Un dirixente socialista dicíalle a Anxo Lugilde aquí en Praza Pública que se hoxe a esquerda (na que están as forzas nacionalistas e galeguistas) tivese que gobernar a Xunta, apenas duraría meses no poder e non volvería a tocalo en varias lexislaturas. A desfeita que transmite esa frase é de tal dimensión, que en realidade debuxa unha crise de de nación e de conciencia, só comparábel á que se produciu no cambio de século, antes do movemento agrarista e da cristalización das Irmandades da Fala.
A desfeita que transmite esa frase é de tal dimensión, que en realidade debuxa unha crise de de nación e de conciencia
Vénse á cabeza o tópico de que morre o vello e de que o novo non acaba de nacer, pero iso non é verdade. O vello fosilízase, faise tradicionalista e melancólico, adicto ao pasadismo e á conmemoración do santoral, nunha proporción equivalente á carencia de comprensión sobre o que acontece no presente. E só rompe a tradición (que paradoxo!) para abandonar o predominio federalista que o informou e emular a épica catalá. Do novo, daquela esperanza nas mareas, apenas fican dous concellos ben gobernados. O resto é debate postadolescente. Pero todo isto é só a coda do problema.
Publicidade