Non é un chiste

Sr.Feijoo, non é un chiste:

A morriña franquista do alcalde de Beade, que afirma orgulloso ser admirador do Generalísimo, que impregna esta localidade de homenaxes á dictadura en forma de nomes de rúas, escudos e bandeiras preconstitucionais.

Ter un alcalde en Baralla que xustifique miles de asasinatos copiando a frase estrela dos maltratadores de “algo farían”, para días despois pedir disculpas por decir en voz alta o que realmente pensa.

A velenosa aportación á historia do deputado Rafael Hernando, que culpa sen ruborizarse á República de máis dun millón de mortos.

Que algúns moz@s do Partido Popular se fotografíen orgullosos suxeitando cunha man a bandeira do aguilucho, e alzando a outra co brazo extendido.

Que o propio Goberno de Rajoy, premie cun ascenso a un militar antidemócrata que cuestiona a Constitución e xustifica a represión franquista.

Pero o que de verdade non é un chiste e que o Partido Popular lle reste importancia a estos feitos, que mire para outro lado evitando condealos de maneira contundente

Pero o que de verdade non é un chiste e que o Partido Popular lle reste importancia a estos feitos, que mire para outro lado evitando condealos de maneira contundente, e mesmo que sexa cómplice desta volta ao pasado recente máis gris e sangrento do noso país. É realmente preocupante a súa participación por omisión ou comisión na creación deste caldo de cultivo no que a manipulación dos acontecementos históricos, a grave crise económica e social, e a deslixitimación do sistema democrático, son xa ingredientes fundamentais para o rexurdimento da ultradereita no noso país.

Comecemos a falar sen medo de que non houbo dous bandos, houbo un levantamento militar que quebrantou a vontade democrática dunha cidadadanía que apostara naquelas eleccións do 1936 polo progreso e a defensa das liberdades

Basta xa de adulterar os feitos históricos dulcificándoos. Comecemos a falar sen medo de que non houbo dous bandos, houbo un levantamento militar que quebrantou a vontade democrática dunha cidadadanía que apostara naquelas eleccións do 1936 polo progreso e a defensa das liberdades. Recoñezamos que quen se  enorgullece de ser franquista, ou ampara este tipo de comportamentos, apoia e xustifica un réxime que perseguiu, torturou e asasinou a miles de persoas con total impunidade durante máis de 40 anos. Esixamos que se contemple a apoloxía do franquismo no Código Penal, e que se cumpra a Lei da Memoria Histórica. Busquemos os desaparecidos. Dignifiquemos a loita de miles de homes e mulleres pola democracia, polos dereitos e liberdades dos que hoxe gozamos. Corremos un grave risco se non actuamos axiña, porque como ben dicía Saramago,“se non recuperamos a Memoria Histórica, comezará o olvido, e chegará a indiferencia”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.