Mulleres e medicamentazo

Dende a publicación no BOE do real decreto de recortes sanitarios, o medicamentazo, téñense producido numerosas reaccións contrarias a este desmantelamento urxente da sanidade pública que impón o PP. Unha ollada de xénero permítenos ver como estas medidas afectan de xeito especial á saúde, á economía e aos dereitos das mulleres.

A eliminación da universalidade da atención sanitaria expulsa do sistema, entre outros grupos de poboación, ás persoas que residen de xeito irregular, moitas veces porque realizan traballos domésticos e de coidado de dependentes que non están rexistrados. Maioritariamente mulleres.

Tamén falamos da pílula do día despois, dos DIU, dos anticonceptivos orais... cando se utilizan como método anticonceptivo. Afectadas as mulleres.

O recorte que se anuncia do financiamento de fármacos poderá excluír aqueles que non precisen receita ou que non se utilicen para o tratamento dunha patoloxía claramente determinada. Falamos do paracetamol? Seguro que si, pero tamén falamos da pílula do día despois, dos DIU, dos anticonceptivos orais... cando se utilizan como método anticonceptivo. Afectadas as mulleres.

Na perspectiva territorial, Galiza sae prexudicada no copago farmacéutico do 10% que se establece para pensionistas, porque temos mais pensionistas (case 700.000) e a pensión media menor do Estado

A nova clasificación dos servizos sanitarios en gratuítos (carteira común) e de pago (carteiras supletoria e accesoria) anuncia que só serán gratuítos os servizos relacionados con enfermidades, mellora da esperanza de vida, autonomía e diminución da dor. Que vai pasar coas interrupcións voluntarias dos embarazos, os tratamentos de fertilidade, as ligaduras de trompas...?

Na perspectiva territorial, Galiza sae prexudicada no copago farmacéutico do 10% que se establece para pensionistas, porque temos mais pensionistas (case 700.000) e a pensión media menor do Estado. Na perspectiva de xénero son as viúvas as mais afectadas porque cobran as  pensións contributivas mais baixas. E aínda sen datos obxectivos,  non podo evitar pensar que moitas destas viúvas están ademais colaborando, con esas pensións tan precarias, á supervivencia das mais de 80.000 familias que en Galiza teñen todos os membros no paro.

Os Gobernos do PP en Galiza e España están a poñerlle á crise cara de muller

Prexudicadas do paro, a precarización do emprego e agora da demolición do Estado do Benestar, os Gobernos do PP en Galiza e España están a poñerlle á crise cara de muller.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.