Marea de sangue e vergoña

Poderíamos pensar que pouco ou nada ten que ver o noso país, con aquel en branco e negro das películas de Berlanga. A dos anos nos que se buscaba un futuro mellor coas maletas cheas de morriña e desesperanza. A dos aplausos que enchían prazas para recibir aos estranxeiros con bandeiras, e coa partitura do qué viva España interpretada pola banda de música local.

En canto aos estranxeiros, seguimos acolléndoos como cremos que merecen, dependendo de donde veñan, e do que traian no peto, claro

E claro que cambiou, agora as fotos xa non son imaxes en branco e negro de mareas humanas subindo as rampas dos barcos, son en color, de moz@s que ateigan as terminais dos aeroportos á espera da chamada do seu vo de baixo custe. En canto aos estranxeiros, seguimos acolléndoos como cremos que merecen, dependendo de donde veñan, e do que traian no peto, claro. Estendemos a “alfombra vermella”, en especial nas nosas costas, ás mafias rusas, aos hollywoodienses que queren comprar os nosos espacios naturais, e aos europe@s que veñen a emborracharse ás discotecas. Aos que chegan de África, despois dunha viaxe de centos de kilómetros atravesando fronteiras a pe, exhaust@s, deshidratad@s, fament@s, e cunha vida cargada de promesas, desexos e gañas de traballar, non os recibimos coa banda de música, facémolo con pelotas de goma, pero eso si, a partitura segue sendo a mesma, a de qué viva a España.

As explicacións, as de sempre, as do que cando era Delegado do Goberno nos mentiu coa marea negra do Prestige, e que agora como Director da Garda Civil, fai o propio ante a marea de sangue e vergoña xerada coa morte destas quince persoas

Fano as Forzas e Corpos de Seguridade, ás ordes dun Goberno de insensatos sen corazón, que ao más puro estilo de Torrente, tirotean lanchas para botar ás frías augas do Estreito aos “temibles inimigos deste gran país”, eses moz@s desnutrid@s e asustados, cuxo único delito foi escapar da fame e a desesperación. As explicacións, as de sempre, as do que cando era Delegado do Goberno nos mentiu coa marea negra do Prestige, e que agora como Director da Garda Civil, fai o propio ante a marea de sangue e vergoña xerada coa morte destas quince persoas. Despois disto, es@s mesm@s, aínda sacan “a súa cara de cemento armado” para protestar, cheos de dignidade e patriotismo, porque @s suiz@s queren restrinxir a entrada no país aos españois. Fano quizais sen decatarse de que alí a súa maneira de vernos, cada día se asemella máis a deste Goberno cos que chegan as nosas costas en pateras. Pois tamén van do Sur, son pobres, e invisibles para uns gobernantes axeonllados e vendidos ao mellor postor, que non teñen pensado saír das súas “gaiolas de ouro” para aportar solucións á cidadanía.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.