impón que o importante é que lle guste a el, que encaixe coa súa propia experiencia na rede, que entende como correcta e estándar, sen se decatar de que existen tantas experiencias como usuarios e ningunha é a máis correcta nin estándar, nin de que, con alarmante frecuencia, os seus usuarios potenciais lles levan varios cursos de vantaxe en experiencia dixital.

A maioría dos proxectos xornalísticos dos grandes grupos de comunicación atravesan unha situación similar; se os chamo proxectos xornalísticos é porque non se pode dicir que teñan atinxido os obxectivos mínimos dos seus plans de empresa. Quen toma as decisións técnicas en última instancia nunca é un técnico; quen decide portadas, noticias, enfoques e investimentos hai moito que non pon un pé na rúa, é o gran capital que fabrica as noticias, por iso mantén xornais en pé.

E se o proxecto tuneado ao final non funciona, a culpa é nosa.

Sabemos que outro xornalismo é posíbel. O xornalismo de verdade que conta a realidade, non a crea

Sabemos que outro xornalismo é posíbel. O xornalismo con dous pés na realidade, en profundidade, na extensión que cada tema demanda. Un proxecto comercial en que se paga o traballo a prezos de mercado. O xornalismo de verdade que conta a realidade, non a crea.

Estamos convencidos de que somos máis de 500 as persoas decididas a converter o proxecto Luzes na revista que queremos.

Se queres subscribirte envía un correo a info@revistaluzes.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.