Nós, a rapazada, somos presos de estandartes que, a través das redes sociais, asumimos coma parte fundamental da nosa persoa. Cando os partidos e ideoloxías se converten en símbolos da nosa identidade, as críticas a elas pasan a ser tomadas coma ataques persoais, o que nos sume nun inmobilismo que nos impide achegarnos a outras visións da realidade
Hai un tempo xa que asistimos a unha polarización social case guerracivilista. E non só nas rúas, nin nos parlamentos, nin nos bares -que tamén- senón nas aulas. Alí, nas horas libres, os grupos de rapaces agólpanse arredor dunha mesa -coma se dunha barra se tratase- e comeza unha conversa que moitas veces remata en política. E é que, coma "Zoon Politikon" -diría Aristóteles- somos seres políticos e á política pertence todo o que nos concirne na vida diaria. Así pois, todos os temas, dende o fútbol ata as marcas de moda, conflúen nunha mesma vertente. É nese momento, no que se chega á charla política, case de forma inevitable, no que queda latente a semente mussoliniana presente en gran parte da nosa mocidade.
Hai unhas semanas o recoñecido artista Bansky inaugurou en Londres unha escultura que ilustra moi ben o tempo que estamos a vivir. Nela, sobre unha columna, un home camiña a piques de precipitarse ao vacío. O que lle impide ver é a gran bandeira que sostén, a cal tapa os seus ollos, cegándoo completamente. Nós, a rapazada, somos presos de estandartes que, a través das redes sociais, asumimos coma parte fundamental da nosa persoa. Cando os partidos e ideoloxías se converten en símbolos da nosa identidade, as críticas a elas pasan a ser tomadas coma ataques persoais, o que nos sume nun inmobilismo que nos impide achegarnos a outras visións da realidade. Se somos perspectivistas e apreciamos o mundo real coma a unión de todas as formas de entender o que nos arrodea, entón este inmobilismo identitario supón unha completa desconexión do mundo. A iso xoga o neofascismo, que é, por certo, o máis avantaxado na propaganda dixital, principal fonte de información da xente nova. A extrema dereita aproveita a situación actual de falta de identidade de moitos rapaces e lles ofrece unha bandeira á que formar parte, a da ideoloxía, en idades nas que pertencer a unha comunidade é máis importante que nunca.
Isto explica o por que de que a maioría de votantes extremistas de dereita sexan homes. A día de hoxe os roles tradicionais -polos cales o home debía prover, mandar e actuar dunha maneira en concreto- están en esvaecemento. Isto supón, xa de por sí, unha perda do sentido de pertenza á "masculinidade", pero tamén é percibido por algúns coma unha "perda de dereitos" a cal non é máis que unha perda de privilexios. Súmaselle entón o declive da conciencia de clase -favorecida polo relato neoliberal da meritocracia- que nos desposuíu da identidade coma traballadores. O mundo gobalizado en que vivimos implica, ademáis, a deconstrucción do concepto decimonónico de "nación" e unha homoxeneización cultural que non só vemos na arte e música, tamén na arquitectura, o urbanismo e a forma en que vivimos. Se engadimos, por último, o clima de incerteza vital que se lles presenta aos máis novos (nun contexto xeopolítico, económico e social moi complexo) temos o caldo de cultivo idóneo para o neofascismo.
A polarización política non se basea na diferencia entre posturas certamente políticas, senón no abismo existente entre dúas formas antagónicas de entender a realidade. Tan antagónicas que o debate de marco entre elas é, cada vez, máis difícil. Nas nosas aulas as conversas sobre política adoitan rematar a berros
Os adolescentes preguntan: quen son eu?
E o fascismo responde: tí es home, branco, hespañol, hetero, cristián, fascista.
A mocidade, que tende a rebelarse contra o mundo no que vive, respondeu de diversas formas a esta crise identitaria colectiva, non obstante foi a extrema dereita a que se adiantou a respostar as súas dúbidas, antes de que tan sequera puideran pensar. Porque a única forma en que o fascismo pode ser tomado en serio é cando non se pensa no que dí. Por iso o extremismo se apresura á hora de dar mensaxes rápidas e reduccionistas, nun mundo neoliberal no que a forma de vida se acelerou de gran maneira, nunha busca constante da produtividade. Así pois, ao igual que falamos da comida rápida -fast food- tamén podemos acuñar o termo de "política rápida" para o modelo actual. Un sinónimo é "política lixo".
Noutros países, coma Arxentina, as tensións escalaron xa a ameazas de atentados. De nós depende rematar esta escalada. Identidade, comunidade e esperanza son tres cousas que a nosa mocidade, de non ter, buscará no fascismo. De non ter futuro, a xente nova refuxiaráse no pasado
O negacionismo é outra das armas principais dos movementos de extrema dereita. Poñédevos na pel dun adolescente do século XXI. Ante nós queda un mundo tardocapitalista a piques de. Un panorama fatalista ante o cal, facer fronte, supón un esforzo individual constante. Temos unha crise climática, un aumento das desigualdades económicas, unha perda de dereitos e oportunidades en materias de vivenda e sanidade e un ascensor social completamente quebrado. O illacionismo ao que nos somete o mundo neoliberal lévanos a renunciar á loita colectiva e, por tanto, á perda de toda esperanza no futuro. Fronte todas as problemáticas que se nos presentan aparece o fascismo, que nega o cambio climático e o machismo e xustifica a desigualdade baixo o lema "o pobre é pobre porque quere". De súpeto, todo aquilo ao que o cidadán do século XXI debe plantar cara desaparece. E, en colaboración cos 'influencers' que venden o éxito coma o produto do ximnasio e as inversións, preséntase a idea de que a meritocracia existe e que os rapaces poderán chegar a todo aquilo que queiran con esforzo. Todo isto soa xenial - dende logo moito máis esperanzador que a mensaxe realista - pero non é máis que un escape do mundo en que vivimos.
Así pois, a polarización política non se basea na diferencia entre posturas certamente políticas, senón no abismo existente entre dúas formas antagónicas de entender a realidade. Tan antagónicas que o debate de marco entre elas é, cada vez, máis difícil. Nas nosas aulas as conversas sobre política adoitan rematar a berros. Noutros países, coma Arxentina, as tensións escalaron xa a ameazas de atentados. De nós depende rematar esta escalada. Identidade, comunidade e esperanza son tres cousas que a nosa mocidade, de non ter, buscará no fascismo. De non ter futuro, a xente nova refuxiaráse no pasado.