A sensación de pena é clara e indubidable. A tristura, colectiva. As caras longas e resignadas, moitas. Clima de derrota. Aceptación do fracaso...aire de vencidos. Derrotados todos polo Peso das Cousas.
O que quero dicir é que unha das cousas máis terribles do que nos pasa agora é que non temos esperanza
O que quero dicir é que unha das cousas máis terribles do que nos pasa agora é que non temos esperanza. As persoas, a sociedade, os curritos de a pė, a xente normal que mira a tele e quere que non descenda o seu equipo, a xente maior que se deprime vendo os programas de tensiómetros da mañá, os xubilados que non poden ir ver as obras porque xa non as hai, en definitiva, todo o mundo, sinte que non hai espanza, que nada pode mudar, que só hai que esperar a que todo se amañe só.
Dende o século XVII, a cultura occidental desenvolvuse abeirada á idea da revolución. O pobo tiña un papel que cumprir coa historia e, daquela, se quería, podía facer que as cousas mudasen para sempre e para mellor. E os libros e as crónicas están cheos de páxinas onde se informa desas intervencións das xentes ou de determinados grupos, no destino colectivo. A apoteose, máis teórica que práctica, mais apoteose, chega nos anos sesenta do século pasado e nas fermosas formulacións, con moito de poesía, de Maio do 68.
Digamos que levabamos como catro centos anos tendo esperanza. Mellor dito e mellor escrito: Esperanza
Dende o século XVII, a cultura occidental desenvolvuse abeirada á idea da revolución. O pobo tiña un papel que cumprir coa historia e, daquela, se quería, podía facer que as cousas mudasen para sempre e para mellor
Mais agora todo iso desapareceu. Vivimos sen Esperanza, sen semos capaces de maxinar unha realidade distinta. Niso ten moito que ver a actitude dos gobernantes, que practican políticas desesperanzadas e deesesperanzadoras insistindo non en cambiar de modelo (cousa que farían se tivesen esperanza) senón en adaptarse a este facendo incluso sacrificio de seres humanos. Porque Isto É O Que Hai, ou sexa, Os Mercados Todopoderosos. E os mercados non teñen amaño e, mentres agonizan, vannos matando ao resto, zugando coma samesugas o noso sangue e a nosa vida.
Así que cómpre recuperar a esperanza, quero dicir, a Esperanza. E non pretendo, dende logo que non, facer unha chiscadela nin un divertido xogo de palabras. Cómpre ilusionarnos, en primeiro lugar, coa política, no seu significado máis directo que, tėmome, nada ten que ve cos actuais partidos políticos (e ben que me doe esribir isto). Cómpre entender que hai un futuro, que é posible mudar o presente, que o actual estado das cousas non é un mal menor e que a cristiá resignación non é a única posibilidade.
Para liderar ese proceso sóbranme máis da metade dos que se dedican agora á política, duns partidos e doutros, tamén do nacionalismo galego, onde eu estou e onde está o meu compromiso vital
E como se fai iso eu non lles sei. Probablemente, para liderar ese proceso sóbranme máis da metade dos que se dedican agora á política, duns partidos e doutros, tamén do nacionalismo galego, onde eu estou e onde está o meu compromiso vital. Precisamos, non digo que non se poda facer dende o interior dos partidos, forzas fortes cheas de fortaleza que nos centrifuguen o corazón e nos fagan namorar dunha idea de gloria feliz, integradora, que nos deixe soñar un mundo mellor.
Iso, ou seguirmos igual, escoitando as memas parvadas unha e outra vez en cada nova campaña electoral, en cada novo amago de debate parlamentar, tan básicos e pouco suxestivos, en cada comparecencia preñada de demagoxia.
Roubáronnos a esperanza porque nos deixamos ir.
E eu xa lles teño unha idade e necesito esperanza, quero dicir, Esperanza.